Primeira semana de outubro, que chega cargada de partidos, cun horario oficial xa ás 16:30h. E de actualidade, pois está pendente o curso de Adestradores de Carballo (a ver se hai ou non quorum, que logo sempre protestamos porque non se organizan actividades na zona), mentres a nova normativa de implantación de horarios xa está en marcha.
Pero hoxe toca repasar os máis de 60 partidos que temos para a fin de semana.
E comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos xogan en sábado e fóra da casa. Os de Canosa e Lobelos visitan as terras de Ferrol para enfrontarse a un Mugardos sorprendentemente líder, tras 4 vitorais e unha derrota. Non o terá máis sinxelo o equipo de Rubén Coméndez, que visita o campo do Castro, 6º clasificado, empatado a 8 puntos cos xalleiros.
Arrinca a 5ª xornada na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra co Baio líder. Un Baio que recibe a un Puebla en apuros. Os outros dous de arriba, Sofán e Corme, tamén xogan na casa e queren seguir sumando de 3 en 3. Máis difícil o terá, a priori, o cadro carballés, pois recibe a un Flavia que está 3º, empatado a 10 puntos co Baio, dous máis que sofanistas e cormeláns.
Por abaixo, as urxencias xa apuran a unha Esteirana que ten que fañar na casa, si ou si, ao Unión. O Soneira, pola súa parte, trala vitoria balsámica da semana pasada precisamente contra os blaugranas, visitan ao Cordeiro, tamén colíder. Mentres, o Malpica ten que vencer ao Silleda, para superalo na táboa e deixar a zona perigosa.
A xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra terá varios partidazos, como o que protagonizarán Cee e Zas, dous dos 7 líderes, no San Paio de Refoxos. Ademais, haberá que prestar atención ao segundo derbi camariñán da temporada, o Camariñas-Camelle, con certas urxencias en ambos conxuntos.
O partido máis interesante da xornada na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira será o Coristanco-Lira. O cadro bergantiñán quere recuperar un liderato ao que se aupou o equipo carnotán aproveitando o descanso dos primeiros a semana pasada. Será todo un choque de intencións.
Poucos enfrontamentos directos na Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte, pero polo Norte teremos un derbi Corme-Ponteceso apaixoante, mentres os líderes, Coristanco e Cabana, terán que sufrir nas súas visitas a Zas e á Ponte do Porto.
Terán que superar a mala sorte os equipos costeiros nas Ligas Autonómicas, mentres na 1ª Cadete As Baleas quere seguir no máis alto vencendo aos Miúdos, sendo a Esteirana e o XSC os que queren manter a posición de privilexio na 1ª Infantil.
E xa nos Veteranos terá o líder Hosgran unha boa pedra de toque ante o San Román.
| Mugardos | 04/10 - 17:00 | Dumbría |
| Castro | 04/10 - 17:30 | Xallas StComba |
| Esteirana | 05/10 - 16:30 | Unión |
| Malpica | 05/10 - 16:30 | Silleda |
| Corme | 05/10 - 17:00 | Bertamiráns B |
| Sofán | 05/10 - 17:00 | Flavia |
| Baio | 05/10 - 17:30 | Puebla |
| Cordeiro | 05/10 - 18:00 | Soneira |
| Cee | 05/10 - 16:30 | Zas |
| Montelouro | 05/10 - 16:30 | Cabana |
| Castriz | 05/10 - 16:30 | Seaia |
| Carnota | 05/10 - 16:30 | Porteño |
| Mazaricos | 05/10 - 16:30 | San Lorenzo |
| Ponteceso | 05/10 - 16:30 | Fisterra |
| Baíñas | 05/10 - 16:30 | Volantes |
| Camariñas | 05/10 - 17:00 | Camelle |
| Buño | 05/10 - 17:00 | Outes |
| Corcubión | 04/10 - 17:30 | Cerqueda |
| Coristanco | 05/10 - 16:30 | Lira |
| Muxía | 05/10 - 17:00 | Nantón |
| Laxe | 05/10 - 17:00 | Ameixenda |
| E.D. Os Miudos | 04/10 - 16:30 | Esteirana |
| Fisterra | 04/10 - 16:30 | Castriz |
| Dumbría | 04/10 - 17:00 | Muxía |
| Cee | 04/10 - 18:00 | Outes |
| Xallas StComba | 05/10 - 12:00 | EF Corcubión |
| Camariñas | 04/10 - 16:30 | Laxe |
| Porteño | 04/10 - 16:30 | Cabana |
| Malpica | 04/10 - 16:30 | Baio |
| Corme | 04/10 - 17:30 | Ponteceso |
| Zas | 04/10 - 18:30 | Coristanco |
| Pontevedra | 04/10 - 16:00 | Dumbría |
| Xuventude Oroso | 05/10 - 11:30 | Xallas StComba |
| Órdenes | 04/10 - 10:00 | Dumbría |
| Muxía | 04/10 - 10:30 | Ponteceso |
| Fisterra | 04/10 - 10:30 | Esteirana |
| Os Miudos | 04/10 - 11:00 | As Baleas |
| Cee | 04/10 - 16:00 | Baio |
| Cabana | 04/10 - 17:00 | Coristanco |
| Sofán | 05/10 - 12:00 | Outes |
| Xallas StComba | 04/10 - 11:00 | Outes |
| Sofán | 04/10 - 17:00 | Cee |
| E.M.F. Vimianzo | 04/10 - 18:00 | Cabana |
| Coristanco | 05/10 - 10:30 | Fisterra |
| Os Miudos | 05/10 - 10:30 | Esteirana |
| Zas | 04/10 - 16:15 | Corme |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 4
| At. Milagrosa | 05/10 - 09:30 | Coristanco |
| Soneira | 05/10 - 10:00 | Xv. Bergantiños |
| Cabana | 05/10 - 11:00 | Zas |
| Hosgran | 05/10 - 11:00 | San Román |
| Dumbría | 05/10 - 11:00 | Baio |
| Laxe | 05/10 - 11:00 | Bértoa |
| San Lorenzo | 05/10 - 11:00 | Ponteceso |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 4
| Sofán | 05/10 - 09:30 | Corcoesto |
| Poniente | 05/10 - 11:00 | Erbecedo |
| Camariñas | 05/10 - 11:00 | Vimianzo |
| Cerqueda | 05/10 - 11:00 | Dep. Carballo |
| Malpica | 05/10 - 11:00 | San Isidro-Razo |
| Nantón | 05/10 - 11:00 | Buño |
| Leiloio | 05/10 - 11:00 | Porteño |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).