Martes. 07.05.2024
El tiempo

Tempo dos peque-futbolistas

Tempo dos peque-futbolistas
Será esta fin de semana tempo dos máis pequenos. I é que ademais das semifinais de Copa, da finalísima do Baio na Fase de Ascenso á 1ª, e da gran final dos Veteranos, os máis pequenos terán moito protagonismo. Por unha banda, os infantís do XSC loitarán polo ascenso á Liga Galega, e ademais, teremos 3 torneos cos pequenos como protagonistas, en Cabana, Carballo e Cee.

Torneo de Fútbol Base de Cabana

Tras varios cambios, este tremendo torneo artellado por un dos clubes que mellor coida a canteira do fútbol costeiro, prantexa este calendario de partidos para o seu torneo anual, con 14 equipos de toda a provincia. Torneo Futbol Base Cabana 2013 1 Torneo Futbol Base Cabana 2013 1

Torneo de Verán de Fútbol 8 do UC Cee

Torneo de Veran de F8 do UCCee Ademais, tralo torneo en categoría infantil, xa está todo listo para o primeiro Torneo “Verán 2013″ de Fútbol 8 do Unión Club Cee para as categorías Alevín, Benxamín, Prebenxamín e Biberón, que se disputará o vindeiro sábado 22 de xuño no campo Municipal San Paio de Refoxos. Estes son os horarios: Horarios do Torneo de Veran de F8 do UCCee

Torneo de Fútbol 8 en Carballo

Os días 21, 22 e 23 de xuño tern lugar nos campos de herba artificial das Eiroas o IX Torneo de Fútbol 8 Concello de Carballo. As categorías inferiores de nove clubs de renome de España danse cita un ano máis nas Eiroas no Torneo Fútbol 8 Alevín Concello de Carballo, que este San Xoán cumpre nove edicións e cinco como Memorial José Luis Vara Olveira. No cartel deste ano hai que subliñar a presenza do FC Barcelona -vixente campión, e xa un habitual do torneo-, o RC Deportivo, o RC Celta -campión da quinta edición-, o Real Valladolid, o Sporting de Xixón, as Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz, Las Rozas FC, o CD Berceo e o Pabellón CF, que participa por segunda vez, nesta edición como campión da fase previa. Así mesmo, as Escolas recoñecerán o mérito deportivo de Ángel Esmorís Tasende, que está xogando no equipo xuvenil do Manchester City, rendéndolle unha homenaxe. Torneo de Carballo de F8

Novas relacionadas

Torneos

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios