sábado. 22.03.2025
El tiempo

Balonmán: De volta á fácil senda da vitoria

Balonmán: De volta á fácil senda da vitoria
Calvo Xiria ante o SAr 2

Non sufriron nin Calvo Xiria nin Bm. Camariñas nos seus choques desta xornada. Os equipos conserveiros manteñen as distancias cos seus perseguidores liderando as táboas.

 

1ª Estatal Masculina, x. 20

  • Resultado: Calvo Xiria - Sar Plastic Omnium (33-16)
  • CALVO XIRIA 33 (15+18): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Brais Puñal (1), Pablo Iglesias (2), Andrés Vila, Uxío Batán (2), Sergio Facal (1), Gonzalo Pombo, Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez (2), Julián López (5), Gabriel Castiñeiras, Hugo Rodríguez (3), Martín Alfeirán (8), Jorge Bouzas (8), Manuel Méndez.

Tremenda paliza que endosou o Calvo ao equipo santiagués. Partido que comezou a medio gas, pero os carballeses subiron de marcha aos 15 minutos, e a base de intensidade demostraron a súa total superioridade. Soubo marcar o ritmo, evitando as contras, conseguindo romper o partido á volta dos vestiarios.

Con esta vitoria, mantén a vantaxe o cadro carballés sobre Porriño e Lalín.

????????????????????????????????????  

1ª Autonómica masculina, x.15

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Culleredo (27-22)
  • Bm. Camariñas: Cristian (p); Alan (2), Fari (8), Fabián, Eusebio (1), Chechu (3), Moncho, Fabio (1), Catalán (4), Héctor (2), Fran (1), Antelo (2), Diego (1) e Xabi (2).

Enfrontábanse no Areal o líder Camariñas e o 2º clasificado, o Bm. Culleredo, nun partido moi diiputado desde o minuto 1. Empezu moi ben o Conservas Boya impoñendo a súa rapidez, marchando no marcador ata un 6-1. Parou o partido o adestrador visitante, que recompuxo liñas, aumentando a solidez defensiva, levando ao ataque camariñán ao centro da defensa, onde unha e outra vez estrelaba os seus ataques contra a gran envergadura da defensa visitante, non conseguindo facer máis que tres goles nos 20 minutos e pico restantes, pasando o marcador dun favorable 6-1 a un 9-11 no descanso.

No segundo tempo saíu o Camariñas de novo arroiando cun parcial de 7-1, tendo que pedir de novo o adestrador visitante dous tempos mortos case seguidos, xa que eran incapaces de parar o rapidísimo ataque conserveiro, que cun maior fondo de banquiño foi minando a resistencia defensiva do Culleredo, que xa nos minutos finais maquillou o resultado.

A próxima fin de semana desprázase o Camariñas a Tui, partido trampa, xa que o Tui é colista, pero está facendo moi bos partidos e seguro que non vai terminar a liga nesta posición.

 

1ª Autonómica feminina, 2ª fase, xornada 2

Comentarios