Martes. 14.05.2024
El tiempo

Preferente: O Dumbría segue sumando, mentres XSC e Soneira seguen en caída

Preferente: O Dumbría segue sumando, mentres XSC e Soneira seguen en caída
Xornada bastante mala para os equipos costeiros na Preferente onde só o Dumbría sacaba algo positivo, un empate que sabía a pouco despois do partido realizado polos locais. Mentres, o XSC non podía co Silva que foi moi superior durante todo o partido, e o Soneira segue sen estar afortunado de cara a portería. Dumbria - Residencial ( 0 - 0)
  • DUMBRÍA: Julian, David Carreira (Jose, min.80), Oscar, Aaron Fernandez, Pablo Conde (Rivi, min.52), Aarón López (Jesús, min.65), Adrián Makaay (Luís, min.73), Jota, Doro, Iago e Adrian Nieto (Pablo Muíño, min.65).
Partido bastante bo dos xogadores de Canosa que non foron capaces de sacar os tres puntos despois de desaproveitar algunha que outra ocasión que tiveron bastante clara. Tiveron a posesión do balón a maior parte do partido pero cando a pelota non quere entrar, non entra. Un partido onde regresaba o Conco Adrián Beiroa con outra camisola para enfrontarse a varios ex compañeiros no XSC. A anécdota do partido foi que o árbitro obligou a Jorge Parri a poñerse un peto para poder estar na banda sacando fotos do encontro, primeira vez que sucede iso en dous anos que leva facilitando imaxes do fútbol da Costa. Xallas de Santa Comba - Silva ( 1-5)
  • Xallas de Santa Comba: Diego, Rubén, Alberto (Cristian, min.62), Hector, Rubio, Alfonso, Darío, Jonatan (Ricardo min.58), Cesar (Ismael min.67), Arnejo e Toño (Marcos, min.65).
  • Goles: o-1, min.10: Miguel; o-2, min.37: Joaquin; 0-3, min.39: Marcos; 0-4, min.61: Marcos; 0-5, min.65: Ivan; 1-5, min.86: Richi.
Presentábase un partido complicado para os Xalleiros, pero un partido donde o Xallas de Santa Comba quería conseguir esa vitoria tan desexada nestas últimas xornadas, pero unha fin de semana máis non puido ser xa que o Silva pasou literalmente por riba dos Xalleiros. Ó pouco de comezar o encontro os Coruñeses xa se adiantaban no marcador e poñían as cousas moi difíciles para os locais que a pesar deste gol intentaron chegar a porteria contraria pero sen moito éxito. Acabando a primeira metade dous erros tremendos da defensa xalleira facilitarían as cousas para que o Silva fose o descanso con unha ampla vantaxe no marcador que practicamente sentenciaría o partido. Xa na segunda metade o Silva seguiría mandando no encontro e endosarialle 2 goles máis. Nos últimos minutos do partido Richi marcaría o gol da honra para os xalleiros. Un XSC que se acerca os postos de perigo. Ribadeo - Soneira (5 - 0)
  • SONEIRA: Martín, Adrián (Riki, min.53), Fran de Urroa, Mayuyo, Michael, Brais, De la Sierra (Alberto min.53), Cristian (Iván Chans, min.53), Basti, Richi (Leo, min.53) e Baba.
  • Goles: 1-0, min.24: Juan; 2-0, min.36: David; 3-0, min.46: Rafael; 4-0, min.48: Christopher; 5-0 min.62: David.
  • Expulsión: Riki, min.84 por dobre amarela.
Partido onde o Ribadeo foi superior a un Soneira que tivo ocasións moi claras para poder levarse o partido pero non foi quen de resolver varios man a man que tiveron os dianteiros soneiráns fronte o porteiro do Ribadeo, que foi un dos destacados do encontro. A posesión tívoa practicamente todo o partido o Ribadeo pero as ocasións máis claras caeron do lado soneirán, pero o Ribadeo aproveitou as ocasións que tivo para levarse o partido con solvencia. Moi pouco fútbol púidose practicar  nun campo que daba pena para unha categoría coma esta, como ven se pode apreciar nas fotografías, un campo que parecía unha auténtica lameira. A pesar de todos estes contratempos os soneiráns nunca deron o seu partido por perdido.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios