Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Máis Torneos por Carballo, Lariño e Zas

Máis Torneos por Carballo, Lariño e Zas

Xa deixamos constancia, e aproveitamos para recordalo, que esta fin de semana ten lugar o V Torneo de Fútbol Base de Cabana, con 30 equipos de benxamíns e alevíns en liza. Temos apuntado tamén o Torneo do Sporting Seaia, e máis unha viaxe polos torneos do Volantes, de Carnota, e mesmo Tordoia. Hoxe repasamos varios máis, dende Carballo, ata Lariño pasando por Zas.

Pero antes recordamos que este venres 21 de xuño están prantexadas as finais das categorías benxamíns e alevíns a partir das 16:00h.

Maratón de Fútbol 7 de Zas

Os vindeiros 6 e 7 de xullo, o campo de San Andrés de Zas acolle o Maratón de fúbol 7, con 2.00 puntos en premios.

Torneo de Fútbol 8 en Carballo

Os días 21, 22 e 23 de xuño tern lugar nos campos de herba artificial das Eiroas o IX Torneo de Fútbol 8 Concello de Carballo. As categorías inferiores de nove clubs de renome de España danse cita un ano máis nas Eiroas no Torneo Fútbol 8 Alevín Concello de Carballo, que este San Xoán cumpre nove edicións e cinco como Memorial José Luis Vara Olveira. No cartel deste ano hai que subliñar a presenza do FC Barcelona -vixente campión, e xa un habitual do torneo-, o RC Deportivo, o RC Celta -campión da quinta edición-, o Real Valladolid, o Sporting de Xixón, as Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz, Las Rozas FC, o CD Berceo e o Pabellón CF, que participa por segunda vez, nesta edición como campión da fase previa.

Así mesmo, as Escolas recoñecerán o mérito deportivo de Ángel Esmorís Tasende, que está xogando no equipo xuvenil do Manchester City, rendéndolle unha homenaxe.

Torneo de Carballo de F8

Torneo de Fútbol Praia de Lariño

E volve por segundo ano o Torneo de Fútbol Praia de Lariño para os días 13 e 14 de xullo. Un torneo cunha cota de 80 puntos e con 1000 en premios.
Xa está aberto o prazo de inscrición que poden completar no 615 59 50 58 ou a través do correo [email protected].

Novas relacionadas

Torneos

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios