Martes. 07.05.2024
El tiempo

Final Xuvenil: O Outes tuteou a un Dumbría campión

Final Xuvenil: O Outes tuteou a un Dumbría campión
Dumbría, campión da Copa da Costa Xuvenil 2013-Foto-Jorge Parri

Vaia final nos depararon o sábado Dumbría e Outes nun ateigado Lombáns, para que logo digan que o fútbol xuvenil non ten interese. Unha que disfrutamos coas verbas de David Castro e as imaxes de Jorge Parri, como mellor, e coma sempre, en QPC!

Pero sen tempo para descansar, apuntamos que semana que vén comeza a Fase de Ascenso á Liga Galega, con XSC e Cabana que competirán por pasar a primeira eliminatoria para enfrontarse nunha hipotética segunda.

Dumbría - Outes (3-2)

O Dumbría na final da Copa da Costa Xuvenil 2013-Foto-Jorge Parri-
  • DUMBRÍA: David, Fabián (Dito, min.83), Samuel, Cabana, Jose, Adrián Alcaina, Álex Siaba (Marcote, min.74), Israel (Lucas, min.66), Javi (Kevin, min.69), Miki, Martín (Maikel, min.83).
Copa da Costa Xuvenil 2013-Foto-Jorge Parri
  • OUTES: Mosto (Aitor, min.90) Rafa, Nieto, Maduro, Jura (Brión, min.91), Chía, Babu, Samuel, Ibra (Zeta, min.59), Edu (Xurxo, min.76), Paulo (Rubio, min.83).
  • Goles: 1-0, min.7: Miki, cun lanzamento de falta espectacular, quítalle as teas de araña a escadra da portería de Mosto. 1-1, min.20: Babu, transforma un penalti cometido por mans de Cabana. 2-1, min.37: Álex Siaba, que fai un gran control a un pase longo e realiza unha mellor definición, cunha gran vaselina ao porteiro outiense. 3-1, min.70: Álex Siaba cabecea un córner botado por Martín. 3-2, min.93: Babu, de novo de penalti, esta vez cometido por mans de Maikel.
  • Campo: Municipal de Lombáns (Carnota). Gran ambiente o que se viviu o sábado cuns 600 afeccionados.
Lombáns ateigado para a final da Copa da Costa Xuvenil 2013-Foto-Jorge Parri Gran ambiente en Lombans-Foto-Isa Lema Encontro moi pouco vistoso para o público na final da VIII Copa da Costa xuvenil, disputada o sábado a partido único no Municipal de Lombáns (Carnota). Ambos equipos querían dominar o xogo pero ningún dos dous era quen de facelo, aínda que era o Dumbría o que máis o intentaba, co cabanés Miki como director de orquestra, mentras o Outes estaba moi seguro en defensa. Aos tres minutos, os dumbrieses xa contarían coa primeira ocasión nos pés de Miki pero o seu lanzamento vaise desviado. Pronto respondería o Outes por medio de Edu, pero Cabana sería quen de desviar o tiro do xogador outiense a córner. No minuto 7, Miki lanza unha falta ao borde da área e coloca o esférico na mesmísima escadra da portería de Mosto para facer o primeiro gol da tarde, un auténtico golazo. O xogo continuaría sen dominio de ningún dos equipos. No minuto 20, chegaría a única xogada polémica do encontro, centro a área do Dumbría é o colexiado Pablo Rama asubía penalti por mans de Cabana. Babu sería o encargado de transformalo para facer o empate a 1. Este gol activaría de novo aos dumbrieses, que intentarían dominar o encontro pero non serían capaces de impoñer o seu xogo, pero si contarían con varias ocasións de gol ata o descanso. Imaxe do Outes-Dumbría na final da Copa da Costa Xuvenil 2013-Foto-Jorge Parri A primeira chegaría tras unha falta colgada á área por Martín que controla Siaba, pero o lanzamento deste é despexado por un defensa do Outes na mesma línea de gol. Na seguinte o muradán non perdonaría, balón en largo para Siaba que fai un gran control e define por riba de Mosto cunha gran vaselina. Antes do descanso, os dumbrieses terían a ocasión de facer o 3 a 1, tras unha gran xogada colectiva que termina nos pés de Miki pero o tiro, do rapaz de Cabana de Bergantiños, vaise alto. Chegaríamos ao descanso co 2 a 1 no marcador, sin ver un gran partido e co Dumbría dominando en canto a ocasións se refire. O Dumbría celebra un dos tantos na final da Copa da Costa Xuvenil 2013-Foto-Jorge Parri- A segunda metade comezaría co Outes apretando con dúas ocasións case consecutivas. No minuto 51, balón en largo para Samuel pero o seu lanzamento vaise por riba da portería de David. Nove minutos máis tarde, de novo, Samuel inténtao cun tiro lonxano que se vai fóra. Logo responderían os dumbrieses. Recuperación do Dumbría no borde da área outiense, Miki fai o pase ao hueco e Javi con todo ao seu favor lanza fóra. Finalmente, chegaría o 3 a 1, que practicamente sentenciaría o partido, tras un córner botado por Kevin, que se pasea por diante de toda a defensa do Outes e finalmente o goleador de Muros, Álex Siaba cabecea ao fondo da rede. A partir desto, o Dumbría sería que de durmir e dominar o encontro, ademáis de contar con algunha ocasión para ampliar a ventaxa no marcador: Un lanzamento de Kevin que desvía Mosto a córner con dificultades; unha gran xogada colectiva dos dumbrieses, que chega aos pés de Miki, este faille un sombreiro a un defensor outiense e logo o seu disparo vaise rozando o longueiro da portería de Mosto; de novo Miki cun lanzamento dende 35 metros que fai que Aitor se teña que empregar a fondo para desviar o balón a córner. Xa no tempo añadido, Babu faría o 3 a 2 definitivo ao transformar un penalti cometido por mans de Maikel, pero xa sería tarde. O Dumbría proclamouse campeón da oitava edición da Copa da Costa xuvenil, na súa primeira final. Os homes de Pablo Conde, firmaron unha gran temporada ao conseguir o doblete de liga e copa, mentras que os rapaces de Manu Roque demostraron indo de menos a máis que son un equipo que ten un gran futuro. Noraboa ao Dumbría polo doblete conseguido nesta tempada e ao Outes pola gran copa que realizaron. O míster dumbriés Pablo Conde manteado trala final da Copa da Costa Xuvenil 2013-Foto-Jorge Parri Outes recollendo o trofeo de subcampión da Copa da Costa Xuvenil 2013 da man de Manuel Caamaño, presidente da Asociación de Clubes-Foto-Jorge Parri O Outes levantando a Copa-Foto- Isa Lema O capi do Dumbría recollendo o título de campión da man de Liñares, presidente da Federación-Foto-Jorge Parri O Dumbria celebrando Copa da Costa Xuvenil 2013-Foto-Jorge Parri Copa da Costa Xuvenil 2013-Foto-Jorge Parri Copa da Costa Xuvenil 2013-Foto-Jorge Parri A familia do Dumbría tamén celebrou o título-Foto- Jorge Parri Parri e Naza Campelo, dous dinamizadores do fútbol da Costa, co trofeo da Copa da Costa xuvenil 2013

Máis información

Crónicas da Copa da Costa Xuvenil

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Comentarios