Copa da Costa: Final encarrilada



Parece que Malpica e Xallas de Santa Comba están convencidos de disputar a final do 50 Aniversario da Copa da Costa, este ano patrocinada por Senra Sport. Malpicáns e xalleiros encarrilaron as semis con sendas vitorias no Hermanas Patiño e no Conco, demostrando estar un punto máis forte que os seus rivais, Camariñas e Dumbría.
Unha finalísima será finalmente o sábado 29 de xuño ás 19:00h en Baio.
Camariñas - Malpica (0-3)

- CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Rodri, Manuel (Nico, min.63), Moriño, Serxio, Álex (Paco, min.34), De la Sierra, Borja, Juan oBello (Nico, min.79), Martín.

- MALPICA: Suso, Martín Uruguaio, Manuel Casal, David Castro, Mario Casal, Alemán, Andrés, Tato (Fernando Varela, min.58), Neucha (Adrián, min.73), Mino, David Blanco (Charro, min.65).
- Goles: 0-1, min.25: Tato aproveita un remate de Mino a un centro pasado de Manuel Casal; 0-2, min.40: Tato de cabeza nun córner; 0-3, min.55: Alemán a centro de David Blanco.

Pasou por riba o Malpica do Camariñas un Hermanas Patiño con medio centenar de espectadores. O cadro malpicán, con toda a artillería pesada en plena forma, foi superior a un Camariñas que anda máis xusto e que ademais tiña a baixa de Brais Triñanes.
E iso que a primeira ocasión foi dos locais, cunha xogada de estratexia que De la Sierra mandou ao pao. De marcar aí o Camariñas aínda podía cambiar o partido, pero pouco a pouco o Malpica foise facendo co control, cunha marcha máis.
O Malpica, que xa avisará por medio de Mino, abriu o marcador aos 25 minutos tras por banda que Tato acaba enviando á rede. Foron minutos de control visitante, pero Pombo evitou que David Blanco e Neucha ampliasen o marcador. Si que puido marcar de novo Tatotras un saque de esquina, que deixaba a eliminatoria case que sentenciada ao descanso.
Ao saír do descanso intentouno o Camariñas, pero o disparo de Paco foi rexeitado por Suso. E a superioridade física dos visitantes fíxose patente e na segunda metade o Camariñas non chegou a facer perigo e só podía intentar zafarse o dominio malpicán.

Dumbría - Xallas Santa Comba (1-2)

- DUMBRÍA: David, Rudi (Bruno, min.55), Pablo Vidal (Samuel, min.65), Jose, Aarón Fdez., Aaron López, Iago Dosil (Leo, min.65), Dani Casal (David Carreira, min.55), Piri, Iago, Luís.
- XSC: Diego, Chinda, Martín, Guillermo, Pablo, Oscarín, Doro (Alberto, min.86), Pablo Baña (Darío, min.75), Mon (Jesús, min.70), Jota, Javi Suárez (Noli, min.73)
- Goles: 0-1, min.44: Mon; 0-2, min.65: Doro de falta; 1-2, min.75: Bruno.
Un pé meteu o Xallas de Santa Comba na final da Copa da Costa tralo choque do Conco, nun partido seguido por máis de 200 afeccionados. E iso que comezou igualado nos primeiros compases, pero pouco a pouco foise metendo o XSC, demostrando estar un punto máis por riba. O Dumbría buscaba balóns longos e xogadas estratexia, ante un XSC que tentaba controlar máis o balón, e foi unha bregada primeira metade, cun par de disparos frouxos dos visitantes, e a mellor ocasión para os locais, cando á media hora David paraba un penalti a Iago.
Un penalti que puido ter cambiando signo do partido, pero o gol antes do descanso de Mon foi fundamental, deixando moi tocado ao cadro dumbriés. Saíu ca cabeza baixa o Dumbría dos vestiarios, consciente da dificultade do marcador. E o XSC soubo ler mellor o partido e controlou o tempo. Doro facía o segundo, e Noli, só diante do porteiro non sentenciou, ao igual que Darío, que chutou cando tiña só a Noli para empurrar.
E cando a eliminatoria parecía sentenciada, Bruno atopou un balón que dá vida aos de Canosa, que malia ter que marcar dous goles en Fontenla para darlle a volta ao marcador, ten opcións de remontada. Iso si, o XSC quere repetir final, e non deixará cabos soltos na volta.

Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- A Gala do Fútbol da Costa xa ten convocados e xogarase probablemente en Outes.
- A UD Carnota ao fío da baixa federativa.
- Unha de porteiros no Conco.
- A maxia pisou o Conco.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
- Os pequenos do Dumbría e o IDC foron recibidos polos seus alcaldes.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Torneos
- Cabana segue apostando polo fútbol base cunha nova edición do seu Torneo e Cee estrea un de Infantís.
- O Sporting Seaia busca fondos cun Torneo para poder federarse.
- Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia.
Artigos relacionados
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora blog do Malpica de Luís E. Porto.