Luns. 06.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Os Miúdos frean ao Dumbría mentres Coristanco e Cabana seguen firmes

Xuvenís: Os Miúdos frean ao Dumbría mentres Coristanco e Cabana seguen firmes
Cabana Xuvenil ante o Malpica-Foto-Luis Porto

Imbatidos seguen polo Norte Coristanco e Cabana, a pesar dos complicados partidos que tiveron esta fin de semana. 4 de 4, despois de vencer, non sen apuros, a Malpica e Porteño. Boas novas para a Liga Norte, que ve como se van igualando as cousas despois dunhas primeiras xornadas con demasiados goles. Ademais, o Camariñas sufriu pero superou ao Corme e queda metido no grupo de 3 primeiros, os dan acceso á Liguilla dos mellores.

O mesmo pasa no Sur, onde o poderoso Dumbría non puido bater as redes tecidas pola defensa dos Miúdos, colleitando o primeiro empate da temporada. XSC e Esteirana completan o trío de arriba, quedando a un só punto despois de vencer con relativa dificultade a Outes e Cee, e deixando aos Miúdos con 7 puntos.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 4

Os Miudos - Dumbría (1-1)

  • OS MIÚDOS: Ángel, Eloy, Anxo, Licerino, Yeray (Sauel), Airán, Miguel, Jorge Beiro (Tajes), Hugo (Martínez), Juanche (Cristian) e Samuel.
  • DUMBRÍA: Paulo, Roberto, Maikel, Canario, Jano, Yeray, Edu, Mauro, Marcote, Juan de Dora e Andrés. Tamén xogaron: Cabana, Charly, Luñis e Lucas.
  • Gol: 1-0, min.5: Juanche de falta; 1-1, min.15: Andrés tras un bo pase de Edu e un roubo de Jano.

Bos partidos os que está a facer estes Miúdos ante os grandes equipos da categoría, cun importante traballo táctico de Manu Senante buscando fundamentalmente buscando destruír a creatividade dos rivais. O partido foi un monólogo dumbriés, pero non puideron romper as luñas ben prantadas dos locais.

Adiantouse pronto o cadro muradán cunha fermosa falta de Juanche pero Andrés empataba de contado. Non se descompuxo o equipo local e seguía buscando as contras, como a que Hugo mandou ao pau nas primeiras xogadas. Samuel tivo varias tamén pero lle faltou puntería.

Tivo tamén o equipo da “#dobleL” (Lobelos e Leis) varias ocasións, como a que contra o final dispuxo Marcote que regateou ao porteiro pero o seu remate saíu pegado ao poste.

Esteirana - Cee (4-1)

  • ESTEIRANA: MJ, Sergio, Brais, Borja, Tiko; Damián, Adrián, Manu Yi, Áxel, Pablo e Juan.
  • CEE: Maikel, Iván, Borja, Jicho, Rubén, Xabier, Castillo, Chema, Isma, Yago, Xoán. Tamén xogaron: Pablo, Nanón, Marco, Tivi e Braisl
  • Goles: 1-0, min.25: Juan de vaselina ao porteiro; 1-1, min.37: Yago anota un golazo de falta; 2-1, min.77: Pablo na área pequena tras boa xogada local; 3-1, min.82: Manu Yi bate por baixo no man a man; 4-1, min.88: Juan a pracer dentro da área tras pase atrás.
  • Explusión: o local Sergio no minuto 70 por dirixirse a grada.

Os tres puntos que caeron do bando dos de Esteiro nun encontro dominado polos locais, os cales gozaron de numerosas ocasións, e que resolveron o partido, curiosamente, cando quedaron con 10 homes. Adiantouse o cadro local tras quedar Juan diante do porteiro e ante a saída deste, batelo por alto. O Cee acercábase a balón parado e así anotaba cun golazo de falta de Yago, que xa lanzara uns minutos antes outra falta á mesma escadra.

Pouco acerto da Esteirana que se ía para o descanso cun empate que sabía a pouco. Mesma tónica na segunda, marrando varias ocasións os azulgrana ata que Pablo poñía por diante aos locais en fermosa combinación. A partir de aí e a pesares de xogar cun home menos, resolveu o partido entres boas chegadas ante a pasividade da defensa ceense.

Demasiado calor no Xosé Luís Vara, facendo que os xogadores quedasen sen forxas ao rematar o encontro.

Outes - Xallas StComba (2-4)

  • OUTES: Yoel, Cutu (Serxio), Brión, Santi (Fabio), César, (Fran), Simón, Xurxo (Borja), Álvaro (Saúl), Samu, Adri e Veleiro.
  • XSC: Coke (Couto,min.46), Caamaño, Fabián, Rubén (Manu, min.66), Carlos, Adrián, Sergio, Pablo, Oreiro (Anxo, min.46), Tefi (Dani, min.90) e Chiqui (Isma, min.75).
  • Goles: 0-1, min.4: Chiqui de fermoso tiro pola escuadra; 1-1, min.22: Vele; 2-1, min.32: Adri; 2-2, min.50: Sergio de cabeza; 2-3, min.75: Tefi controla moi ben un pase en profundidade e define; 2-4, min.91: Dani aproveitando un rexeite do porteiro.

Partido moi igualado e disputado na tarde do sábado na que o XSC se atopou cun Outes moi traballado e ordenado que presionou e incomodou aos visitantes desde o comezo, e só puido decidir o choque na segunda metade aproveitando varios erros da defensa da Serra.

Sorprendiu Chiqui cun chut sorpresivo desde fóra da área que se colou pola escadra a pouco de comezar. A partir de aí os visitantes parece que se conformaron e o Outes veuse arriba favorecido polo seu acerto nas disputas aéreas e segundos balóns... e o gran desprazamento do seu porteiro Yoel. Deulle a volta ao marcador o cadro de Manu Roque tras unha boa primeira metade cos tantos de Veleiro e Adri.

Os de Santi Casal, no parón corrixiron os erros e saíron coa idea de arriscar e lograr a remontada. Así foi cos tantos de Sergio, que empataba pouco despois do descanso, e de Tefi, a 15 do final. Volvía o Outes verse por debaixo e apretou, pero só marcou Dani para poñer a puntiña sobre o pitido final.

EF Corcubión - Fisterra (2-4)

  • CORCUBIÓN: Abraham, Porto, Chava, Miguel, Pepo, Goche, Germán, Guille, Tito, Mario e Óscar. Tamén xogaron: Samu, Oca, Lolo e Joselu.
  • FISTERRA: Xosé, Iago, José (Iván), Breixo, Andrés, Gabi, Gabi3, Manute, Adri (David), Asier, Álex, David, Iván, Suárez (Breixo).
  • Goles: 0-1, min.20: Asier; 1-1, min.28: Tito; 1-2, min.39: Gabi3; 1-3, min.70 David; 1-4, min.75: Álex; 2-4, min.80: Tito.

Pouco que facer este novísimo Corcubión ante un Fisterra, aínda en formación, pero cun equipo máis armado. Aínda aguantou a primeira metade o cadro de Senra remontando o gol inicial de Asier. Pero antes do descanso, Gabi3 metía de novo por diante aos de Falito. Saíron decididos a sentenciar, e no ecuador, dúas xogadas de David e Álex acababan co choque.

Castriz - Muxía (3-2)

  • CASTRIZ: Víctor, Calvo, Cristian, Roy, Álex, Redondo, Balsa, Joni, Miguel, Roni e Luís.
  • MUXÍA: Hugo (Jose, min.65), Tomás (Jorge, min.70), Diego (Jualo, min.70), Andrés, Gerardo, Esteban, Marco, Ander (Iván, min.70), José, Víctor e Paulo.
  • Goles: 0-1, min.20: Ander; 1-1, min.30: Luís de cabeza a centro de Miguel; 1-2, min.60: Esteban; 2-2, min.85: Joni; 3-2, min.89: Joni.

Partido moi igualado, no que o Muxía mereceu máis dadas as grandes ocasións das que dispuxo. Arincou a primeira parte cun gol tempaneiro do equipo de Javier Lema, despois de que o porteiro local, Víctor, salvara dous man a mans moi claros. Repúñase o cadro de Alberto, e antes do descanso conseguía a igualada por medio de Luís.

Comezaba de novo o Muxía mandando na segunda e se colocaba por diante, puidendo ademais ampliar a renda con varios mans a man que non eran quen de aproveitar. Pasaban os minutos e parecía que cadro visitante tiña o partido dominado pero dúas internadas de Joni nos últimos 5 minutos desbarataron o traballo dos muxiáns.

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 4

Cabana - Malpica (3-2)

  • CABANA: Vázquez, David Varela, Grille, Laik (Mateo, min.69), Kevin (Raúl, min.73), Álex, David Muíño (Javi, min.65), Redondo, Oliver (Martín, min.75), Dani Reijía e Pablo (Cristian, min.64).
Malpica Xuvenil nas Redondas-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: David, Miguel, Sebas, Steven (Carlos, min.89), Jorge, Mouriño (Brais Álvarez, min.86), Cristian Villar, Xulián, Sergio, Adrián e Gende.
  • Goles: 1-0, min.39: Dani Reigía de xogada individual; 1-1, min.41: Gende aproveitando un fallo defensivo cabanés; 2-1, min.52: en propia, tras un saque de esquina perfecto, botado por David Varela; 2-2, min.72: Jorge remata co lombo un córner; 3-2, min.80: Alex de penalti.

Vai recuperando o pulso da competición o Malpica e o sábado prantou cara e mesmo mereceu máis ante o líder, o Cabana. Os malpicáns, despois dunha pequena revolución no vestiario feita polo míster Fernando Varela, imprimiron un ritmo moi alto, e non permitiron que os locais estiveran cómodos en ningún momento, e tiveron fases moi boas.

Apenas houbo chegadas de gol claras, sendo chave a mala sorte que tivo Steven, cun penalti cometido, algo dubidoso, e un gol en propia meta.

Laxe - Zas (2-3)

  • LAXE: Diego, Sergio, Uxío (Djamel, min.50), Galgo, Christian, Dani (Martín, min.77), Domínguez, Adrián, Elías, Iago e Nico.
Zas Xuvenil en Laxe
  • ZAS: Sergio, Julián, Rubén (Alberto, min.80), Brais, Darío, Cristian, Manu, Adrián (Juan, min.63), Samuel (Álvaro, min.53), Dani Mato (Boli, min.85) e Nadrés.
  • Goles: 0-1, min.2: Dani Mato; 1-1, min.20: tras unha falta lateral; 1-2, min.50: Dani Mato; 2-2, min.60: Adrián de gol olímpico; 2-3, min.72: Dani Mato de penalti.

Partido marcado pola calor en Laxe no que se adiantaba o equipo visitante dirixido por Martín, da man dun Dani Mato espléndido, sendo o protagonista do partido co seu hattrick. Pero os primeiros minutos eran de control local, buscando ás costas da defensa zaense e creando perigo.

Pronto empataba o equipo de Toni, pero o Zas volvía pegar nada máis volver dos vestiarios. De gol olímpico empataba o Laxe, con aínda media hora por diante. E foron aí os mellores minutos do cadro visitante, aproveitando o baixón físico dos laxense, e tras varias boas combinacións, culminou Dani Mato o seu partido co gol da vitoria tras un penalto cometido sobre el mesmo.

Coristanco - Porteño (2-1)

  • CORISTANCO: Alberto, Navarro, Iván, Suso, Sergio, Varela, Corral, Bértoa, Manuel, Joni e Gabriel. Tamén xogaron: Mol, Anido, Chiqui, Jorge e Cristian.
  • PORTEÑO: Brais (José M., min.80), Dani (Martín, min.80), Aarón, Bruno, Gonzalo, Oli, Robi (Mario, min.46), Xoel (Jordi, min.60), Rodry, Carlos (Matías, min.30) e Maikel.
  • Goles: 1-0, min.1: Varela; 1-1, min.19: Maikel de penalti; 2-1, min.77: Joni.

Partido igualadísimo na Rocheira, cun gran ambienta, entre un Coristanco algo máis enriba e un Porteño que preferíu aguantar atrás. Pero non lle chegou aos de Ordóñez e na segunda o empurre dos locais premiounos cun tanto, que, iso si, puido ser perfectamente falta ao porteiro, un Brais que acabou lesionado nesa xorgada despois de facer un partidazo.

Comezaba Varela marcando nada máis sacar de centro para os de Lorenzo. Pronto empataba o Porteño cun penalti de Maikel. O cadro local levaba o peso do partido e os da Ponte mantíanse pechados atrás, pero aínda así chegaron algunhas ocasións, como un par de tiros ao pau de Corral e unha chegada de Manu.

A xogada decisiva chegaba a 15 para o final, cando unha máis que posible falta ao porteiro deixaba a Brais tendido sobre o terreo de xogo, e despois de varios rexeites, co porteiro tirado, o balón remataba en gol. Tivo que saír de feito lesionado o meta da Ponte, pero o colexiado non viu nada.

Baio - Ponteceso (1-1)

  • BAIO: Julián, Pablito, Michi, Jose Antonio, Rai, Alberto, Paco, Javier, Alfonso, Santi Moreira e Fariña.
  • PONTECESO: Santos, Adrián, Rubén, Pablo Regueiro, Ismael, Sergio, Iván, Pedro, Eloy, Pablo Paulos e Esteban. Tamén xogaron: Mourelle, Busto, Óscar, Javi Fandiño e Diego Pérez.
  • Goles: 0-1, min.60: Sergio culmina unha contra pontecesá; 1-1, min.72: Santi Moreira.
  • Expulsión: o local Jose Antonio (min.72)

Tarde de sol e tarde de fútbol no Platas Reinoso en Bai, e outra xornada máis na que o Julio Vila só pudo dispoñer de 11 xogadores…

Saíu apretando o Ponteceso desde os primeiros minutos cun 4-3-3 en avanzado o cal respostaba o CDBaio cun un posicionamiento 4-1-4-1 intermedio a replegado. Foi toda a iniciativa para os visitantes, que cun fútbol combinativo intentantaba romper as pechadas liñas do Baio ao que unhas veces a fortuna, outras o bo traballo defensivo e as accións do porteiro Julian evitaban ir por baixo no marcador.

Mais do mesmo no segundo tempo e xa darredor do minuto 20 conseguiu adiantarse o Ponteceso cun tiro de Sergio desde fóra da area e que facóa xusticia ao acontecido ata o momento. Dou un paso adiante o Baio e entre o cansanzo duns e outros e a fortuna conseguiu o empate por medio de Santi Moreira.

Resultado que xa non se movería ata o final, a pesares de quedar con dez o Baio por mor dunha expulsión nos minutos finais, e do arreón final do Ponteceso máis por desesperación que por fútbol. Punto de ouro para locais que conseguen estrearse nunha campaña que vai ser moi longa. E punto que sabe a pouco para os de Carracedo.

Camariñas - Corme (3-2)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Juan, Pose, Miguel, Sergio, Álvaro, David, Chikotiño, Espi, Javi e Dani. Tamén xogaron: Facundo, Brais e Chuki.
  • CORME: Fran, Sergio Fariña, Rubén, Koeman, Cristian, Eloy CR, Isma, Quique, Isaac e Bruno. Tamén xogaron: Samu, Eloy Villar, Ian e Mikel.
  • Goles: 1-0, min.4: David; 2-0, min.15: Javi; 3-0, min.20: Espi; 3-1, min.40: Eloy CR; 3-2, min.80: Mikel.

Bonito partido en Camariñas entre dous equipazos. Un gran Corme prantou cara durante todo o partido pero este Camariñas ten moi boa pinta e o supera na clasificación.

Comezou mellor o Camariñas de Luís da Kecha e Javi Baña, marcando pronto e ampliando a vantaxe nunha gran media hora inicial. Pero os de Lelo fóronse metendo no partido e antes do descanso recurtaron. Foi súa a segunda pero tardaron en recurtar ata o minuto 80 e despois foi imposible acadar a remontada.

Crónicas dos Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios