Axenda futboleira dunha fin de semana de finais


Achégase a gran cita do fútbol da Costa pero esta fin de semana de San Xoán o fútbol terá un gran protagonismo. Unhas semis por todo o alto, dúas finalísimas e tres torneos de fútbol base déixannos unha fin de semana completa.
E se xa analizamos as importantes citas co fútbol base Torneos de fútbol base en Carballo, do Cabana SD e do UC Cee, imos repasar os choques máis importantes.
Comezando polas semifinais da Copa da Costa, que sabedes que este ano vén patrocinada por Senra Sport, que chegan algo descafeinadas tralos partidos de ida, nos que o Malpica case que meteu os dous pés na finalísima, mentres que o Xallas de Santa Comba ten un posto. Así e todo, e se o mermado Camariñas ten moi complicado remontar o 0-3 en Pedra Queimada ante un Malpica con todo, o Dumbría seguro que pon a eliminatoria complicada aos xalleiros en Fontenla.
A que é unha auténtica final é a do Baio en Ribeira. A parroquia baiesa mesmo fletou un par de buses para acodir ao partido, que pode significar o ascenso do Baio. E con ela estará tamén toda a familia de Mazaricos, pois o ascenso do cadro branquiazul significará a permanencia dos amarelos. Un empate válelle aos de Félix, que ten as dúbidas de Martín e MC, dúas pezas fundamentais que ninguén dubida que sairán de partida para dalo todo polo seu equipo.
Ademais, a fin de semana terá outra das citas máis esperadas do ano: a final da Copa da Costa de Veteranos. O Soneira, actual campión de Liga, organiza no Municipal de Vimianzo a gran festa dos maiores, dende o domingo ás 11:00h, co choque entre Coristanco e Cabana.
E se os pequenos teñen o protagonismo nos Torneos de Cee e Cabana, mención especial terán os infantís do Xallas de Santa Comba. Os de Santi Casal afrontan a final da Fase de Ascenso á Liga Galega, e chegan a Coruña cun 1-0 da ida en Fontenla ante o Ciudad Jardín. Moita sorte para eles, pois queremos que se unan ao Bergantiños e ao Dumbría na liga autonómica.
Reunión dos Clubes da Costa
A Federación convoca aos Clubes da Costa para unha nova reunión o vindeiro xoves 4 de xullo ás 20:00h no Pavillón de Baio, para programar as competicións da temporada 2013/2014.
Copa da Costa, volta das semifinais

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, 6ª xornada
Copa da Costa de Veteranos, Final
Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil, ida da final
Máis información
Crónicas da semana
- Os irmandiños de Baio invaden a capital viquinga de Ribeira.
- Copa da Costa: Final encarrilada.
- Resultados e análise desta fin de semana que deixa a final de Copa medio encarrilada.
Novas relacionadas
- Os clubes de fútbol teñen ata o 30 de xuño para enviar as inscricións na tempada 2013/2014.
- A Gala do Fútbol da Costa xa ten convocados e xogarase probablemente en Outes.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Torneos
- Tempo dos peque-futbolistas.
- Máis Torneos por Carballo, Lariño e Zas.
- Cabana segue apostando polo fútbol base cunha nova edición do seu Torneo e Cee estrea un de Infantís.
- O Sporting Seaia busca fondos cun Torneo para poder federarse.
- Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia.
Artigos relacionados
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).