Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Cabana segue apostando polo fútbol base cunha nova edición do seu Torneo e Cee estrea un de Infantís

Cabana segue apostando polo fútbol base cunha nova edición do seu Torneo e Cee estrea un de Infantís
Xa está en marcha o V Torneo de Fútbol Base Cabana SD. Unha das boas mostras da aposta da familia rossonera pola canteira. Aínda co mal sabor de boca da Fase de Ascenso Xuvenil, a familia cabanesa ponse ao lío para preparar o torneo para os días 22 e 23 de xuño. O torneo disputarano 30 equipos das categorías benxamín e alevín. Equipos da Costa pero tamén da Coruña. Formarán 4 grupos en cada categoría e pasarán a Cuartos os 8 mellores. Unha Fase Final que se celebrará o domingo, dende as 10:00h, no Campo das Redondas, por suposto.

Calendario do Torneo de Fútbol Base Cabana SD 2013

Torneo de Futbol Base Cabana SD 2013 Torneo de Futbol Base Cabana SD 2013 2

Torneo Infantil de Cee

O UC Cee artella o seu primeiro Torneo de Verán Infantil Xa esta todo listo para o primeiro torneo Infantil "Verán 2013" do Unión Club Cee, que se disputará o vindeiro sábado 15 de xuño no campo Municipal San Paio de Refoxos. Seis son os equipos participantes:
Grupo A Grupo B
U.C. Cee. As Baleas.
Fisterra. Dumbría.
Compostela. Bergantiños.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios