mércores. 30.04.2025
El tiempo

O ACB fai un fortín do pavillón ceense

O ACB fai un fortín do pavillón ceense
Os Senior do ACB fan do pavillon de Cee un fortin enrique-melini-escuela-basket-xiria

Fin de semana de derrotas para o ACB, que só disfrutou dunha vitoria, a do sénior masculino ante o segundo clasificado da Liga nun partido igualadisimo que se dediciu no ultimo segundo.

Mentres, por Carballo, despois do ascenso do Xiria á 1ª, tivo boas novas como a convocatoria na na operación Talento da xeración do ano 2000 de Enrique Melini Pouse, xogador do equipo cadete masculino de liga Galega das Escolas Basket Xiria.

Pola súa parte, a familia Artai tiña poucos partidos pero moi bos os resultados. Cinco vitorias e unha derrota, a dos cadetes en Ferrol, pero con nada en xogo. Importantísima a dos junior de Cotelo en Ferrol ante o colista e que aperta a parte final da táboa a falta de dúas xornadas con catro equipos empatados con sete vitorias, límite que marca o descenso. O máis destacado é o título de liga das infantís nunha gran campaña das xogadoras de Fran Cristóbal. Unha única derrota en toda a liga dálles o campionato de segunda división.

Familia ACB

4ª División Sénior Masculino

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - ADFRO (50-48)
  • PARCIAIS: 18-16/9-12/17-6/6-15.
  • ACB: MANU, LUCAS (6,2T), DERIL (14,2T), TININ (5,1T), SERGIO (2) - CINCO INICIAL- PAIS (13), CRISTIAN (6), ADRIAN (4), DIEGO, JOSE, NEFRI, LUCIANO.
Partido do ACB en Cee

Exactamente 46 persoas vibraron cunha nova vitoria do equipo sénior e xa van sete esta temporada. O equipo visitante coruñés saía a por todas en busca de alcanzar o liderato de Laracha na Liga, pero os de Cee están convertindo o seu pabellón nun fortín. Así arrincaba o partido, cos dous equipos a por todas, o que fixo moi atractivo o encontro con transicions moi rapidas e gran protagonismo do tiro de tres puntos por parte dos dous equipos. A igualdade sería tanta que chegarían con táboas ao descanso.

No terceiro cuarto a balanza púxose de cara para os ceenses que farían o seu mellor xogo de todo o partido con gran acerto no tiro e movendo rápido a bola buscando a vantaxe de Pais na pintura, colleitando unha vantaxa de once puntos a falta do periodo decisivo.
Foi aí o turno para Adfro que sáiu buscando remontar o partido, encestou dous triples consecutivos axustando máis aínda o marcador. A presión dos minutos finais e o esforzo de todo o partido fixo mella no equipo ceense, onde cada ataque se convertía nunha tortura para encestar. Chegando xa o último minuto, o equipo visitante só tiña unha desvantaxe de dous puntos e balón o seu favor foi incapaz de encestar, tendo incluso dous tiros libres para empatar o partido.
Nada de iso aconteceu e os ceenses conseguían aguantar a vantaxa e gañaron colocándose empatados a 7 vitorias co 6º clasificado. Despois do parón de semana santa mediranse o seu rival directo pola loita desa sexta plaza.

2ª División Cadete Feminino

  • Resultado: OBRADOIRO - ACB COSTA DA MORTE (49-29)
  • PARCIAIS: 10-10/12-6/11-10/16-3.

Bo partido das cadetes na súa visita a Coruña o sábado. Un mal último cuarto lastrou todo o traballo de todo o partido e as coruñesas se levarían unha merecida vitoria. O equipo ceense notou en demasía falta de Lucia, a base do equipo acudindo o partido con duas xogadoras do equipo infantil.

2ª División Infantil Feminino

  • Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - MARISTAS CORUÑA (28-36)
Infantil Feminio do ACB Costa da Morte

Partido asequible para as pequenas do ACB que se enfrontaban o rival que teñen xusto por encima na Liga. Despois dunha primeira parte con lixeiras diferencias a favor das visitantes, no terceiro cuarto, un baixón defensivo das costeiras fixo que a diferencia se fose a vinte puntos para as coruñesas. No ultimo cuarto a mellora na defensa e contraataques rapidos por parte das ceenses reduciron a final diferencia a só oito puntos.

2ª División Infantil Masculino

  • Resultado: BASKET CORUÑA 02 - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (63-31)

Bo partido dos pequenos do ACB que acusaron o esforzo na segunda metade do encontro. Primeria parte moi igualada pero o partido romperiase no terceiro cuarto donde os coruñeses se levarian o ultimo cuarto unha renta de vinte puntos que nada puderon facer os ceenses para reducila. A mala noticia foi a pequena lesión de Carlos no primeiro cuarto, que sin duda mermou o xogo dos do ACB.


Familia Artai

1ª Div. Junior Masc. – xornada 20

  • Resultado: CB FERROL - CLUB BALONCESTO ARTAI (54-62)
  • Parciais: 9-12; 23-30; 40-42; 54-62.
  • CB ARTAI: Aítor (6), Jorge (4), Pablo (20), Carlos (8), Marcos (9), Dani, Xabi (3), Jaime (5) e Manu (7)

Partido xogado na tarde do domingo en Ferrol ante medio centenar de seguidores. Nova vitoria dos xogadores de Javier Cotelo, a sétima da tempada, que lles permite seguir soñando coa salvación unha semana máis. Non foi un partido fácil para os carballeses quen tiveron que esperar ata o cuarto final para certificar a sétima vitoria do curso.

Os junior descansan o fin de semana e as dúas seguintes citas son claves para saber si quedarán unha tempada máis na primeira división. O sábado día once reciben ao Básquet Coruña e o fin de semana seguinte xogan contra o CB SantYago. Dous rivais difíciles, o segundo e o terceiro clasificado, pero que adoitan ser partidos moi igualados.

Cadete Masculino – 2ª División – Xornada 18

  • Resultado: CB Tirso de Molina - CB Artai (48-32)
  • Parciais: 13-11; 25-16; 26-21; 48-32.
  • CB Artai (11 4 5 12): Javi Souto (5), Juan López (2), Luciano (7), Santi Pena (4), Javi López (4), Santi Rei, Pablo Sueiro (8), Lois, Pablo Belo e Adrián (2).
Pablo dos cadetes do Artai

Partido disputado na mañá do sábado no pabellón do colexio de Tirso de Molina de Ferrol. Última xornada de liga sen nada en xogo para ambos equipos, sen opcións de xogar a fase de ascenso os carballeses e todos coa cabeza posta na disputa de Cópaa Primavera. Mal partido de ambos equipos, moi pobre en anotación (os locais só anotaron un punto no terceiro cuarto e os carballeses cinco, datos que reflicten esa baixa anotación). Sálvase o último cuarto onde as dúas formacións estiveron algo máis inspiradas na faceta anotadora.

Cadete Feminino – 2ª Fase – Xornada 16

  • Resultado: CB ARTAI - SANTO DOMINGO DE BETANZOS (39-33).
  • Parciais: 11-13, 10-8, 5-8, 13-7.
  • CB ARTAI: Nuria (8), Emma (13), Sabela (2), Sara (4), Emilia, María, Lola (6), Uxía, Celia (6) e Cayetana.
As cadetes do Artai

Empezaron moi enchufadas as do cole, que conseguían as primeiras vantaxes no marcador, aínda que unha pájara ao final do cuarto fíxolles acabar dous abaixo. Marcador que remontarían na segunda metade; coa mesma dinámica, moita defensa, intentar correr e mover o balón buscando as posicións que fan dano á defesa zonal rival en ataque estático. Vantaxe pois para as do cole ao descanso. Sentoulle ben o descanso ás betanceiras que empataron o partido no terceiro parcial aproveitando a súa vantaxe física. Pero as do cole, que chegaron máis sobradas ao último cuarto, leváronse finalmente o partido cunha gran defesa e un espectacular criterio nas últimas xogadas para xogadoras da súa idade.


Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios