Mércores. 16.10.2024
El tiempo

As tripulacións que salvaron os barcos de Malpica e San Lorenzo

As tripulacións que salvaron os barcos de Malpica e San Lorenzo

Fixeron falta varias chamadas de aviso de afundimento para que aparecera relevo. A SCD Malpica e a SD San Lorenzo conseguiron salvar o barco, gracias a novas directivas que asumen o mando.

SD San Lorenzo

Imaxe da Asemblea do SD San Lorenzo Imaxe da Asemblea do SD San Lorenzo

Por Verdillo, xa foi a última fin de semana xuño cando Dolores Viña, antiga tesoureira do club durante 6 anos, presentou a unica candidatura. Ao seu lado estará, como vicepresidente, Jaime Cotelo, que xa formou parte en anteriores xuntas directivas do equipo. Como tesoureira será Noelia Reyes e como secretario actuará Sergio Gómez. Ademais Marta García, Álex Puñal e Francisco Rey tamén forma parte desa nova tripulación ao mando do barco carballés.

En principio, continuará Pablo Mallón á fronte do equipo nesta volta á 2ª Galicia.

SCD Malpica

Manuel Suarez Cotelo e Alfredo Canizo na directiva da SCD Malpica Manuel Suarez Cotelo e Alfredo Cañizo forman na directiva da SCD Malpica

Finalmente o SCD Malpica non desaparecerá este 2018. Ao terceiro aviso, apareceu a tripulación que vai comandar o barco malpicán durante a tempada 18/19. Parte desa tripulación xa formaba parte da pasda directiva, como o presidente, Manuel Suárez Cotelo, que continuará á fronte do equipo e da dirección técnica.

A situación prevíase complicada a pasada semana, e a xunta xestora enviara un comunicado a todos os socios sinalando que se non había relevo na directiva daría de baixa federativa ao club.

Pero varios membros da xunta xestora e outras persoas cercanas ao club animaron ao presidente a continuar. Así, súmase ao proxecto Jesús Vila Varela, que xa estivo en varias directivas, que fará de presidente, con Manuel Fernando Varela Velo como Tesoureiro.

Na lista de vogais súmase un nome coñecido da vila, o concelleiro independiente (AIM) Alfredo Cañizo, que estará xunto con Ramón Gundín, Manuel Vilas Varela, Manuel Verdes e Federico Blanco.

O que deixa a entidade, despois de moitos anos, é Fernando Couto, que seguirá colaborando economicamente, pero que necesita descansar.

O presidente está esperando a resposta de Repi para continuar como adestrador.

Comentarios