Nova fin de semana, esta última de xaneiro, con moito fútbol. Máis de 75 partidos en xogo e a APP “Fútbol da Costa”, a pleno rendemendo.
Sancionados
Os partidos do Baio e da Esteirana copan o parte de sancións e ademais de 60€ de sanción ao clubs, e apercibimento de clausura do Platas Reinoso, a Esteirana recibe tamén unha sanción de 20€ pola suspensión no min.81 do partido , e terán que decidir unja data para bogar os 9 minutos restantes, a pesar de que o marcador xa era de 1-4 para o Arzúa.
Ademais, mala nota para os adestradores infantís de Coristanco e Os Miúdos, pois ambos foron expulsados.
Preferente
Antonio Martínez de Oliveira (Soneira).
Aperc. Pref.: - César Melgarejo (XSC).
1ª Autonómica
Berto Suñarez (Adestr. Camariñas - 2 partidos).
Javier Lodeiro (Adestr. Esteirana - 1 partido - 6 meses).
Fran Maceiras (Esteirana).
Diego Pérez (Ponteceso).
2º Autonómica
Jorge Calvete (Sofán).
Diego Fernández (Sofán).
Eloy Boedo (Sofán).
Miguel Cruz (Outes).
Ramón Senra (Adestr. Corcubión).
José D. Martínez (Volantes).
Diego Cespçón (Cee).
Jesús Málvarez (muros).
Aperc. 2ª: - Javi Souto (Sofán) - Mario Lagoa (Corcubión) - Víctor Vecino (Zas) - Carlos Rodríguez (IDC)
Vén marcada a xornada por un derbi de necesidade na Preferente. O Soneira, pechacancelas e con 13 xornadas sen gañar, recibe a un XSC en caída libre, agora 15º tras 5 derrotas consecutivas. Ambos necesitan cambiar o ritmo. Ademais o Dumbría quere seguir camiño do ascenso venciendo no Castro.
Na 1ª Autonómica toca derbi tamén, pero de menor trascendencia. O Malpica recibe a unha Esteirana algo tocada trapo partido pasado. Ademais, na zona media o Baio visita a cancha do líder. Por abaixo, o Ponteceso quede confirmar o cambio de liña trala vitoria da semana pasada e o podrá facer ante o Unión. E o Camariñas necesita os puntos comarea ante o Sigüeiro, rival directo de ambos conjuntos costeros.
A xornada 20 da 2ª Autonómica trae varios partidazos. Se o líder visita o sempre difícil Lombáns, os Zas-Cee e Outes-Fisterra semellan que serán fratricidas.
E varios choques da zona alta na 3ª Autonómica. O líder, o Baíñas recibe a un Seaia que marcha 3º a só 5 puntos. Ademais, o Montelouro visita a un Laxe en melloría, mentres que o Coristanco-Lira enfronta a dous equipos da pomada.
Pode quedar todo visto para sentenza nesta penúltima xornada das Ligas Xuvenís. No Gr.3, só falta por pechar a 3ª praza, e ao XSC lle basta un empate ante o Fisterra, ou que non gañen Cee e Outes en Dumbría e Vimianzo.
Ademais, no Gr.4, os dous de arriba enfróntanse en Corme, que checa 4 puntos por debaixo dos cabaneses. Pero a atención está no Coristanco-Malpica, pois o cardo coristanqués pode empatar aos malpicáns, e se vence por 2 goles ou máis bastaríalle para superalo, e quedar por diantre de cara a unha última xornada letal.
Ademais das Ligas Base que continúan vibrantes, teremos o ollo posto nos Veteranos, onde se enfrontan 2º contra 1º. O Soneira, tras un comezo de tempada algo titubeante, pronto se foi colocando onde se lle supón, na zona alta. O Laxe terá que roelo se quere manter o posto de líder.