Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Asociación de Clubes abre o prazo para solicitar a organización da II Gala do fútbol costeiro

A Asociación de Clubes abre o prazo para solicitar a organización da II Gala do fútbol costeiro
Logo da Asociación de Clubes da Liga da Costa

Xa coñecemos aos Nominados para os Premios do Fútbol da Costa. Agora só cómpre saber onde se vai celebrar a II Gala do Fútbol costeiro. Unha cita que probablemente se dispute o vindeiro 7 de xullo, unha semana despois da final de Copa, na que ademais da entrega dos premios terá lugar un partido entre as seleccións da Costa Norte e a da Costa sur.

O lugar aínda non está decidido e a Asociación de Clubes invitou aos equipos a propoñer un lugar onde celebralo. Teñen os clubes ata o 7 de xuño para enviar propostas.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios