Pero hoxe toca repasar os máis de 60 partidos que temos para a fin de semana.
E comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos xogan en sábado e fóra da casa. Os de Canosa e Lobelos visitan as terras de Ferrol para enfrontarse a un Mugardos sorprendentemente líder, tras 4 vitorais e unha derrota. Non o terá máis sinxelo o equipo de Rubén Coméndez, que visita o campo do Castro, 6º clasificado, empatado a 8 puntos cos xalleiros.
Arrinca a 5ª xornada na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra co Baio líder. Un Baio que recibe a un Puebla en apuros. Os outros dous de arriba, Sofán e Corme, tamén xogan na casa e queren seguir sumando de 3 en 3. Máis difícil o terá, a priori, o cadro carballés, pois recibe a un Flavia que está 3º, empatado a 10 puntos co Baio, dous máis que sofanistas e cormeláns. Por abaixo, as urxencias xa apuran a unha Esteirana que ten que fañar na casa, si ou si, ao Unión. O Soneira, pola súa parte, trala vitoria balsámica da semana pasada precisamente contra os blaugranas, visitan ao Cordeiro, tamén colíder. Mentres, o Malpica ten que vencer ao Silleda, para superalo na táboa e deixar a zona perigosa.
A xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra terá varios partidazos, como o que protagonizarán Cee e Zas, dous dos 7 líderes, no San Paio de Refoxos. Ademais, haberá que prestar atención ao segundo derbi camariñán da temporada, o Camariñas-Camelle, con certas urxencias en ambos conxuntos.
Poucos enfrontamentos directos na Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte, pero polo Norte teremos un derbi Corme-Ponteceso apaixoante, mentres os líderes, Coristanco e Cabana, terán que sufrir nas súas visitas a Zas e á Ponte do Porto.