Martes. 07.05.2024
El tiempo

Resultados e análise da primeira xornada de outono

Resultados e análise da primeira xornada de outono
Lira-Muxia x4-Foto-Luis Sanchez

Primeira fin de semana de outono e os campos da Costa seguen sumando partidos. Esta derradeira fin de semana de setembro os partidos xa van collendo tintes de importancia.

Comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport na que os nosos sumaron en casa. Non foi mala a xornada pero o Dumbría puido tela completado cunha vitoria pero o Negreira sacou un puntiño do Conco. Quedan agora, trala vitoria do XSC ante o Escairón, os dous equipos costeiros con 8 puntos, empatados co 5º clasificado.

E se hai dúas semanas era o Corme o líder da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, hoxe sobe ao máis alto do podio o Baio. Vencían os de Félix en Bertamiráns e se colocan con 10 puntos, empatados co Cordeiro e Flavia pero cun 8-3 en goles a favor que o pon de líder. Non pasaron do empate, soso e sen goles, o Sofán e o Corme nas súas saídas ante o Cordeiro e ante o Silleda, pero se manteñen entre os 5 primeiros. Ademais, o Malpica caía ante o Villestro con rotundidade quedando con só 2 puntos.
O partidazo da semana era o derbi, xa case que de urxencia, entre Soneira e Esteirana. Os vimianceses vencían cun claro 4-0 e saen da zona baixa deixando aos blaugranas de pechacancelas da categoría.

Igualadísima está a parte alta da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Ata 7 equipos con 9 puntos, e outros 3 con 7 trala 4ª xornada. É o Castriz, tralos 5 que lle endosou ao Cabana nas Redondas, o líder. Por abaixo, quedan sen sumar aínda Montelouro, Camelle e Carnota, e ollo ao Camariñas, con só 1 puntos despois de caer no derbi da Grixa, e ao Fisterra, con 2 puntos gracias ao seu empate ante o Baíñas.

Ponse o Lira só no máis alto da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira con 9 puntos tras superar, apuradamente, ao Muxía. Por detrás, con 7, Ameixenda, que vencía ao Castrelo, Coristanco, que descansaba, ambos cun patido menos, e Nantón, que desbancou ao Corcubión dos postos altos. Ademais, a xornada serviu para ver a primeira vitoria do Cerqueda, con rotundidade, ante un Laxe que suma só un punto, mentres o Muxía é o único sen estrear o taboleiro dos puntos.

A nova da semana na Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte protagonizouna o cadro dos Miúdos, que freou a un Dumbría que viña cunha marcha máis que o resto. Quedan agora os dumbrieses con 10 puntos, só un máis que o XSC, que venceu en Outes, e que a Esteirana, que daba conta do Cee. Os Muídos quedan con 7 puntos.
Mentres, no Liga Xuvenil Norte - MáisDeporte, Coristanco e Cabana seguen contando por vitorias os seus encontros, pero desta volta tiveron que sufrir para superar, pola mínima, a Porteño e Malpica respectivamente.

Triple derrota e comeza a facerlle falta unha vitoria aos equipos costeiros das ligas autonómicas, os tres cun só punto tras 3 xornadas. O Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría. que caía na casa. Tres cuartos do mesmo para o XSC na Liga Galega Cadete tras deixar marchar os puntos da casa ante o Lugo B, con igual resultado que os infantís dumbrieses ante a visita do Portuarios.

Impresionante arranque das Baleas na 1ª Cadete, con 3 de 3 e esta semana endosándolle 10 ao Sofán. Mentres, na 1ª Infantil son 2 os equipos con 9 puntos, Esteirana e XSC.

E para rematar, os Veteranos continúan en marcha. Xa non quedan equipos con pleno de vitorias, pois o Baio lograba empatarlle ao Hosgran, antigo Corcoesto, na 1ª División. Ponse o Soneira tamén con puntos.
Na 2ª División, a sorpresa é o novo San Isidro-Razo, xa líder trala súa goleada de escándalo ao Poniente, e con moi bos números, igual que o Agualada.


Preferente - Senra Sport, xornada 5

Dumbría 1-1 Negreira
Xallas StComba 1-0 Escairón

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 4

Villestro 4-1 Malpica
Soneira 4-1 Esteirana
Silleda 0-0 Corme
Cordeiro 0-0 Sofán
Bertamiráns B 0-2 Baio

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 4

Cee 1-3 Buño
Zas 2-1 Montelouro
Cabana 0-5 Castriz
Seaia 2-0 Carnota
Porteño 2-1 Camariñas
Camelle 0-2 Mazaricos
San Lorenzo 2-1 Ponteceso
Fisterra 1-1 Baíñas
Volantes 0-3 Outes

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 4

Ameixenda 2-0 Castrelo
Lira 2-1 Muxía
Nantón 2-1 Corcubión
Cerqueda 4-0 Laxe
  • Descansa Coristanco.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 4

Os Miudos 1-1 Dumbría
Esteirana 4-1 Cee
Outes 2-4 Xallas StComba
EF Corcubión 2-4 Fisterra
Castriz 3-2 Muxía

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 4

Cabana 3-2 Malpica
Laxe 2-3 Zas
Coristanco 2-1 Porteño
Baio 1-1 Ponteceso
Camariñas 3-2 Corme

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 3

Dumbría1-3Valmiñor

Liga Galega Cadete, xornada 3

XSC1-2Lugo B

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 3

Dumbría1-2Portuarios

1ª Cadete, xornada 3

Coristanco 1-5 Os Miudos
Esteirana 2-1 Cee
Outes 2-3 Fisterra
Ponteceso 2-2 Corme
As Baleas 10-0 Sofán
Baio 2-1 Muxía
  • Descansa Cabana.

1ª Infantil, xornada 3

Cabana 0-1 Xallas StComba
Cee 4-1 E.M.F. Vimianzo
Fisterra 11-0 Ponteceso
Corme 6-1 Coristanco
Esteirana 6-3 Zas
Outes 2-3 Os Miudos
  • Descansa Sofán.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 3

Bértoa 0-3 Dumbría
San Román 2-1 Cabana
Castriz 0-3 Laxe
Ponteceso 2-5 Soneira
Zas 4-1 San Lorenzo
Baio 1-1 Hosgran
  • Descansa Coristanco.
  • Xuv. Berg - Milagrosa aprazado.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 3

Dep. Carballo 2-1Sofán
Corcoesto 0-0 Camariñas S.D.V
Erbecedo 3-1 Cerqueda
San Isidro-Razo 12-1 Poniente
Buño 0-3 Malpica
Agualada 4-0 Nantón
Vimianzo 1-3 Leiloio
  • Descansa Porteño.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios