Balonmán: Sábado de afeccións
Tremendo como está o Bm. Camariñas. Este sábado, a afección encheu de intensidade o pavillón da Ponte do Porto e levou en volandas a uns xogadores que deixaron a pel ata o último suspiro para levar a vitoria neste derbi provincial ante o OAR, e deixar ao equipo na 9ª praza e romper unha serie de 3 derrotas seguidas.
Pola súa parte, o Xiria sumaba unha sufrida vitoria na Cañiza que lle permite ascender a postos de podio. Pero o máis foi a unión entre as cadetes do Bm. Xallas e o Calvo Xiria, que uniron cores e sentimento para loitar contra os pontevedreses.
Para a semana, derbi en Carballo entre Xiria e Boya o sábado ás 18:00h.
As Cadetes do Bm Xallas apoiaron ao Calvo Xiria na CañizaBm. Camariñas - OAR Coruña (30-29)
- Bm. Camariñas: Cristian Vigo (p), Félix (p), Alan (2), Cristian Canosa (2), Eusebio (2), Borja (2), Fabio (1), Alberto (5), Fran Carril, Cristian Antelo (3), Diego Alonso (1), Fabián (5) e Xabi.
Espectacular partido nun ateigado de xente e ruído Pavillón de Ponte do Porto. Dende o comezou saltou o cadro de Moncho Canosa marcando o ritmo do partido baseándose nunha gran defensa e moi boas paradas. Defensa aguerrida que permitía rápidas contras para marcharse con ata 6 goles de vantaxe.
As baixas de Borja e Xabo mermaron o potencial físico dos locais, que chegaron moi xustos ao treito final, e viron como o OAR se achegaba perigosamente no marcador. Púñase o cadro herculino a 1 a falta de 12 segundos pero os conserveiros conseguiron aguantar o balón e sumar dous puntos fundamentais.
Bm Saeplast Cañiza - Calvo Xiria (26-29)
- Calvo Xiria: 32 (13+19). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila (2), Carlos Vilanova (6), Gabriel Castiñeiras, Julián López (1), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (3), Hugo Rodríguez (2), Juan Carlos Rodríguez, Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (6), Sergio Facal (3), Alejandro Calvete (1).
Traballada vitoria do Calvo Xiria na Cañiza. Os visitantes levaron sempre a iniciativa con 3-4 goles de vantaxe, pero os locais nunca se foron do partido e non permitiron relaxarse aos carballeses. Tardou en atopar unha boa defensa o Calvo e sufríu cando quedou con 4 en pista por unha expulsión.
Quedaban aínda 10 minutos cando o cadro local empataba o partido, que se puña quente, e que enfrontaba á afección local, coas bravas cadetes do Bm. Xallas que se volcaron animando aos seus veciños (e compañeiros de cores) carballeses. Fermosos minutos de tensión deportiva e gran ambiente nos que os carballeses souberon sufrir e aguantar o seu momento para sumar a vitoria.
A vitoria deixa aos verdes en postos de podio, 3º empatados co At. Novás (2º) e a 3 puntos do intratable Lalín, que suma 7 de 7.
Máis información
Crónicas da tempada
- X.6: O Calvo responde.
- X.5: O Bm. Camariñas presentouse en casa en clave de festa.
- X.4: Doble derrota conserveir.
- X.3: En zona nobre.
- X.2: A primeira saída depara unha vitoria e unha derrota para os costeiros.
- X.1 :Calvo e Conservas empezan a campaña na 1ª Nacional con sendas vitorias.
Novas relacionadas
- Maio 2017: Un equipo que venderá a súa praza acabou co soño do ascenso do Calvo Xiria.
- Maio 2017: Balonmán: O Bm. Camariñas conseguiu en Valladolid un histórico ascenso á 1ª.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).