Venres. 20.09.2024
El tiempo

Balonmán: Concentracións, torneos, Fases finais e partidos para unha completísima semana

Balonmán: Concentracións, torneos, Fases finais e partidos para unha completísima semana

Completa vén a semana relativa ao balonmán costeiro. Hoxe volvemos recoller as crónicas do Bm. Xallas, pero é que ademais dos choques do Xiria e do xa campión Bm. Camariñas, temos que falar da concentración infantil de balonmán provincial, así como do III Handball Festival.

 

Concentración provincial

Concentracion provincial de balonman infantil feminino en Santa Comba

Acollía este pasado sábado o pavillón de Fontenla un adestramento da Preselección Provincial da categoría Infantil Feminina de balonmán. Unha nutrida presencia de deportistas costeiras entre as escollidas:

  • Eb Xiria: Nina Pereira Abelenda, Lara Otero e Alba García López.
  • Bm. Xallas: Miriam Capelo Muñiz, Antía Oreiro Martínez, Maitena Lois Rieiro, Julia Pereira Facal, Aida Varela Balsa.
  • Bm. Camarilas: Carolina Pasantes Castro, Nerea Santos Castro, Yanira Barcia ALonso, Bineta Thiam.
 

Fase Final

Esta fin de semana, de viernes a domingo, Santa Comba será a capital do balonmán galego. O equipo Infantil Femenino xalleiro disputa a fase final a División de Honra.

 

III Handball Festival

Carballo Handball Festival 2017

14 equipos, 56 equipos nas diferentes categorías (Benxamín, Alevín e infantil masculino e feminino), un total de 645 participantes entre xogadores e entrenadores, estableceranse no en Carballo para gozar durante tres días do deporte do balonmán. Algúns chegados de Portugal, Barcelona, Oviedo ou Xixón, que participarán entre o 13 e o 15 de Abril nesta terceira edición do torneo internacional Carballo Handball Festival. Unha verdadeira festa do balonmán de base na Semana Santa de 2017, atraendo centos de familias á capital carballesa.

 

1ª Estatal, xornada 25

  • Resultado: C. Castro Bm Porriño - Calvo Xiria (25-21)
  • CALVO XIRIA 21 (11+10): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Brais Puñal, Pablo Iglesias (2), Uxío Batán, Sergio Facal, Gonzalo Pombo (2), Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez (2), Julián López, Hugo Rodríguez (6), Martín Alfeirán, Jorge Bouzas (4), Manuel Méndez (1), Miguel Suárez-Pumariega (2), Juan Carlos Rodríguez (1).
Calvo Xiria en Porrino Calvo Xiria en Porriño

Queda sen marxe o Calvo e xa non pode fallar se non quere perder o título cando quedan 5 xornadas por diante. A derrota no Porriño por máis de tres goles deixa ao conxunto carballés cun só punto de diferenza co segundo e dous co terceiro e cuarto, cos que si ten gañado a diferenza de goles, o que lle da a clasificación matemática para a fase de ascenso acadando oito dos dez puntos en xogo.

O sábado o equipo verdinegro estivo demasiado estático, e os erros no lanzamento en momentos clave permitiron aos pontevedreses alonxarse e manexar os tempos do partido.
Agora quedan 5 finais para os carballeses.

 

1ª Autonómica masculina, x.20

  • Resultado: Bm. Camariñas - SAR Redondela (30-21)
  • Bm. Camariñas: Víctor (p), Cristian (p), Alan (1), Fari (3), Eusebio (3), Fabián (5), Checho (12), Fabio, Catalán (5), Héctor (3), Fran, Antelo (4), Diego e Xabi (4).

Non para este Camariñas, e xa co seu terceiro título de campión da 1ª Autonómica no peto, non quere frear a súa marcha para afrontar con inercia a fase de ascenso. Arrasou na primeira metade o cadro camariñán que só permitiu 2 goles na meta de Víctor nos primeiros 15 minutos. Na segunda metade, Juan Ramón, xa pensando na fase Estatal, dedicouse a facer probas con ataque de 7 sen porteiro e outras variables para ter máis versatilidade no xogo, o que fixo que o partido fose aburrido e pouco vistoso, sobre todo na segunda metade.
A próximo fin de semana o Camariñas desprázase a Coruña para xogar contra o Bm. Ártabro.

 

2ª Autonómica, xornada 18

  • Resultado: Bm Xallas - Bm Lavadores (22-27).

Acollía o pavillón de Fontenla un partido duro ante todo un Lavadores, equipo vigués que marcou o ritmo do partido moi intenso dende o comezo. A entrega e vontade xalleiras conseguiron manter aos locais no partido, sen grandes diferencias no marcador, e mesmo colocándose con 2 goles de vantaxe a falta de só 7 minutos para o final, gracias ás paradas do meta xalleiro, e ás contras que propiciaban.

Pero un tempo morto permitíalles ordearse en ataque e os vigueses conseguiron dar a volta e sentenciar, ante un cadro xalleiro aínda en construción que está facendo ben as cousas a pesar de levar apenas 2 vitorias en 18 partidos.

 

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas deste curso

Outras novas

Fonte

Comentarios