Martes. 14.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Cabana dá a sorpresa da xornada

2ª Autonómica: O Cabana dá a sorpresa da xornada
Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos Na 2ª Autonomica os de arriba seguen pelexando por non perder ningún punto que faga que os alonxe da cabeza, tanto Sofán coma Sporting Zas sufriron máis da conta para vencer fronte ao Buño e ao IDC pero o final conseguiron esa vitoria que os deixa nos postos de privilexio. Por detrás xa vén o Corme coma un foguete pisando moi forte e situase a 4 puntos da cabeza. O Cee tamén conseguía unha importante vitoria para seguir a estela dos de cabeza. Despois de que o Fisterra gañase na tarde do sábado, a sorpresa da xornada produciase en Cabana tras vencer o Outes e así coller confianza para saír deses postos de descenso, uns postos aos que se aproxima o Muros trala derrota de onte fronte o Camelle no Eleuterio Balayo. Outro dos que está pelexando por sair de esos postos feos da táboa foi o Corcubión que vencía in extremis o Volantes na tarde do sabado, mentres que a pelexa da metade da táboa disputabase entre San Lorenzo e Castriz que terminarían en táboas. Cabana - Outes (3-1)
  • CABANA: Añón, Isma, Charli, Jose, Iván de Treos, Fariña, Sandro, Josiño (Eloi Pereira, min.88), Manolo do Cruceiro, Fernando (Eloi Vilas, min.62) e Berti.
  • OUTES: Gato, Borja, Jura (Saúl), Chúa, Chía (Alvaro), David, Martín (Babu), Poke (Paulo), Elias (Rafa), Piki e Migui.
  • Goles: 0-1, min.5: Migui; 1-1, min.20 Sandro; 2-1, min.65: Josiño; 3-1, min.93: Eloi Pereira.
  • Expulsión: Migui por dobre cartón, min.47
Pouco fútbol nas Redondas de Cabana onde se enfrontaban dous equipos moi dispares falando da tabóa clasificatoria, un Cabana que intenta escaparse deses últimos postos e un Outes que segue aí arriba a pesar dos resultados das últimas xornadas. Os homes de Manu Roque están a pasar por un momento difícil, pero como todos os equipos teñen o seu momento durante a competición, só falta que o míster dé con esa tecla para que volvan as vitorias e o bó xogo. O partido comezaba moi ben para o Outes que se adiantaba no marcador moi pronto, pero os homes de Periscal non se virían abaixo e pelearían por levarse os tres puntos, que así foi. Partido bastante feo para o espectador pero moi efectivo para os cabaneses que con esta vitoria achéganse aos que van por riba e non os deixan escapar. Fisterra - Carnota (2-1)
  • FISTERRA: Joselu, Munitis (Robertín, min.60), Dani, Julio, Manín, Bebeto, Hidalgo (Guardiola, min.65), Toni (Manuel, min.85), Abel (Mario, min.70), Aitor é Mané (Santi, min.80).
  • CARNOTA: Luis, Ferreiro, Pedro, Manolo, Pumuky, Fernando, Boni (Urko min.65), Nakata, Rodri, Ivan Maceiras (David min.75) e Manuel Luis.
  • Goles: 0-1, min.30: Rodri tras un saque de corner; 1-1, min.60: Mané de penalti; 2-1, min.78: Robertín.
Daba comezo o encontro con dous equipos que se encontraban un por debaixo do outro, e tralo partido de onte invertiuse a clasificación e o Fisterra pasaría por riba do Carnota na táboa clasificatoria, na que agora mesmo encontrase 6º con un punto de diferencia sobre os seus perseguidores mais próximos. O partido foi moi disputado onde a posesión do balón caía do lado local, o Fisterra era dono desa pelota pero un Carnota moi ben plantado no terreo de xogo poñialles as cousas moi dificiles os homes de Juan Jesús e de feito que se adiantarían no marcador na metade do primeiro tempo, pero o Fisterra darialle a volta o marcador na segunda metade e incluso desaproveitaría varias ocasións moi claras de gol tanto por parte de Aitor como de Mané para aumentar a conta goleadora. Corcubión - Volantes de Baño (3-2)
  • CORCUBION: Perlón, Trillo, Gabi, Disiclín, Balucho, Jesús, Toja, Sebas, Edu, Lema e Mario (Marcos, min.89).
  • VOLANTES: Iago, Juan, Nimo, Mingos, Miguel, Martín (Kajulo, min.60), Moja, Brais (Pardelo, min.75), Varo, Ivi e Seluco.
  • Goles: 1-0 min.61: Mario; 1-1 min.71: Seluco; 1-2 min.75 Moja; 2-2 min.86: Mario; 3-2 min.90: Mario.
Chegaban a este partido dous equipos moi necesitados de puntos e con gañas de saír de esos postos de cola. Daba comezo o partido e o Corcubión quería dar unha alegría a súa afición e comezaba dominando o encontro pero os goles non chegarían ata a segunda metade onde o Corcubión por medio de Mario adiantaría o equipo local. A partir deste gol o Volantes comezaría a dominar o encontro e viríase arriba, pero non era capaz de materializar as ocasións claras das que dispoñia. Os goles chegarían todos xa finalizando o encontro e de feito que o Corcubión levaríase a vitoria no minuto 90 tras un fallo garrafal da defensa do Volantes, un erro no que estivo moi atento Mario para darlle os 3 puntos o Corcubión. Cee - Mazaricos ( 4-0)
  • CEE: Parroto, Nico, Carlos Leis, Jacobo, Piquero, Angeliño, Diego Cespón (Javi, min.83), Cristian (Penedo, min.65), Josiño, Yayá (Tebo, min.70) e Rodri (Lamela, min.73).
  • MAZARICOS: Gerpe, Pereiro, Tuñas, Ramón, Coxo, Fran, Estafan, Ricardo, Kevin, Adrián e Rodri.
  • Goles: 1-0, min.5: Angeliño; 2-0, min.47: Rodrigo; 3-0 min.63: Jacobo; 4-0, min.80: Lamela
Bo partido do Cee que se adiantou rápido no marcador cunha gran cabezada de Angeliño a saque de córner de Josiño. Poucas ocasións nos primeiro corenta e cinco minutos destacar un tiro desviado de Diego Cespón e un disparo dende a frontal de Angeliño que fai lucirse a Gerpe. Na reanudación e ao igual que nos primeiros minutos de partido os de Floreal marcaban un rápido gol, centro de Josiño que Rodri remata ao fondo da rede. Yayá ao pau e Rodri que non acerta a rematar un centro de Cristian puideron aumentar distancias. Jacobo marcaba o terceiro, protestado polos visitantes por posible falta ao porteiro, á saída dun córner e Lamela a dez minutos para o final finaliza perfectamente un grande xogada de Angeliño. Crónica David Castro Buño - Sofán (0-2)
  • BUÑO: Brais, Eloy, Rubén, Secundino, Iago, Dani Calvete, Miguel Dourado (Pedro, min.73), Diego (David Dourado, min.61), Charro, Elías (Martinzinho, min.83) e Fran Borrazás.
  • SOFÁN: Lerma, Javi, Marcos Pensado (Diego, min.75), Pablo, Eloy Boedo, Jorge Calvete, Santi (Suso Docampo, min.73), Martín, Raúl (Cantudo, min.85), Iván Rey e Brais.
  • Goles: 0-1, min.66: Transición rápida do Sofán, apertura á banda para Raúl, erro de Brais e Santi marca a pracer tras o pase da morte do seu compañeiro. 0-2, min.78: Saque de banda de Jorge Calvete colgado á área que rechaza a defensa branquiazul, que aproveita Pablo para enganchar a volea dende a frontal e bater ao porteiro oleiro.
Partido igualado en canto a ocasións pero que dominou o Sofán no que a posesión se refire e que finalmente se decidiu por dous erros defensivos locais. Primeira parte con dous equipos moi ordenados tácticamente que evitou que houbese goles e na que as ocasións chegaron a balón parado e todas favorables ao equipo visitante, primeiro Brais, logo dun saque de banda colgado á área por Jorge Calvete, controla o esférico e á reviravolta saca o lanzamento que se vai a rentes do pau ante a pasividade da defensa oleira e cando se cumpría o minuto 45 logo dun córner que saca Marcos Pensado, Raúl, libre de marca, remata por riba do longueiro. Á volta do tempo de lecer, o partido seguiu na misma dinámica que na primeira metade. Encontro igualado con escasas ocasións, aínda que o Sofán iría avisando pouco a pouco das súas intencións. Marcos Pensado, en dúas ocasións, primeiro tras un rexeite da defensa oleira sacaría un lanzamento que atrapa Brais sen problemas e máis tarde cun saque de falta que bate no longueiro ante a pasividade de Brais. Pero un minuto despois adiantaríase o equipo visitante, transición rápida dos sofanistas, Raúl recibe na banda, erro do porteiro oleiro e o dianteiro vermello pon o pase da morte para que o ex-xogador do Buño, Santi, marque a pracer. Aumentaría a súa renda o Sofán, tras un saque de banda que colga Jorge Calvete á área que rexeita a defensa do Buño e engancha Pablo na frontal para bater a Brais e poñer o definitivo 0 a 2. Antes do remate do partido, Dani Calvete tería dúas grandes oportunidades, na primeira tras un rexeite da defensa visitante que aproveita o xogador oleiro para enganchar a volea que se vai a rentes do pau e na segunda e última tras cabecear un centro de Pedro, que debutaba hoxe co conxunto branquiazul, que seu vai fóra por moi pouco. San Lorenzo - Castriz (1-1)
  • SAN LORENZO: Puyol, Ruben, Adrian, David, Germán, Cachizo, Fuente, Schuster, Velo, Javi (Chucho, min.60) e Dani (Joaquín, min.85).
  • CASTRIZ: Juan, Chinda, Pose, Cilindro, Martín, Bruno, Alberto, Luis, Agra, Marqués e Pichín.
  • Goles: 1-o, min.47: David Gerpe; 1-1,min.48: Dani.
Partido moi disputado por ambos lados entre dous equipos que se coñecián moi ben, o control do xogo estivo bastante equiparado, non así as ocasións xa que as mais claras caeron do lado local, unhas ocasións nas que o San Lorenzo non foi quen de materializalas e de ahí que se adiantaría no marcador o Castriz pero o pouco xa empataría o San Lorenzo para poñer esas táboas no marcador que deixaría os dous equipos non moi contentos co resultado desta tarde. IDC - Sporting Zas (1-3)
  • IDC: Diego, Atu, Dani, Mario, Yoni, Belar, Carlos, Cholo, Manu, David, Mario e Juni. Tamén xogaron: Esteban, Adrián e Noé.
  • ZAS: Rizos, Martín, Pereiro, Fabián (Amado min.60), Victor, Pablo, Samuel, Lestón (Peke min.75), David, Rubio (Dami min.80) e Isma (Canedo min.65)
  • Goles: 1-0,min.10: uni; 1-1, min.15: David Blanco de cabeza a centro de Pablo Lestón; 1-2, min.55: Samuel; 1-3, min.70: Rubio de penalti.
Partido igualadisimo na primeira metade onde o IDC quería levarse o partido  e deixar os 3 puntos no seu feudo, na primeira ocasión que tiveron adiantaronse no marcador pero pouco despois xa empataría o Sporting Zas para rematar a primeira metade con este empate a 1. Na segunda metade o Sporting Zas viriase arriba e faríase dono do balón e tería algunha ocasión moi claro que Rubio non chega a acertar na mais clara, non así o IDC se ben abaixo xa que tamén disporía de algúnha ocasión. Adiantaríase o Zas nunha xogada moi polémica onde os Carballeses protestaron un fora de xogo clarisimo pero o gol subeu o marcador. E xa contra o final do partido outra xogada polemica, un penalti que sinalaría o colexiado e que os xogadores do IDC protestarían. O partido remataría con esta vitoria dos homes de Ivan Cancela que os manten na loita do primeiro posto. Muros - Camelle ( 1-2)
  • MUROS: Santiago Lamela, Ramón, Bernardo (Sergio Lestón, min.45), Iván, Eloy (Eloy Fernandez, min.77), Dani, Javier, Jesús Malvarez, Yanky, Saúl e Roge.
  • CAMELLE: Carlos Tajes, Fran, Matias, Jesús, Adrián, Mario, Adrian Tajes, Sergio, Angel Riveiro, Alvaro e Felipe.
  • Goles: 0-1, min.35: Felipe; 0-2, min.75: Matias de penalti; 1-2, min.83: Yanky.
  • Expulsión: Jesús Málvarez min.30 por dobre amarela.
Como sucedera na primeira volta partido disputadisimo de principio a fin, con moita tensión durante o encontro. Partido no que non houbo un claro dominador xa que a maior parte do partido foi por arreóns de un lado e mais do outro, no mediado da primeira metade expulsarian a un xogador do Muros que eso faría que o partido se decantase da parte do Camelle, un camelle que trala expulsión empurrou un pouco mais e pouco despois da expulsión chegaría o primeiro gol do Camelle e iso faría que o Muros tivese que remar contracorrente. A poucos minutos de rematar o encontro un penalti a favor do Camelle sentenciaría o partido e o Muros só podería recurtar distancias a falta de 5 minutos para rematar o partido. Un Camelle moi aguerrido levase 3 puntos importantisimos do Eleuterio Balayo de Muros e os locais afundense neses postos do inferno nos que terán que pelexar moito para sair deles. Corme - Porteño (2-0)
  • CORME: Jesús, Adolfo, Dani, Jesús Romero, Sergio, Diego Bermudez, Juan Chans, Manuel Vidal (Brais Corral,min.45), Alejo (Antonio, min.78), Lucas (Brais Torrado, min.86) e José Veiga.
  • PORTEÑO: Bonano, Gabi, Oscar, Maikol, Caamaño (Juan, min.70), Doyle, Dario, Cristian, Meu Lar (Cousillas,min.45), Varela (Marcos, min.60) e Isma (Brais, min.75).
  • Goles: 1-0, min.57: Juan Chans; 2-0, min.72: Lucas.
O Corme quería meterse nos postos de cabeza e sabía que a única maneira de facelo era con unha vitoria sobre o Porteño que non lle poría as cousas nada faciles os locais. O partido sería moi disputado e moi igualado durante toda a primeira metade onde o resultado acabaría en taboas 0-0. Xa na segunda metade o Corme sabía que tiña que virse arriba para gañar o encontro, e os dez minutos do comezo da segunda metade chegaría ese gol, a partir de ahí, o Corme faríase amo e señor do encontro e serían superiores o Porteño ata o final do encontro, onde a falta de pouco para rematar Lucas sentenciaría o partido e aumentaría a súa conta goleadora particular manténdose no máis alto da taboa de goleadores.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios