Balonmán: O Calvo responde
Foi protagonista da fin de semana o Calvo Xiria cunha gran vitoria na casa ante todo un Bm. Chapela e diante da súa afección. Pola contra, o Bm. Camariñas non amosou a súa mellor cara en Vigo, e reflexiona sobre o esforzo individual de cada xogador.
O Calvo queda 4º a 1 do propio Chapela e a 3 puntos do líder desta 1ª Estatal (Lalín), mentres que o Camariñas cae á 11ª praza, 2 sobre os postos de perigo.
Lavadores - Bm. Camariñas (32-27)
- Bm. Camariñas: Cristian (p), Félix (p), Alan 82), Borja, (3) Cristian Canosa (6), Alberto (5), Fabio, Fran (1), Cristian Antelo (3), Diego Alonso (2), Fabián (4) e Xabi (2).
Un 6-0 de inicio a favor dos vigueses marcou o choque. Os de Moncho Canosa tiveron que ir sempre a remolque, o que unido ao desacerto en todas as facetas, fixo que os camariñáns volvesen sen premio. Non foi por gañas e esforzo, que fixeron que o Camariñas se colocase 2 abaixo, pero a páxara nada máis comezar a segunda parte permitiu que os locais se marchasen 9 arriba. Conseguiron repoñerse de novo e colocarse a 3 pero o Lavadores soubo ler o partido.
O próximo partido o sábado ás 18,30 na Ponte do Porto ante o Oar Coruña.
Calvo Xiria - Bm. Chapela (34-30)
- Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila, Carlos Vilanova (5), Gabriel Castiñeiras, Julián López (2), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (10), Hugo Rodríguez (3), Juan Carlos Rodríguez (5), Manuel Méndez (4), Jorge Bouzas (4), Sergio Facal, Alejandro Calvete (1).
Partidazo o vivido no Vila de Noia cunha fantástica entrada. O Chapela pelexou ata o final, comezando unha gran primeira metade onde os ataques se impuñan ás defensas. Os visitantes lanzaban dene lonxe e os locais combinaban ás mil marabillas para marchar empatados ao descanso.
Mellorou en defensa o cadro carballés na segunda, o que permitíu a clave do partido: sacar a velocidade nas contras. Pronto colleron 3 goles de vantaxe os locais que souberon administrar durante os últimos 20 minutos ás mil marabillas.
Máis información
Crónicas da tempada
- X.5: O Bm. Camariñas presentouse en casa en clave de festa.
- X.4: Doble derrota conserveir.
- X.3: En zona nobre.
- X.2: A primeira saída depara unha vitoria e unha derrota para os costeiros.
- X.1 :Calvo e Conservas empezan a campaña na 1ª Nacional con sendas vitorias.
Novas relacionadas
- Maio 2017: Un equipo que venderá a súa praza acabou co soño do ascenso do Calvo Xiria.
- Maio 2017: Balonmán: O Bm. Camariñas conseguiu en Valladolid un histórico ascenso á 1ª.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).