Luns. 29.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Baio ponse líder e o Soneira gaña o primeiro derbi urxente

1ª Autonómica: O Baio ponse líder e o Soneira gaña o primeiro derbi urxente
Baio e Bertamirans-Foto-Santi Soneira

Outra semana máis con líder costeiro na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Baio sumaba 3 puntazos en Bertamiráns e mira dende arriba de todo a táboa, empatado, iso si, con Cordeiro e Flavia. Non quedan lonxe, a só 2 puntos, Sofán e Corme, logo de conseguir meritorios empates fóra de casa.

O partido da xornada xogábase en Vimianzo, con dous equipos que viñan xa con algo de urxencia. Foi o Soneira o que puxo máis sobre o tapete do municipal e levou 3 puntos que o alzan á metade da táboa, deixando a unha preocupada Esteirana, de pechacancelas cun só punto.

Ademais, o Malpica confirmou o seu mal comezo de campaña cunha severa derrota ante o Villestro.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Soneira - Esteirana (4-0)

Soneira -Esteirana-Foto-Oscar Basalo
  • SONEIRA: Anxo, Pichi (Iván Chans, min.68), Fran de Urroa, Alberto, Michael, Sandelo, De la Sierra (Fabián, min.68), Mayor (Richi, min.70), Basti (Cristian Figueroa, min.70), Javi e Nazo.
  • ESTEIRANA: MJ, Code, Dani Rama, Eloi (Maseiras, min.46), Pabliño (Cajulo, min.55), Martín, Álex, Pesco (Manu Yi, min.65), Adrián e Róber Pladur.
  • Goles: 1-0. min.3: Javito tras unha internada pola banda; 2-0, min.37: Javito tras unha deixada de costas de Basti; 3-0, min.73: Basti tras unha triangulación por banda que acaba co pase da morte de Pichi; 4-0, min.86: Nazo tras un roubo de balón, unha boa xogada e unha cesión de Cristian Figueroa para que Nazo a empurre.

A mellor entrada da temporada, 150 persoas no Municipal, para ver o derbi da categoría entre dous equipos que levan un frouxo comezo de campaña. Pero foi un partido sen moita historia tras o gol tempraneiro do Soneira e que encendeu as alarmas no equipo de Esteiro.

Seguiron os locais como donos do partido, sobre todo con máis intensidade e convencemento de poder levarse o partido e así se viron recompensados cun gol cerca do descanso en xogada de dianteiro centro puro. Os locais pedían un penalti sobre De la Sierra, e a defensa e MJ tiñan que sacar baixo paus un remate de Alberto ou outro remate de Javito, antes de que el mesmo anotase o seguno.

Acercouse e tentouno a Esteirana despois do descanso sen obter beneficio algún, cun Anxo que desbaratou un man a man cos puntas blaugranas, que tamén puideron recurtar nun barullo dentro da área que non acertaron a remachar. O que sí aumentou a distancia foron os locais con máis acertos e superioridade manifesta sobre o seu rival, despois de que avisase Basti, con dous tantos do propio Basti e de Nazo nos últimos 20 minutos.
Destacar o debut no bando soneirán do xuvenil Fabián.


Villestro - Malpica (4-1)

11 do Malpica ante o Villestro-Foto-Luis POrto
  • MALPICA: Abraham; Pablo Díaz (Jorge, min.68), Diego, Dani García, Juanjo Rabuñal (Rodrigo, min.73), Joel Pereiro, Alemán, Juan oBello, Diego Alonso, Martín Maradona (Kevin, min.46) e Adrián.
  • Goles: 1-0, min.40: de cabeza nun córner; 2-0, min.42; 3-0, min.50; 3-1, min.53: Joel Pereiro culmina unha fermosa acción entre Juanjo Rabuñal e oBello; 4-1, min.85.
Malpica-VIllestro-Foto-Wash-Calvo-

Partido para olvidar por parte do Malpica a pesar de ter feito 40 bos primeiros minutos. Aguantou ben ata aí o equipo de Óscar, sen chegar, iso si, á meta rival, pero dous goles preto do descanso xa deixaron o partido bastante decidido. Non mellorou na segunda e nada máis saír os locais anotaban o terceiro. Só cunha fermosa combinación recurtaba o Malpica, pero sen fe na remontada.

Cunha calor axfixiante para os dous equipos os malpicáns non souberon como sacar adiante este partido.


Silleda - Corme (0-0)

Os cormelas quecendo en Silleda-Foto-Fin Lema Alejo con Suso da Torrina-Foto-Fin Lema
  • CORME: Suso, Dani, Jesús (Adolfo, min.46), Pandi, Alejandro, Diego (Joshua, min.80), Brais, Toniño (Josiño, min.70), Lucas, Juan Chans (Antonio, min.80) e Alejo.

Partido frouxo do Corme en Silleda, nun choque no que non faltou a Marea Azulona que sempre acompaña ao cadro cormelán. Pero non puido saír da zozobra prantexada polo equipo local. Os de Lentejo non puideron facer o seu xogo, nun partido moi trabado, con moitas interrupcións e sen grandes ocasións.

Iso si, un puntiño máis para o peto do equipo costeiro.


Silleda-Corme-Foto-Fin Lema

Aquí, o siareiro Fin Lema nos deixa unha das mellores ocasións para os cormeláns do partido:


Cordeiro - Sofán (0-0)

11 do Sofan ante o Cordeiro-Foto-SD
  • SOFÁN: Lerma, Sito, Javi Souto, Pablo Martínez, Félix Garrote, Míchel, Diego Maneiro (Martín, min.58), Iván Rojo, Eloy Boedo (Brais, min.70), Bertín (Luís, min.62) e Raúl (Marcos Pensado, min.89).
Eloy Boedo no Cordeiro-Sofan-Foto-SD

Meritorio empate a Sd no campo municipal de Valga ante un conxunto moi aguerrido. Se ben os sofanistas, ben arroupados por unha boa representación de siareiros, controlaron na primeira metade, a segunda foi de claro ton local, e tiveron que demostrar os costeiros que son un equipo moi ben armado en defensa.

As mellores ocasións para os nosos chegaban na primeira metade, destacando unha de Eloy Boedo cunha fermosa volea que repeliu o pau.

O baixón físico na segunda dos sofanistas foi acusado, pero a orde defensiva serviu para manter un puntiño e manterse aí arriba.


Bertamiráns B - Baio (0-2)

  • BAIO: Dani, Fachal, Mario, Norber (Yago, min.47), Eloy (Jose, min.65), Costiña, Martín (Alberto, min.77), Brais, Bieito, Christian (Santi, min.70) e MC.
  • Goles: 0-1, min.65: MC de penalti; 0-2, min.80: Brais nunha contra tras roubo e pase de MC.
Baio en Bertamirans-Foto-Santi Soneira

Ponse de líder este Baio confirmando o bo arrinque de campaña. Os de Félix venceron nun campo tan complicado como o de Bertamiráns ante un filial que puxo as cousas moi complicadas.

De feito, durante a primeira metade aguantou ben, cun Baio que quería combinar e tocar sen presa. Xa na segunda, o Baio foi polo partido e dous tantos de MC e Brais danlle unha vitoria que coloca de líder, con 10 puntos e un tanteo de 8 goles a favor e só 3 en contra, ao cadro baiés.

Aquí vemos os goles baieses da man de Santi Soneira.


Crónicas da 1ª

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Comentarios