Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia

Achegamos varios torneos de fútbol de toda a zona. E comezamos por Muros, onde por certo, están pendentes de Toni, ex xogador muradán que ata esta campaña no Soneira, que vén de fichar polo Noia da 1ª Autonómica, tras operarse dunha lesión.
I Torneo do Volantes

Pois o campo Eleuterio Balayo acollerá o vindeiro 20 e 21 de xullo o I Torneo Volantes de Baño. A inscrición é de 100 puntos, e terá que realizarse antes do sorteo que se celebrará o venres 19, e haberá 1600 puntos en premios.
En Carnota

Torneo de Tordoia

E chéganos, a través do compañeiro Iván Cancela, sempre vencellado ao fútbol costeiro, o cartel do VI Maratón de Fútbol 7 de Tordoia. As citas serán os 6 e 7 de xullo, con nada menos que 1600 puntos para o gañador. Hai que inscribirse antes do 5 de xullo na Cervecería Brincadeira ou nos 649 305 383 e 630 121 496.
Asemblea de socios en Fisterra
O vindeiro domingo 16 de xuño celebrarase unha asamblea xeral da SD Fisterra, no salon de plenos do concello de Fisterra ás 19:00 horas en primeira convocatoria para facer balance e seguir planeando a campaña que vén.
Máis información
Crónicas da semana
- Fases de Ascenso ás Ligas Galegas: Agarrotados.
- Copa da Costa: Dous empates e dúas sentenzas cantadas.
- Fases de Ascenso: O Baio complícase e o Cerqueda toma vantaxe.
- Resultados do fútbol da Costa nesta primeira fin de semana de xuño.
Novas relacionadas
- Os pequenos do Dumbría e o IDC foron recibidos polos seus alcaldes.
- A Asociación de Clubes abre o prazo para solicitar a organización da II Gala do fútbol costeiro.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Artigos relacionados
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).