Basket: O Carballo a un paso celebra un meritorio subcampionato galego nunca completa fin de semana
Xornada completa de baloncesto costeiro, con doble foco de atención, en Cee e Carballo.
Malos resultados en xeral para os equipos do ACB Costa da Morte no tramo final e mais decisivo da temporada, onde so podían contar como vitoria a do infantil femenino, que dá grandes mostras de melloría.
Mentres por Carballo, catro vitorias e dúas derrotas é o balance dos colexiais do Artai. Arrincaba a xornada cunha derrota o venres, a dos benxamíns, e finalizaba con outro tropezo, o dos cadetes na Copa. Polo medio todo triunfos, cun apartado especial para as cadetes na segunda xornada de Copa e sobre todo o dos infantís, capaces de sumar o seu terceiro triunfo de forma consecutiva e seguir soñando coa permanencia.
Entre as novas máis destables da semana, cómpre sinalar que o equipo Senior Masculino da Escola Basket Xiria, Carballo a un paso, rematou a competición como subcampeón Galego en 2ª División. O partido de volta da final ante o Bosco Salesianos, foi complicado e os carballeses sucumbiron por 69-45, pero aínda así celebraron unha campaña memorable.
Familia ACB
Copa Sénior Masculina, Ida
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – FUCOBET BETANZOS (35-90).
- ACB: Manu (6), Lucas, Déril (4), Sergio (7,1T) e Cristian (2) – cinco inicial – Pais (7), Tinín (1), Adrián (5), Nefri (3,1T) e Luciano.
A mala sorte no sorteo fixo que o equipo ceense se topase no camiño do mellor equipo da competición e medio centenar de afeccionados no pavillón de Brens apenas disfrutaron do xogo do equipo costeiro que se viu superado en todo momento polo derroche físico e baloncesto moi superior do equipo betanceiro.
Na primeira metade a boa condición física do equipo ceense lle permitiu, aínda que perdendo o descanso 17-34, non perder de todo a cara o encontro pero na segunda parte a desesperación de verse superado en todos os aspectos do xogo e un mal inicio que aínda lle daba mais vantaxe o equipo visitante deu lugar a que so un equipo xogase a algo durante o tempo que restaba. O equipo de Betanzos un dos lideres da terceira división galega non mostrou clemencia e non parou de anotar en case cada xogada hasta levarse unha avultada vitoria a domicilio e deixar a eliminatoria sentenciada a falta do partido de volta que se disputara en Betanzos esta próxima fin de semana.
2ª División Infantil Feminina - Copa Primavera
- Resultado: FERROATLANTICA ACB – ESCOLA BALONCESTO XIRIA (35-27).
Vitoria importantísima e máis que merecida das pequenas do ACB. Comezaba o sábado pola maña a copa primavera 2015 con nada menos que un derbi nesta categoría. Tras un pequeno cuarto igualado as ceenses melloraron en defensa e con rápidos contraataques conseguiron levar o partido o descanso con catro puntos arriba. Trala reanudacion o nivel das costeiras aínda subiu mais de nivel e aumentaron a renta a doce puntos de vantaxe que superon administrar ata o final do encontro.
Enorme encontro das pequenas, sobre todo en defensa, que deixou o equipo carballés moi doído psicoloxicamente e con algún acto de pouca deportividade o final do partido.
Cadete Feminino, Copa Primavera
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – BASKET CORUÑA LEYMA (19-85)
Pouco puideron facer as rapazas adestradas por Pais nun partido marcado polo enorme nivel de baloncesto despregado polo equipo visitante. As múltiples vías de auga, sobre todo en ataque, fixeron que as pequenas so puderan asistir en primeira persoa os contragolpes do equipo coruñés, que anotaban con moitísima facilidade.
Junior Feminino - Fase de Ascenso Norte á 1ª División
- Resultado: ES BAZARRA ACB COSTA DA MORTE – PONTUMIO IRIS SOC (28-93).
Mal partido das júnior que seguen acusando o mal final de temporada regular e nada puderon facer para facer fronte o enorme nivel de baloncesto do equipo visitante, que fixo valer o seu enorme potencial físico e grandes movementos co balón.
A próxima semana mediranse tamén na casa a Calasancias, un rival mais asequible e co que estiveron loitando toda a temporada, buscando a primeira vitoria que lles acerque os postos de cabeza e non perder o tren que lles leve a primeira división galega.
Familia Artai
Liga galega Infantil Masculina, xornad 18
- Resultado: CB ARTAI - INSTITUTO ROSALÍA (63-58).
- Parciais: 24-10; 40-33; 44-46; 63-58
- CB ARTAI ( 24 16 4 19): Nión (4), Carlos (14), Manu García (11), Manuel Abelenda, Rubén Souto, Edu (6) ,Juan Pérez (15), Pablo Otero, Mario (11), Javi (2), Iago e Marco.
Nova vitoria dos infantís, a terceira de forma consecutiva, tralas dous anteriores logradas ante Sologas de Ferrol e o Mobles Vitoria de Ou Barco. Esta semana o meritorio triunfo lográbano ante un dos equipos que está pelexando por disputar a fase de ascenso e con esta nova vitoria comprimen toda a clasificación, con nada decidido a falta de catro xornadas para o final.
Saíron como un vendaval os locais cun primeiro cuarto para enmarcar; cando os santiagueses déronse conta, ao final do cuarto, perdía por catorce puntos, cun gran xogo coral dos locais,cunha porcentaxe de acerto espectacular e co dominio dos taboleiros dun sensacional Mario (19 rebotes para o pivot local). Pero tras ese arranque fulminante, o xogo foise igualando, as canastras ían chegando a contagotas nos dous seguintes parciais, arrincando o cuarto decisivo dous por abaixo os de Iván (44 a 46) .Pero neses dez minutos, os locais volveron dar outra lección de entrega e de bo xogo que lles permitía sumar a vitoria, a terceira de forma consecutiva.
Cadete masculino - Copa Primavera - Ida dos Oitavos
- Resultado: CB ARTAI - BÁSQUET CORUÑA 00 (52-62).
- PARCIAIS: 15-18; 22-35; 33-52; 52-62.
- CB ARTAI (15 9 11 17): Luciano (13),Jota (15), Adrián (2), Santi Rei (2), Pablo (8), Santi Pena (4), Pozas (6), Juan (2), Javi López e Lois.
Partido dominado polos visitantes desde o primeiro cuarto e onde os locais sempre foron a remolque do xogo do conxunto de Nacho Rama. A eliminatoria poñíase moi costa arriba ao acabar o terceiro parcial cos locais 19 abaixo, pero un último arreón local permitía reducir esa diferenza, deixala nos dez puntos para o partido de volta o próximo fin de semana en Coruña.
Cadete Feminino - Copa Primavera - xornada 2
- Resultado: AS MARIÑAS - CB ARTAI (36-40)
- Parciais: 10-12 11-12 10-8 5-8.
- CB ARTAI: Nuri (16), Emma (2), Sabe (2), Sara (4), Emi (2), Maria (2), Celi (2), Caye (2), Sarita (8).
Bo partido das artaicas, que dominaron o marcador durante todo o partido, aínda que con distancias moi curtas. A boa defensa provocaba perdidas das de Oleiros, aínda que o pouco acerto ao contraataque durante os primeiros minutos non transformaba esas posesións extra en puntos, cousa que cambiou ao longo do partido entonándose máis as azuis. En ataque, o bo criterio ocupando os espazos ás costas da primeira e segunda liña da zona local para poñer despois o balón aí e conseguir tiros fáciles, foi a tónica do ataque das mozas do colexio; aínda que desacertadas no pase e a agresividade das locais provocaba bastantes atrancos no ofensivo das do cole. As artaicas chegaron un arriba ao último cuarto, e aínda que as locais chegaron a empatar, resolveron ben nos últimos minutos.
Crónicas da temporada
- Basket: Boa saúde para os equipos do ACB e emotiva homenaxe para rapaces do Artai.
- O ACB fai un fortín do pavillón ceense.
- Máis gasolina para a familia do ACB.
- Basket: O Xiria acada o ascenso a 1ª.
- Basket: O Basket Xiria, a un paso do ascenso.
- Basket: O ACB sabe gañar tamén fóra da casa e o Carballo, a un paso do ascenso.
- Basket: Fin de semana con historia no baloncesto carballés.
- Basket: Pensando na cea dos 30anosbasketxiria.
- Basket: Unha vitoria enorme do ACB e unha xornada regular na familia Artai.
- Carballo suma, Cee non tanto.
- As Junior do ACB colócanse líderes.
- Básket: Gripazo para os Séniors do ACB pero boa saúde para as Júnior.
- Basket: Doble derbi con sabor bergantiñán.
- O ACB pecha o ano con vitoria.
- O ACB xa voa.
- Unha xornada baloncestísica marcada polos despachos.
- Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB.
- Reparto de vitorias nos derbis costeiros do basket feminino.
- As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).