Axenda deportiva da fin de semana tralo parón de Semana Santa

Nova fin de semana chea de deporte na Costa da Morte. pero que ten ademais unha cita senlleira. O equipo do programa Tourilandia xogará este sábado na Pedra de Ouro do Pino do Val ante o Mazaricos. O que comezaba cunha broma nun dos programas da TVG, cunha camisola do clube amarelo en antena, continúa, que non remata, cun partidazo.

E a piques de rematar está a Liga de Fútbol Sala de Cee, que estes días vivía a suposta última semana de competición con xa todo decidido. Pero a xornada do luns foi suspendida porque houbo que limpar o pavillón polo torneo 3x3 e o luns 16 de abril disputaranse os 3 últimos encontros da competición nesta tempada.

E imos xa ca previa futboleira, tras ollar o completo parte de sancións con novidades na Copa. E comezando pola Preferente, Xallas, Santa Comba e un Dumbría que tampouco se pode despstar poderán facerlle un favor ao Soneira, se vencen aos equipos da Mariña Lucense, todos na zona baixa. Pola súa parte o Soneira terá un complicado choque ante o Dubra.

Se na Preferente aínda quedan 7 xornadas para o final, na quedan tan só 5. Co Cee descendido, o Ponteceso aínda ten que asegurar a permanencia e recibe o sábado a un Carral 4º.

A xornada da Liga da Costa terá encontros entre equipos de arriba cos de abaixo, como o Zas-Club do Mar ou o Mazaricos-Camariñas. Ademais hai un interesante Buño-Corcubión destacando na xornada do domingo un vistoso Muros-Corme na loita pola 3ª e 4ª praza.

Na haberá dous partidazos entre os 6 primeiros: o Cerqueda-Cabana e o Outes-Coristanco.

En xuvenís continúa moi igualada a Liguilla Previa de Ascenso á Liga Galega, O Baio terá que superar ao Dumbría B se quere volverse meter na loita polas 2 prazas, o Malpica terá que visitar a un baixo Camariñas e o Cee sufrirá, de seguro, para superar a un Corcubión, que con motivación o pon todo, e contra os veciños ceenses, darán o máximo para ademais, meterse na loita a falta de 4 xornadas.
Remata ademais a Fase da Copa da Costa de xuvenís, e só queda decidir a orde dos postos para os cruces de cuartos.

Ten tamén a xornada o ollo posto na 2ª Infantil cunha finalísima entre Dumbría e Cabana para o sábado ás 11:00no Conco, cos dous equipos destacados e igualados con 72 puntos no alto da táboa.

E ollo tamén aos Veteranos, onde o líder da 1ª, o Castriz terá que visitar o Novo Cubaleiro para enfrontarse ao Corcubión, que a falta de 3 xornadas está a tan só 5 puntos. O San Román, 2º a 2 do líder, recibe ao pechacancelas xa descendido, polo que un tropezo do Castriz porá probablemente ao San Román no liderato.
Na 2ª, o Coristanco poderá asegurar o ascenso, xunto ao xa campión Soneira, se vence ao Dep. Carballo.

Preferente, xornada 32

Dumbría 14/04 - 18:00Ribadeo
Foz 15/04 - 17:30Santa Comba
Xallas 15/04 - 18:00Xove Lago
Dubra 15/04 - 18:30Soneira

1ª Autonómica, xornada 30

Ponteceso 14/04 - 18:00Carral
Olímpico 15/04 - 17:00Cee

2ª Autonómica, xornada 30

Corcubión 15/04 - 17:00Buño
Esteirana 15/04 - 17:00Fisterra
Dumbría B 15/04 - 17:00Malpica
Zas 15/04 - 17:00Club do Mar
Muros 15/04 - 17:00Corme
San Lorenzo 15/04 - 17:00Sofán
Mazaricos 15/04 - 17:00Camariñas
Nantón 15/04 - 17:00Baio
Castriz 15/04 - 17:30O Pindo

3ª Autonómica, xornada 34

Indep. Carballo 14/04 - 17:00Xaviña
Cerqueda 14/04 - 17:30Cabana
Camelle 15/04 - 16:30Carnota
Fisterra B 15/04 - 17:00Lira
Soneira B 15/04 - 17:00Laxe
Alcaián 15/04 - 17:00Muxía
Porteño 15/04 - 17:00Atl. Pereiriña
Outes 15/04 - 17:00Coristanco
Corcoesto 15/04 - 17:00Volantes

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10

Soneira 14/04 - 17:00Santa Comba
Baio 14/04 - 17:00Dumbría B
Cee 14/04 - 17:00Corcubión
Camariñas 14/04 - 17:00Malpica

Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 10

Esteirana 14/04 - 11:00Zas
Fisterra 14/04 - 17:00Coristanco
Outes 14/04 - 17:00Dumbría

Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 10

Cabana 14/04 - 17:00Corme
Muros 14/04 - 17:00Ponteceso
Descansa Mazaricos

2ª Cadete, xornada 30

Cabana 13/04 - 19:00Santa Comba
Muxía 14/04 - 10:30Ponteceso
Zas 14/04 - 10:30Esteirana
Camariñas 14/04 - 10:30Coristanco
Muros 14/04 - 10:30Baio
Malpica 14/04 - 16:00Fisterra
Cee 14/04 - 19:00Porteño
Outes 15/04 - 19:00Dumbría

2ª Infantil, xornada 30

Dumbría 14/04 - 11:00Cabana
Con. de Carnota 15/04 - 10:30Esteirana
Corme 15/04 - 10:30Fisterra
Baio 15/04 - 10:30Outes
E.D. Os Miudos 15/04 - 10:30Santa Comba
Cee 15/04 - 17:00Ponteceso
As Baleas 15/04 - 20:30E.M.F. Vimianzo

Ligas de Veteranos, xornada 28

1ª División

Bergantiños 15/04 - 09:30Camariñas
Zas 15/04 - 10:00Cabana
Bértoa 15/04 - 10:30Nantón
San Román 15/04 - 11:00Buño
Ponteceso 15/04 - 11:00Xv. Bergantiños
San Lorenzo 15/04 - 11:00Vimianzo
Corcubión 15/04 - 11:00Castriz

2ª División

Porteño 15/04 - 10:00Club do Mar
Sofán 15/04 - 11:00Muros
Soneira 15/04 - 11:00Leiloio
Cerqueda 15/04 - 11:00Malpica
Camelle 15/04 - 12:00Agualada
Corme 15/04 - 17:00At. Milagrosa
Coristanco 15/04 - 19:00Dep. Carballo

Fútbol Sala

O Fisober Concello de Vimianzo, xa histórico campión da Liga Autonómica celebrará o título na casa. Ademais remata a Liga Provincial para os 3 equipos costeiros:

  • Liga Autonómica:
    - Riazor - Fisober: venres 13/04/12 ás 19:00h no Pavillón do Novo Mesoiro da Coruña.
    - Fisober F.S.F. - Cidade de As Burgas F.S.: sábado 14/04/2012 ás 18:00h no Municipal de Vimianzo.
  • Liga Provincial:
    - A Fervenza - Fisober B: domingo 15/04/12 ás 12:30 en Narón<./li>

Balonmán

Tralo éxito do Ifecgas Pereira, a temporada da 1ª Estatal remata cun derbi que non se repetirá a vindeira tempada tralo descenso dos camariñáns.

  • BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA - CALVO XIRIA: sábado14/04/2012 ás 19:00no P. MPAL. "O AREAL" (CAMARIÑAS).

Tenis de mesa

Importantes encontros para esta fin de semana para os equipos costeiros do Anorthosis. Os dous equipos deben gañar e así non ter problemas de cara o descenso do Concello de Zas Angepon. A SD Hípica é un dos equipos implicados no descenso e unha victoria do Anorthosis axudarialles moito aos seus compañeiros de clube, o Concello de Zas Angepon.

2ª Division Galega, grupo centro. Sábado 14 de abril as 17'00 h. En Coruña, nos locais da Hípica: S.D. Hípica - Anorthosis Vimianzo.

  • En Canide, Oleiros: Breogán Oleiros "D" - Concello de Zas Angepon.

En 3ª galega xa se xogaron por adiantado os encontros correspondentes a esta xornada.

  • Panadería Sigüeiro - Concello de Zas P Tívoli (5-2)
  • IES Virxe do Mar "B" - Concello de Zas O Pinar (5-2).

Ademais, na 2ª división nacional femenina, o sábado 14 de abril dende as 10:00h da maña terá lugar a última concentración que se celebra en Sigüeiro, Oroso, e a ela acudirán Lorena, Laura e Anxela.
E no Campionato Galego Benxamín, Lorena Castro acadou o 9º posto xeral (masculino e feminino), sendo 4ª da categoría feminina.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).