Axenda Deportiva da primeira fin de semana de xuño
Primeira fin de semana de xuño e continúa baixando o ritmo de competición, que non a tensión. I é que a medida que nos achegamos ao final de tempada, a emoción aumenta. A semana estivo marcada polo asunto entre o Cerqueda e o Malpica que afortunadamente remataba nun acordo positivo para o futboldacosta. E despois de ver o parte de sancións, onde tamén repasamos tamén varios movementos nos equipos da zona, imos ca fin de semana.
Hoxe repasamos a Axenda deportiva da fin de semana, cunha Copa algo coxa e todas as Fases de Ascenso xa en xogo. Sabedes que tendes todos os cadros actualizados ao instante tanto da Copa coma das Fases en www.copadacosta.com
Na Copa da Costa quedamos uns Cuartos intensos. Finalmente pois si teremos derbi malpicán, coa ida en Xaviña de Buño, entre un Cerqueda que así e todo terá que gardar esforzos para o choque do domingo da Fase. O que gañe espera rival da espectacular eliminatoria entre Camariñas e Soneira. Polo outro lado do cadro, dous choques importantes: o Sofán non llo porá fácil ao Dumbría, nin o Baio ao Xallas de Santa Comba, malia que a atención do cadro baiés está máis centrada na Fase de Ascenso.
De feito, o Baio non pode fallar o domingo no Platas Reinoso ante o Sálvora, se non quere ver como se alonxan as posibilidades de ascenso á 1ª.
Ademais, na Fase de Ascenso a 2ª, Cerqueda e Camelle chegan con todo, afrontando esta eliminatoria como a auténtica final que é.
Teremos tamén o comezo das Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil. En Xuvenís, XSC e Cabana terán que superar a primeira eliminatoria a Oros e Estrada para xogarse o ascenso entre ambos. En cadetes, Esteirana e Cee apuran sus opcións, mentres que en infantís, os xalleiros visitan o campo do Villestro.
O domingo coñeceremos aos finalistas da Copa de Veteranos, coas 4 eliminatorias totalmente abertas. Apenas o Muros e o Zas, que vencían pola mínima pero fóra de casa a Agualada e Baio, teñen unha lixeira vantaxe, pero O Nantón e o Cabana, que superaban en casa por 1-0 a Coristanco e San Lorenzo, terán que roelo moito en casa dos verdes e rojillos.
Copa da Costa, ida dos Cuartos
Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 3
Baio | 02/06 - 18:00 | Sávora |
Fase de Ascenso á 2ª Autonómica
02/06 - 18:00 | Cerqueda - Camelle | Volta |
Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil, Ida das semifinais
Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Cuartos
Ciclismo
Seguindo coa programacion deportiva do verán, o Concello de Dumbría xunto co club ciclismo Dumbría, organizan para este sábado 1 de xuño, o 1º trofeo Concello de Dumbría de escolas e cadetes, unha competición para categorias de base na disciplina de ciclismo en carretera. Dita proba esta dentro do calendario anual da Federación Galega no tocante á ciclismo en carretera.
Piragüismo
O rápido de "O Cordeiro", en Salvaterra de Miño volve a acoller anos máis tarde unha competición da Copa Galega de Slalom de Augas Bravas, esta vez nas categorías máis pequenas. O CDM Piragüismo Dumbría acude coa intención de subirse ó podium por clubes, e de lográr o máximo número de medallas a nivel individual, para tratar de mellorar os seus resultados nas competicións anteriores.
A cita é este domingo as 12:30 en Salvaterra de Miño.
Exhibición de Patinaxe
O venres 31 de maio de 2013, terá lugar en Muxía a 2ª Exhibición de Patinaxe en Idade Escolar Costa da Morte. No evento, organizado polo Concello de Muxía e o Club Deportivo Costa da Morte, participarán máis de 200 patinadores procedentes das escolas deportiva municipais dos concellos de Carnota, Camariñas, Fisterra, Vimianzo e Muxía. A festa deportiva dará comezo as 18:00 h e rematará coa exhibición da patinadora artística, natural de Ponteceso, Amado Vázquez.Máis información
Novas relacionadas
- A UD Cerqueda explica a súa decisión de retirarse da Copa.
- A Asociación de Clubes abre o prazo para solicitar a organización da II Gala do fútbol costeiro.
- Os xuvenís do XSC e Cabana loitarán por un posto na Liga Galega se pasan a primeira rolda.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Crónicas da semana
- Novidades, movementos, torneos, sancións… repaso do #futboldacosta.
- Final Xuvenil: O Outes tuteou a un Dumbría campión.
- Fases de Ascenso: Camelle e Cerqueda loitarán por unha praza na Liga da Costa.
- Copa da Costa: O Cerqueda protagoniza a sorpresa dos Oitavos.
- Resultados da última fin de semana de maio das Copas e da Fase de Ascenso á Liga da Costa.
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).