Comezabamos a semana ca nova da baixa do Soneira B da 3ª Autonómica, deixando unha competición con 12 equipos. Hoxe podemos dicir que a Federación vai realizar un Calendario novo para evitar que descansen dous equipos cada fin de semana.
E xa analizamos esta nova fin de semana deportiva do ecuador de setembro. Comezando pola Preferente onde os nosos terán choques complicados. Como o que afronta o Soneira o sábado en Riveira, ante outro dos chamados a estar arriba. Par ao domingo, o Berga recibe ao Viveiro para manterse imbatido, mentres que Xallas de Santa Comba e Dumbría non queren fallar na casa ante Estudiantil e San Tirso.
O partido da semana xógase na 1ª Autonómica. O primeiro derbi da tempada na categoría, entre unha Esteirana con moitísima gañas, e un Malpica que comeza pouco a pouco. Seguro que o Xosé Luís Vara énchese para o partido. Mentres, Baio e Ponteceso necesitan xa comezar a gañar. Os de Felix o terán complicado coa visita do Noia, líder e un dos claros aspirantes ao ascenso. Mentres, o de Mato visitan o campo do Unión, que empezou frouxo. Ademais, o Camariñas marcha a Sigueiro.
Bonitos choques se preven para esta 3ª xornada na 2ª Autonómica. Comezando o sábado pola proba do líder, o Outes, en Ara Solis, ante un Fisterra que promete este curso dar moitas alegrías á súa afección. Para o domingo, o partido que se preve máis igualado será o que enfronte ao Cee e ao Zas no San Paio de Refoxos. Dous aspirantes que medirán forzas.
Mentres, en Xuvenís, e mentres non sabemos realmente as posibiidades de cada equipo, temos un par de partidos que parecen intensos, como son o Cee-Esteirana e o derbi Corme-Ponteceso.
Debuta o sábado ás 16:00h no Conco o Dumbría da División de Honra Cadete tralo bo comezo da pasada semana. E o fai nunha tarde completa ademais, pois de contado sairán os infantís de Liga Galega, que reciben ao Bertamiráns. Tamén debuta en casa o XSC da Liga Galega Infantil-
Sancións
Poucas sancións, e só un detalle. O Carnota cadete non poderá competir a vindeira campaña na categoría por terse retirado despois do prazo. Unha retirada que chega marcada polo despedimento do técnico deportivo, Alfredo Cambeiro.
2ª Autonómica
Jesús Domínguez (Corcubión).
Juan Martínez (Corme).
Dani Freire (Cee).
Mario Rodríguez (IDC).
Ligas Xuvenís
Javi Suárez (Fisterra).
Djamel Lema (Laxe).<(li>
Elías López (Laxe).
Manuel Lema (Camariñas).
Partidos da fin de semana
Estes son os 55 partidos que se disputan esta fin de semana na Costa da Morte:
Preferente, xornada 5
Atl. Riveira
21/09 - 17:00
Soneira
Bergantiños
22/09 - 17:00
Viveiro
Xallas StComba
22/09 - 17:00
Estudiantil
Dumbría
22/09 - 17:00
San Tirso
1ª Autonómica, xornada 3
Baio
22/09 - 17:00
Noia
Sigüeiro
22/09 - 17:00
Camariñas
Esteirana
22/09 - 17:00
Malpica
Unión
22/09 - 18:00
Ponteceso
2ª Autonómica, xornada 3
Fisterra
21/09 - 17:00
Outes
Corcubión
21/09 - 17:00
Porteño
Cabana
21/09 - 18:00
Volantes
Sofán
22/09 - 17:00
Carnota
Muros
22/09 - 17:00
Castriz
San Lorenzo
22/09 - 17:00
Mazaricos
Cee
22/09 - 17:00
Zas
Buño
22/09 - 17:00
Indep. Carballo
Corme
22/09 - 18:00
Camelle
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 4
Muros
21/09 - 11:30
Outes
Fisterra
21/09 - 12:00
Lira
Cee
21/09 - 16:30
Esteirana
Xallas StComba
21/09 - 17:00
Soneira
Descansan Mazaricos e Dumbría.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 4
Cabana
21/09 - 16:00
Porteño
Laxe
21/09 - 17:00
Baio
Corme
21/09 - 17:00
Ponteceso
Camariñas
21/09 - 17:00
Castriz
Muxía
21/09 - 17:00
Malpica
Descansa Coristanco.
División de Honra Cadete, xornada 2
Dumbría
21/09 - 16:00
Val Miñor
Liga Galega Infantil, xornada 2
Xallas StComba
21/09 - 11:00
Conxo
Dumbría
21/09 - 18:00
Bertamiráns
Calasanz
22/09 - 12:00
Bergantiños
I Copa da Costa Cadete, xornada 2
G1: Muros – Cee (sáb. 16:00h) (descansa As Baleas)