Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación


Pouco descanso futboleiro teremos este verán. I é que ademais da marea de torneos, os equipos da Costa da Morte que este ano participaron na Preferente e na 1ª Autonómica, e a Copa da Costa remata o 30 de xuño, a Copa Deputación xa está aí, e obrigará aos Fisterra, Ponteceso, Malpica, Camariñas, Dumbría, Soneira e Xallas de Santa Comba a comezar ben cedo a pretemporada.
O sorteo, polo menos, está dirixido ata Dezaseisavos por cercanía, polo que as primeiras roldas emparellarán aos equipos costeiros. A Previa, de feito, comeza xa o domingo 28 de xullo, a partido único, e terá un enfrontamento costeiro entre Fisterra e Ponteceso. A primeira rolda, que se disputará o mécores 31 de xullo, xa terá ao resto de equipos en liza:
Primeira rolda (31 de xullo):
- A5: Vencedor Fisterra/Ponteceso - Soneira.
- A6: Camariñas - Dumbría.
- A7: Malpica - Xallas de Santa Comba.
Dezaseisavos (4 de agosto):
- B7: Vencedor A6 - Bergantiños.
- B13: Vencedor A7 - Vencedor A5.
Oitavos (7 de agosto).
- C3: B10 (Vencendor Abella-Sada - Deportivo B) - B7.
- C5: B13 - B4 (Vencedor Mandía-(Marabillas-Victoria) - Somozas).
Os Dezaseisavos quedan para o 4 de agosto, e achegaremos o cadro en canto nolo envíe a Federación. A finalestá prevista para o 18 de agosto. Podedes descargar aquí o cadro completo:
Compensación económica

Así e todo a participación é importante pola compensación económica que conleva. A Deputación otorga só por participar 750€ aos equipos de Preferente e 450€ aos de 1 Autonómica. Ademais, pola Previa serán 750€ e 375€ respectivamente; de pasaren, pola primeira eliminatoria toca outro tanto; en Dezaseisavos serán 1.100€ e 600€ por equipo; 1.500€ e 900 para os que cheguen a oitavos; 2.000€ e 1.500 en cuartos; e 2.400€ e 1.900€ para os semifinalistas mentres que os finalistas repartiranse os 12.000€ finais.
En total, a Deputación emprega 150.000€ para os clubes.
Máis información
Crónicas da semana
- Fases de Ascenso ás Ligas Galegas: Agarrotados.
- Copa da Costa: Dous empates e dúas sentenzas cantadas.
- Fases de Ascenso: O Baio complícase e o Cerqueda toma vantaxe.
- Resultados do fútbol da Costa nesta primeira fin de semana de xuño.
Novas relacionadas
- Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia.
- Os pequenos do Dumbría e o IDC foron recibidos polos seus alcaldes.
- A Asociación de Clubes abre o prazo para solicitar a organización da II Gala do fútbol costeiro.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Artigos relacionados
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).
- Galifutbol.