Resultados e análise desta fin de semana que deixa a final de Copa medio encarrilada


Fin de semana do ecuador de xuño e temos que resaltar poucos partidos pero tremendamente intensos. E cando xa coñecemos os convocados (non así o lugar nin a data) para a II Gala do Fútbol da Costa, imos xa co repaso da fin de semana deportiva.
Que como non, ten á Copa da Costa, neste 50ª aniversario, como gran protagonista. E parece que a final desta especial edición está encarrilada. O Malpica meteu pé e medio tras vencer 0-3 en Camariñas, mentres que o Xallas de Santa Comba sacou un importante 1-2 do Conco que lle permite afrontar con seria vantaxe a volta ante o Dumbría. De contado traemos as crónicas dos partidos.
E xa saben que a finalísima será finalmente o sábado 29 de xuño ás 19:00h en Baio, ante a decisión dos 4 clubes participantes nas semis pola posible participación da selección española na final da Copa Confederacións ese domingo. Unha decisión que trouxo cola nas redes sociais, con protagonistas implicados.
Non xogou o Baio na Fase de Ascenso á 1ª, pero os baieses, e os mazaricáns, estaban moi pendentes do que acontecera en Agolada. O cadro local venceu por 4-0 ao Sálvora, co que ascende matematicamente pero obriga ao Baio a empatar ou vencer en Sálvora o vindeiro domingo, para lograr o soñado ascenso á 1ª Autonómica, e ademais provocar a permanencia do Mazaricos na Liga da Costa.
E boas novas para os infantís do Xallas de Santa Comba. O único representante costeiro que pode ascener á Liga Galega deu un paso de xigante ao vencer ao Ciudad Jardín por 1-0 en San Pedro de Castriz. O cadro de Santi Casal foi superior, tocando moito máis que un rival que busca o xogo directo, e mereceu unha vantaxe máis ampla, pero ten que conformarse co gol de Marcos tras unha gran xogada de Alberto, para afrontar unha complicada volta na Coruña. I é que xa As Pontes levaba unha renda de 4-1 na idas das semis e na Coruña remontou o Ciudad Jardín. O vindeiro domingo saberemos se temos un cadro costeiro na Liga Galega Infantil, acompañando ao Bergantiños e ao Dumbría.

Finalísima dos Veteranos
Non houbo sorpresas nas semis da Costa da Costa de Veteranos. Coristanco e Cabana, que encarrilaban o pase á final na ida, venceron de novo en Muros e ante o Baio, polo que se enfrontarán o domingo ás 11:00h en Vimianzo, nunha xornada festiva organizada polos Veteranos do Soneira.

Copa da Costa, ida das semifinais

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil, ida da final

Copa da Costa de Veteranos, volta das semifinais

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 5

Máis información
Novas relacionadas
- A Gala do Fútbol da Costa xa ten convocados e xogarase probablemente en Outes.
- A UD Carnota ao fío da baixa federativa.
- Unha de porteiros no Conco.
- A maxia pisou o Conco.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
- Os pequenos do Dumbría e o IDC foron recibidos polos seus alcaldes.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Torneos
- Cabana segue apostando polo fútbol base cunha nova edición do seu Torneo e Cee estrea un de Infantís.
- O Sporting Seaia busca fondos cun Torneo para poder federarse.
- Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia.
Crónicas da semana
- Fases de Ascenso: Só os infantís do XSC achéganse á Liga Galega e a Esteirana di adeus entre bágoas.
- Copa da Costa: O Camariñas sorprende ao Soneira e o Dumbría sofre co Sofán.
- O Camelle ascende á Liga da Costa nun auténtico partido do #futboldacosta.
- O Baio desquítase e endosa 5 ao Agolada para achegarse á 1ª.
- Resultados e análise dunha xornada de moito fútbol da Costa.
- Triplete dos pequenos fisterráns do fútbol 8.
Artigos relacionados
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).