Novidades, movementos, torneos, sancións… repaso do #futboldacosta


O Comité de competición xa anuncia a retirada da UD Cerqueda da Copa, á que ademais sanciona coa imposibilidade de participar na vindeira edición da competición, ademais de sancionalo con 150€. E mentres esperamos polos posibles candidatos a organizar a Gala do fútbol costeiro, analizamos un pouco a situación de varios equipos tras recibir varios rumores.
Moitos xa non son nin mencionables, pero algúns si que traen algo por detrás, así que ademais de recoller o parte de sancións, repasamos varios apuntes de directivas, campionatos…
Por Verdillo
Gueli vén de confirmarnos que acaba de renovar co San Lorenzo polo que xa está planificando a tempada que 2013/2014.
En Carnota

Por Carnota, este ábado 8 de xuño ás 20:00h no salón de actos do concello terá lugar a Asamblea General no que se tratara como temas fundamentais a a dimisión da actual directiva e a presentación de novas candidaturas.
E mentres, xa se preparan para o III Campionato de F7 de Carnota, que se celebrará os vindeiros os 29 e 30 de xuño en Lombáns. Xa poden contactar cos organizadores da ACDR O Patín en acdropatin@gmail.com ou no 692 387 100.
En Nantón
E falsa alarma por Nantón. Corrían os rumores dunha posible retirada da competición para o ano que vén por problemas de efectivos, pero veñen de confirmarnos que o equipo segue igual de comprometido.
Iso si, son varios os directivos que deixan o clube, polo que este sábado terán unha xuntanza para conformar a nova directiva.
En Zas
Mario, actual entrenador do Zas, non continúa para o ano que vén a pesar da súa gran temporada dentro do campo e no banco, mentres o equipo está pendente da directiva, que polo de pronto non vai poder contar con Miguel, o presidente, que presentou a súa dimisión.
En Corcubión
Mentres en Corcubión as cousas seguen pendentes dun fío. O presidente Casimiro presentará as contas a mediados de mes e anda a buscar novos membros para formar a directiva, pero todo pode pasar e veremos que acontece de aquí a finais de mes de xullo, porque aínda pode presentar a dimisión e que haia unha nova asemblea xeral.
Por Esteiro
Xa preparan en Esteiro o Memorial Pedro Caamaño, presidente fundador da Esteirana. A cita será o domingo 4 de agosto ás 19:00h no Xosé Luís Vara Olveira, e xogarán o equipo cadete da Esteirana co Deportivo de Divisón de Honra.
En Carballo
Mañá ás 21:00h, o Concello de Carballo recibe ao Independiente de Carballo, que recibirá o seu trofeo de Campión da 3ª Autonómica.
Parte de sancións
- JOSE M ALVITE NOVIO (CARNOTA).
- JOSE MANUEL FERREIRO ALVITE (CARNOTA).
- JUAN JESUS MARTINEZ CALO (Entrenad. S.D. FISTERRA).
- MANUEL COUTO GARCIA (Delegado XALLAS SANTA COMBA).
- JESUS GONZALEZ PIÑEIRO (LIRA - 5 partidos).
- MIGUEL A FORMOSO BLANCO (LIRA - 2 partidos).
- JOSE ANDRADE SOUTO (C.F. PORTEÑO).
- ROBERTO LOZANO REY (Entrenad. U.D. CERQUEDA).
Máis información
Novas relacionadas
- A UD Cerqueda explica a súa decisión de retirarse da Copa.
- A Asociación de Clubes abre o prazo para solicitar a organización da II Gala do fútbol costeiro.
- Os xuvenís do XSC e Cabana loitarán por un posto na Liga Galega se pasan a primeira rolda.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Crónicas da semana
- Final Xuvenil: O Outes tuteou a un Dumbría campión.
- Fases de Ascenso: Camelle e Cerqueda loitarán por unha praza na Liga da Costa.
- Copa da Costa: O Cerqueda protagoniza a sorpresa dos Oitavos.
- Resultados da última fin de semana de maio das Copas e da Fase de Ascenso á Liga da Costa.
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).