Comezabamos a semana ca nova da baixa do Soneira B da 3ª Autonómica, deixando unha competición con 12 equipos. Hoxe podemos dicir que a Federación vai realizar un Calendario novo para evitar que descansen dous equipos cada fin de semana.
E xa analizamos esta nova fin de semana deportiva do ecuador de setembro. Comezando pola Preferente onde os nosos terán choques complicados. Como o que afronta o Soneira o sábado en Riveira, ante outro dos chamados a estar arriba. Par ao domingo, o Berga recibe ao Viveiro para manterse imbatido, mentres que Xallas de Santa Comba e Dumbría non queren fallar na casa ante Estudiantil e San Tirso.
O partido da semana xógase na 1ª Autonómica. O primeiro derbi da tempada na categoría, entre unha Esteirana con moitísima gañas, e un Malpica que comeza pouco a pouco. Seguro que o Xosé Luís Vara énchese para o partido. Mentres, Baio e Ponteceso necesitan xa comezar a gañar. Os de Felix o terán complicado coa visita do Noia, líder e un dos claros aspirantes ao ascenso. Mentres, o de Mato visitan o campo do Unión, que empezou frouxo. Ademais, o Camariñas marcha a Sigueiro.
Bonitos choques se preven para esta 3ª xornada na 2ª Autonómica. Comezando o sábado pola proba do líder, o Outes, en Ara Solis, ante un Fisterra que promete este curso dar moitas alegrías á súa afección. Para o domingo, o partido que se preve máis igualado será o que enfronte ao Cee e ao Zas no San Paio de Refoxos. Dous aspirantes que medirán forzas.
Mentres, en Xuvenís, e mentres non sabemos realmente as posibiidades de cada equipo, temos un par de partidos que parecen intensos, como son o Cee-Esteirana e o derbi Corme-Ponteceso.
Debuta o sábado ás 16:00h no Conco o Dumbría da División de Honra Cadete tralo bo comezo da pasada semana. E o fai nunha tarde completa ademais, pois de contado sairán os infantís de Liga Galega, que reciben ao Bertamiráns. Tamén debuta en casa o XSC da Liga Galega Infantil-
Sancións
Poucas sancións, e só un detalle. O Carnota cadete non poderá competir a vindeira campaña na categoría por terse retirado despois do prazo. Unha retirada que chega marcada polo despedimento do técnico deportivo, Alfredo Cambeiro.
2ª Autonómica
- Jesús Domínguez (Corcubión).
- Juan Martínez (Corme).
- Dani Freire (Cee).
- Mario Rodríguez (IDC).
Ligas Xuvenís
- Javi Suárez (Fisterra).
- Djamel Lema (Laxe).<(li>
- Elías López (Laxe).
- Manuel Lema (Camariñas).
Partidos da fin de semana
Estes son os 55 partidos que se disputan esta fin de semana na Costa da Morte:
Preferente, xornada 5
Atl. Riveira | 21/09 - 17:00 | Soneira |
Bergantiños | 22/09 - 17:00 | Viveiro |
Xallas StComba | 22/09 - 17:00 | Estudiantil |
Dumbría | 22/09 - 17:00 | San Tirso |
1ª Autonómica, xornada 3
Baio | 22/09 - 17:00 | Noia |
Sigüeiro | 22/09 - 17:00 | Camariñas |
Esteirana | 22/09 - 17:00 | Malpica |
Unión | 22/09 - 18:00 | Ponteceso |
2ª Autonómica, xornada 3
Fisterra | 21/09 - 17:00 | Outes |
Corcubión | 21/09 - 17:00 | Porteño |
Cabana | 21/09 - 18:00 | Volantes |
Sofán | 22/09 - 17:00 | Carnota |
Muros | 22/09 - 17:00 | Castriz |
San Lorenzo | 22/09 - 17:00 | Mazaricos |
Cee | 22/09 - 17:00 | Zas |
Buño | 22/09 - 17:00 | Indep. Carballo |
Corme | 22/09 - 18:00 | Camelle |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 4
Muros | 21/09 - 11:30 | Outes |
Fisterra | 21/09 - 12:00 | Lira |
Cee | 21/09 - 16:30 | Esteirana |
Xallas StComba | 21/09 - 17:00 | Soneira |
- Descansan Mazaricos e Dumbría.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 4
Cabana | 21/09 - 16:00 | Porteño |
Laxe | 21/09 - 17:00 | Baio |
Corme | 21/09 - 17:00 | Ponteceso |
Camariñas | 21/09 - 17:00 | Castriz |
Muxía | 21/09 - 17:00 | Malpica |
División de Honra Cadete, xornada 2
Dumbría | 21/09 - 16:00 | Val Miñor |
Liga Galega Infantil, xornada 2
Xallas StComba | 21/09 - 11:00 | Conxo |
Dumbría | 21/09 - 18:00 | Bertamiráns |
Calasanz | 22/09 - 12:00 | Bergantiños |
I Copa da Costa Cadete, xornada 2
- G1: Muros – Cee (sáb. 16:00h) (descansa As Baleas)
- G2: Baio – Fisterra (sáb. 10:30h) (descansa Esteirana).
- G3: Zas – Muxía (sáb. 16:00h) (descansa Coristanco).
- G.4: Cabana – Outes (sáb. 10:30h) (descansa XSC).
- Partido aprazado da Xornada 1: G3: Muxía – Coristanco (22/09 – 10:30).
Liga Infantil, xornada 3
Cee | 21/09 - 12:00 | Fisterra |
Outes | 22/09 - 10:30 | Os Miudos |
Coristanco | 22/09 - 10:30 | Vimianzo |
Baio | 22/09 - 10:30 | Cabana |
Esteirana | 22/09 - 10:30 | Muxía |
Corme | 22/09 - 11:30 | Sofán |
Ligas de Veteranos, xornada 2
1ª División
Soneira | 22/09 - 10:00 | Castriz |
San Lorenzo | 22/09 - 11:00 | Muros |
Nantón | 22/09 - 11:00 | Baio |
Ponteceso | 22/09 - 11:00 | Camariñas |
Xv. Bergantiños | 22/09 - 11:00 | Bértoa |
San Román | 22/09 - 11:00 | Laxe |
Zas | 22/09 - 11:00 | Dumbría |
Cabana | 22/09 - 12:00 | Coristanco |
2ª División
Poniente | 22/09 - 10:00 | Corcoesto |
Buño | 22/09 - 11:00 | Leiloio |
Sofán | 22/09 - 11:00 | Porteño |
Malpica | 22/09 - 11:00 | Erbecedo |
Dep. Carballo | 22/09 - 11:30 | Cerqueda |
Vimianzo | 22/09 - 12:00 | Agualada |
- Descansa Milagrosa e Camelle-Corme aprazado para o 06-12.
Crónicas da semana
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).