Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Lira ponse ao mando

3ª Autonómica: O Lira ponse ao mando
O Lira ponse de lider-Foto-Luis Sanchez A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

Descansaba o Coristanco e o Lira non desaproveitou a ocasión para colocarse de líder. Superaba, con apuros, a un Muxía que malia non ter estreado o taboleiro de puntos, está dando boas sensacións.
Por detrás dos lirachos colócanse 3 equipos con 7 puntos. Ademais do Coristanco, o Ameixenda de Manolín aínda non perdeu partido, e soubo aguantar o seu momento para superar a un Castrelo moi intenso, que promete un bo ano. Completa o trío de perseguidores o Nantón, que vencía a un Corcubión que vai de máis a menos.


3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 4

Ameixenda - Castrelo (2-0)

Mateo intenta chutar no Ameixenda-Castrelo_Foto-Alberto Conde
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge, Javichu, Bruno, Iván, Álex (Antón Lestón, min.80), Momaño, Diego (Camacho, min.75), Demetrio (Mateo, min.46), Borja e Víctor.
  • CASTRELO: David Buxantes, Marcos, Pichón (Luís, min.8), Darío, Víctor, Quintáns, Edreira, Roi (Raúl, min.46), Israel (Lucho,m in.83), Adri Ozón e Styven.
  • Goles: 1-0, min.85: Víctor; 2-0, min.88: Antón Lestón.
  • Lesión: o local Rioliño rompeu o peroné e o visitante Pichón.

Pelexou moito este bo Castrelo de Roland Caamaño pero non conseguiu sacar nada do San Paio de Refoxos. En fronte estaba un Ameixenda moi ben formado, xa coa sinatura Manolín, que permite que Óscar non recibe moita chegada.
Así e todo tardou o Ameixenda en romper a igualada ata os últimos instantes, coa calidade dos corcubioneses Víctor e Antón Lestón. E iso que o Castrelo notou a lesión do seu central Pichón. Pero a intensidade dos vimianceses sorprendeu a todos.

O Ameixenda trataba de combinar, de facer un fútbol alegre, e ao final viuse recompensado pola súa proposta valente. Os vimianceses, satisfeitos co seu traballo pero lamentando o resultado, criticaron algo a actuación arbitral.

A mala nova da tarde protagonizouna Rioliño, que rompeu o peroné. Toda a parroquia ceense lle envía unha forte aperta, ao igual que a redacción de Deportes de QPC.

Riolino rompeu o perone-Foto-Alberto Conde

Lira - Muxía (2-1)

Lira-Muxia x4-Foto-Luis Sanchez
  • LIRA: Trozo, Eloy (Iago, min.84), Pedro Suárez, Chindo (Pacheco, min.72), Miki, Pata, Demetrio, Adrián Porto (Adrián León, min.60), Javi Carnota (Mauro, min.70), Manu (Cibrán, min.87) e Yanki.
  • MUXÍA: José Antonio, Pataca, Currás, Martín, Man (Ruso, min.35), Javi, Víctor (Andrés, min.70)Iván, Gerardo, Peski e Rubén (Tomás, min.55).
  • Goles: 1-0, min.10: Manu; 1-1, min.75: Javi de falta; 2-1, min.88: Manu.

Partido tremendamente disputado en Lombáns, que non se decidiu ata o último suspiro, cun Manu fantástico na definición para os lirachos. Adiantábase pronto o Lira, pero o Muxía mantiña o pulso ao partido. De feito, empataba cando quedaban 15 minutos, pero ao Lira aínda lle quedaron arrestos para ir polo partido e Manu marcaba case sobre a bocina.

Queda o Muxía sen puntuar tras 3 partidos, pero unha clasificación que non reflexa a boa proposta de Suso.

Despois do debut de Pacheco, Lira pensa xa na súa próxima fichaxe para a parte de arriba, Pesco, ex do Outes, que probablemente se incorpore pronto ao equipo liracho.

Debutaba Pacheco no Lira-Foto-Luis Sanchez

Nantón - Corcubión (2-1)

  • NANTÓN: Guillermo, Lareu, Carlos (Eloy, min.64), Félix, Diego, Carlos Vidal (Martín Bardanca, min.74), Amado, Luís, David e Iván.
  • CORCUBIÓN: Fía, Trillo, Gabi, Javi, Marcos (Rubén, min.55), Alberto, Sebas, Alan, Gorka (Javi, min.30), Toja e Coiro (Mini, min.75).
  • Goles: 0-1, min.4: Alan; 1-1, min.27: Luís; 2-1, min.37: Luís.

Bo partido nas Conchiñas que supón a primeira vitoria para os locais. Nos primeiros minutos o Corcubión saía mellor posicionado no campo e coas ideas máis claras, o que poñía en serios apuros a zaga do Nantón. Así chegaría xa no minuto 4 o gol visitante, cun bo tiro de Alan dende o pico da área que entraba moi axustado ó longueiro e ó cal Guillermo non puido chegar a despexar. Pouco despois o propio Alan tería unha ocasión moi clara para facer o 2-0, no cal o dianteiro se planta so diante de Guille, quen lle gana o man a man desviando o balón a corner facendo o paradón do partido que puido cambiar as tornas do mesmo.

Metíase o Nantón pouco a pouco no choque. Luís avisaba cunha das súas internadas na área, e de contado facía o empate e 10 minutos despois facía o 2-1 superando á feble e nova defensa corcubionesa.

A segunda moi moi igualada, con fases do encontro para os dous equipos. Luís puido ampliar a renda e o Corcubión puxo en apuros nos minutos finais cun saque lonxano de falta, e cun disparo dende a frontal, pero ambos marcháronse polo lateral da portería defendida por Guille.


Cerqueda - Laxe (4-0)

Cerqueda-Laxe-Foto-UD
  • CERQUEDA: Ángel (Rubén, min.75), Pailos, Pablo, Sergio, Javi Pazos, Dani, Uru (Xabi, min.58), Dani Añón (Gesto, min.51), Darío, Martín (Juanjo, min.70) e Jacobo (Javi, min.60).
  • LAXE: Anxo, Aarón (Santi, min.80), Iván, Roberto, Dani, Djamel (Christian, min.46), Adrián Lema, Elías, Borja, Manu e Gaga.
  • Goles: 1-0, min.4: Martín; 2-0, min.20: Jacobo; 3-0, min.80: Pailos; 4-0, min.90: Darío.
  • Expulsións: os laxenses Gaga por queixarse, e Zurich por protestar lixeiramente a o preparador físico Josito.
Gol do Cerqueda ante o Laxe-Foto-UD

Rompíase moi cedo o partido co gol de Martín para un Cerqueda que necesitaba unha vitoria despois de 2 empates sen goles. Quedaba o Laxe a mercé do cadro local, que controlou o choque, ampliou a renda na primeira por medio de Jacobo e alguna ocasión máis, sobre todo despois de que o colexiado comezara o seu festival de expulsións.

Un Laxe que protestou a actuación arbitral, que acabou expulsando a 3 xogadores laxenses, e que o cuarto gol foi en claro fóra de xogo.
Deu o callo o cadro visitante a pesar de estar con 9 sobre o campo, e tiveron varias ocasións para recurtar, pero foi o Cerqueda o que sentenciaba contra o final. Queda o Laxe de Chamy e Josito cun só punto.

Javi debutou co Cerqueda

Crónicas da 3ª Autonómica

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Comentarios