Axenda deportiva da fin de semana tralo parón de Semana Santa
Nova fin de semana chea de deporte na Costa da Morte. pero que ten ademais unha cita senlleira. O equipo do programa Tourilandia xogará este sábado na Pedra de Ouro do Pino do Val ante o Mazaricos. O que comezaba cunha broma nun dos programas da TVG, cunha camisola do clube amarelo en antena, continúa, que non remata, cun partidazo.
E a piques de rematar está a Liga de Fútbol Sala de Cee, que estes días vivía a suposta última semana de competición con xa todo decidido. Pero a xornada do luns foi suspendida porque houbo que limpar o pavillón polo torneo 3x3 e o luns 16 de abril disputaranse os 3 últimos encontros da competición nesta tempada.
E imos xa ca previa futboleira, tras ollar o completo parte de sancións con novidades na Copa. E comezando pola Preferente, Xallas, Santa Comba e un Dumbría que tampouco se pode despstar poderán facerlle un favor ao Soneira, se vencen aos equipos da Mariña Lucense, todos na zona baixa. Pola súa parte o Soneira terá un complicado choque ante o Dubra.
Se na Preferente aínda quedan 7 xornadas para o final, na 1ª quedan tan só 5. Co Cee descendido, o Ponteceso aínda ten que asegurar a permanencia e recibe o sábado a un Carral 4º.
A xornada da Liga da Costa terá encontros entre equipos de arriba cos de abaixo, como o Zas-Club do Mar ou o Mazaricos-Camariñas. Ademais hai un interesante Buño-Corcubión destacando na xornada do domingo un vistoso Muros-Corme na loita pola 3ª e 4ª praza.
Na 3ª haberá dous partidazos entre os 6 primeiros: o Cerqueda-Cabana e o Outes-Coristanco.
En xuvenís continúa moi igualada a Liguilla Previa de Ascenso á Liga Galega, O Baio terá que superar ao Dumbría B se quere volverse meter na loita polas 2 prazas, o Malpica terá que visitar a un baixo Camariñas e o Cee sufrirá, de seguro, para superar a un Corcubión, que con motivación o pon todo, e contra os veciños ceenses, darán o máximo para ademais, meterse na loita a falta de 4 xornadas.
Remata ademais a Fase da Copa da Costa de xuvenís, e só queda decidir a orde dos postos para os cruces de cuartos.
Ten tamén a xornada o ollo posto na 2ª Infantil cunha finalísima entre Dumbría e Cabana para o sábado ás 11:00
E ollo tamén aos Veteranos, onde o líder da 1ª, o Castriz terá que visitar o Novo Cubaleiro para enfrontarse ao Corcubión, que a falta de 3 xornadas está a tan só 5 puntos. O San Román, 2º a 2 do líder, recibe ao pechacancelas xa descendido, polo que un tropezo do Castriz porá probablemente ao San Román no liderato.
Na 2ª, o Coristanco poderá asegurar o ascenso, xunto ao xa campión Soneira, se vence ao Dep. Carballo.
Preferente, xornada 32
| Dumbría | 14/04 - 18:00 | Ribadeo |
| Foz | 15/04 - 17:30 | Santa Comba |
| Xallas | 15/04 - 18:00 | Xove Lago |
| Dubra | 15/04 - 18:30 | Soneira |
1ª Autonómica, xornada 30
| Ponteceso | 14/04 - 18:00 | Carral |
| Olímpico | 15/04 - 17:00 | Cee |
2ª Autonómica, xornada 30
| Corcubión | 15/04 - 17:00 | Buño |
| Esteirana | 15/04 - 17:00 | Fisterra |
| Dumbría B | 15/04 - 17:00 | Malpica |
| Zas | 15/04 - 17:00 | Club do Mar |
| Muros | 15/04 - 17:00 | Corme |
| San Lorenzo | 15/04 - 17:00 | Sofán |
| Mazaricos | 15/04 - 17:00 | Camariñas |
| Nantón | 15/04 - 17:00 | Baio |
| Castriz | 15/04 - 17:30 | O Pindo |
3ª Autonómica, xornada 34
| Indep. Carballo | 14/04 - 17:00 | Xaviña |
| Cerqueda | 14/04 - 17:30 | Cabana |
| Camelle | 15/04 - 16:30 | Carnota |
| Fisterra B | 15/04 - 17:00 | Lira |
| Soneira B | 15/04 - 17:00 | Laxe |
| Alcaián | 15/04 - 17:00 | Muxía |
| Porteño | 15/04 - 17:00 | Atl. Pereiriña |
| Outes | 15/04 - 17:00 | Coristanco |
| Corcoesto | 15/04 - 17:00 | Volantes |
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10
| Soneira | 14/04 - 17:00 | Santa Comba |
| Baio | 14/04 - 17:00 | Dumbría B |
| Cee | 14/04 - 17:00 | Corcubión |
| Camariñas | 14/04 - 17:00 | Malpica |
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 10
| Esteirana | 14/04 - 11:00 | Zas |
| Fisterra | 14/04 - 17:00 | Coristanco |
| Outes | 14/04 - 17:00 | Dumbría |
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 10
| Cabana | 14/04 - 17:00 | Corme |
| Muros | 14/04 - 17:00 | Ponteceso |
| Descansa Mazaricos |
2ª Cadete, xornada 30
| Cabana | 13/04 - 19:00 | Santa Comba |
| Muxía | 14/04 - 10:30 | Ponteceso |
| Zas | 14/04 - 10:30 | Esteirana |
| Camariñas | 14/04 - 10:30 | Coristanco |
| Muros | 14/04 - 10:30 | Baio |
| Malpica | 14/04 - 16:00 | Fisterra |
| Cee | 14/04 - 19:00 | Porteño |
| Outes | 15/04 - 19:00 | Dumbría |
2ª Infantil, xornada 30
| Dumbría | 14/04 - 11:00 | Cabana |
| Con. de Carnota | 15/04 - 10:30 | Esteirana |
| Corme | 15/04 - 10:30 | Fisterra |
| Baio | 15/04 - 10:30 | Outes |
| E.D. Os Miudos | 15/04 - 10:30 | Santa Comba |
| Cee | 15/04 - 17:00 | Ponteceso |
| As Baleas | 15/04 - 20:30 | E.M.F. Vimianzo |
Ligas de Veteranos, xornada 28
1ª División
| Bergantiños | 15/04 - 09:30 | Camariñas |
| Zas | 15/04 - 10:00 | Cabana |
| Bértoa | 15/04 - 10:30 | Nantón |
| San Román | 15/04 - 11:00 | Buño |
| Ponteceso | 15/04 - 11:00 | Xv. Bergantiños |
| San Lorenzo | 15/04 - 11:00 | Vimianzo |
| Corcubión | 15/04 - 11:00 | Castriz |
2ª División
| Porteño | 15/04 - 10:00 | Club do Mar |
| Sofán | 15/04 - 11:00 | Muros |
| Soneira | 15/04 - 11:00 | Leiloio |
| Cerqueda | 15/04 - 11:00 | Malpica |
| Camelle | 15/04 - 12:00 | Agualada |
| Corme | 15/04 - 17:00 | At. Milagrosa |
| Coristanco | 15/04 - 19:00 | Dep. Carballo |
Fútbol Sala
O Fisober Concello de Vimianzo, xa histórico campión da Liga Autonómica celebrará o título na casa. Ademais remata a Liga Provincial para os 3 equipos costeiros:
- Liga Autonómica:
- Riazor - Fisober: venres 13/04/12 ás 19:00h no Pavillón do Novo Mesoiro da Coruña.
- Fisober F.S.F. - Cidade de As Burgas F.S.: sábado 14/04/2012 ás 18:00h no Municipal de Vimianzo. - Liga Provincial:
- A Fervenza - Fisober B: domingo 15/04/12 ás 12:30 en Narón<./li>
Balonmán
Tralo éxito do Ifecgas Pereira, a temporada da 1ª Estatal remata cun derbi que non se repetirá a vindeira tempada tralo descenso dos camariñáns.
- BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA - CALVO XIRIA: sábado14/04/2012 ás 19:00
Tenis de mesa
Importantes encontros para esta fin de semana para os equipos costeiros do Anorthosis. Os dous equipos deben gañar e así non ter problemas de cara o descenso do Concello de Zas Angepon. A SD Hípica é un dos equipos implicados no descenso e unha victoria do Anorthosis axudarialles moito aos seus compañeiros de clube, o Concello de Zas Angepon.
2ª Division Galega, grupo centro. Sábado 14 de abril as 17'00 h. En Coruña, nos locais da Hípica: S.D. Hípica - Anorthosis Vimianzo.
- En Canide, Oleiros: Breogán Oleiros "D" - Concello de Zas Angepon.
En 3ª galega xa se xogaron por adiantado os encontros correspondentes a esta xornada.
- Panadería Sigüeiro - Concello de Zas P Tívoli (5-2) IES Virxe do Mar "B" - Concello de Zas O Pinar (5-2).
Ademais, na 2ª división nacional femenina, o sábado 14 de abril dende as 10:00h da maña terá lugar a última concentración que se celebra en Sigüeiro, Oroso, e a ela acudirán Lorena, Laura e Anxela.
E no Campionato Galego Benxamín, Lorena Castro acadou o 9º posto xeral (masculino e feminino), sendo 4ª da categoría feminina.
Máis información
Crónicas da semana
- O Corcubión pasa na Copa tralo parte de sancións.
- Repaso da Semana Santa futboleira.
- Unha Semana Santa de Torneos.
Máis novas
- Alberto Pose: Unha por toda a familia futboleira da Serra de Outes.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón.
- QPC MOTOR: Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- A Esteirana Cadete abre o camiño para conquistar o título provincial de FS.
- O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Entrevista de David Castro co internacional Santi Canedo.
- Xa temos cadro da Copa da Costa 2012.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
- Entrevista de David Castro con Toni, un muradán en Dumbría.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).