A UD Cerqueda explica a súa decisión de retirarse da Copa


Vén de decidir esta pasada noite a UD Cerqueda a súa retirada da Copa da Costa. Tiña uns fermosos cuartos de final co Malpica, pero a imposibilidade de atopar datas que permitan afrontar as dúas frontes, copa e fase de ascenso, con garantías, fai que a directiva tomase esta decisión, que aquí nos explica o presidente.
Comunicado da UD Cerqueda
A Union Deportiva Cerqueda decide retirarse da competición da Copa da Costa , debido á imposibilidade da S.C.D. Malpica , para cambiar o dìa do sábado 1 , por outras fechas que lle propuxo o Cerqueda como o xoves 30 , o venres 31 ou o luns 3.
Este Club vaise xogar o traballo de toda a tempada , na final polo ascenso a liga da costa . Cremos por esta razón que sería un risco moi elevado afrontar o partido decisivo despois do partido de copa , con unha plantilla en estos momentos que só dispón de 14 xogadores incluidos os 2 porteiros, despois de perder neste último fin de semana a Martinez e Moises por lesión.
Respetamos a decisión do Camelle de querer disputar o partido en dìa e horario oficial, e o seu dereito e eles xóganse o mesmo ca nós. Dende este Club desexamos que sexa unha final vivida con intensidade e pasión por ambas aficións e cando o àrbitro dé o pitido final, o gañador saiba disfrutar a vitoria e o perdedor saiba encaixar a derrota e fagamos desta final unha festa da 3ª da costa . Respetamos tamén a decisión do Malpica, é o seu dereito, e non teñen por que solucionarnos ningún problema. A min, como presidente, respétoa, pero deixame un aire de decepción, paréceme unha directiva xoven, dinámica, que traballan a destajo, a maiorìa son xogadores en activo e penso que lles faltou un pouco de sensibilidade neste asunto.
É unha decisión dura, unha mancha na nosa traxectoria e que quedará na historia do Club.
Economicamente de poder ingresar de 300 a 400 €, pasaremos probablemente a pagar unha forte multa, añadida á sanción deportiva.
No aspecto deportivo podìamos saír a xogar en plan entrenamento, pero eso non vai coa filosofía de este Club, queremos ser honestos co fútbol, coa afición que acude o campo, queremos ser honestos con nòs mesmos.
Agradecer o Soneira B e o Ponteceso que nos permitiron competir as eliminatorias anteriores, dándonos todas as facilidades en horarios e fechas.
Só dicirvos, ós que non compartides esta decisión, que nos entendades, máis duro foi para nós tomala e estes xogadores merécense un respeto, porque o ganaron no campo e dígovos que ninguén lles regalou nada.
Se credes nos xogadores, entrenador e directiva da U.D. Cerqueda esperámosvos o domingo ás 6 da tarde en Buño.
- Un saúdo do presidente da UD Cerqueda, Angel Santos.
Máis información
Novas relacionadas
- A Asociación de Clubes abre o prazo para solicitar a organización da II Gala do fútbol costeiro.
- Os xuvenís do XSC e Cabana loitarán por un posto na Liga Galega se pasan a primeira rolda.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
- Final Xuvenil: O Outes tuteou a un Dumbría campión.
- Fases de Ascenso: Camelle e Cerqueda loitarán por unha praza na Liga da Costa.
- Copa da Costa: O Cerqueda protagoniza a sorpresa dos Oitavos.
- Resultados da última fin de semana de maio das Copas e da Fase de Ascenso á Liga da Costa.
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
- Comunidado da UD Cerqueda.
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte