Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Basket: O Xiria xogará a Fase de Ascenso e pensa no Babybasket e no Basket Surf Camp de Razo

Basket: O Xiria xogará a Fase de Ascenso e pensa no Babybasket e no Basket Surf Camp de Razo
Fase de Ascenso do Basket Xiria a Liga EBA Así comeza a Fase de Ascenso do Basket Xiria a Liga EBA Un gran Obradoiro privou da vitoria ao Carballo Basket Xiria, pero a vitoria do Leyma Basquet Coruña ante o Ferrol clasificou ao Basket Xiria para a fase de ascenso á Liga EBA. Unha gran nova para o baloncesto carballés, que comezará o vindeiro 4 de marzo xa cos partidos disputados entre os implicados contabilizando. Non puideron gañar as bravas do Vázquez y Reino, que caían ante un Culleredo que lles arrebatou a primeira posición da táboa. A única alegría chegou das junior do Dimolk, que vencía en Ribadeo sumando a segunda vitoria da tempada. Mentres, os mozos do C.E. Cume ACB Costa da Morte caían con rotundidade na Coruña ante os Bristol Tigers no peche dunha liga regular na que os ceenses non conseguiron sumar unha soa vitoria.

Babybasket

babybasket carballo Este sábado, 25 de febreiro, celebranse en Carballo dúas novas xornadas da Liga de Babybasket organizada pola Federación Galega de Baloncesto. Serán as xornadas número cinco e seis pois en cada unha das datas marcadas pola FEGABA os xogadores disputan dous partidos. As dúas primeiras cita tiveron lugar en Culleredo e foron organizadas polo club local. Nesta ocasión a organización recae sobre os dous equipos de Carballo, o Club Baloncesto Artai e Escola Basket Xiria. Nesta competición xogan os xogadores máis pequenos dos clubes (nados no 2012, 2011,2010 e 2009) e teñen un peculiar formato pois xogan catro contra catro en dous periodos de doce minutos, sen árbitros e no que non hai resultado final, primando a formación sobre o aspecto competitivo. É a primeira vez que se disputa esta competición en Galicia, logo da boa acollida da idea do día Autonómico do Pequebasket, creado xa fai cinco anos pola Escola Basket Xiria. Os partidos que se xogarán en Carballo no pavillón Bergantiños empezarán ás once da mañán e durarán ata a unha e media da tarde, calculando que o número de xogadores presentes na competición serán aproximadamente de 140. Serán un total de catorce partidos.

Basket Surf

Redes-Basket-Surf Fantástica a inciativa deste Basket Surf Camp Razo. o novo proxecto de Escola Basket Xiria, para que os rapaces poidan combinar o lecer, turismo e deporte durante 4 días na praia de Razo, ao lado da casa. Da man dos activos Art Surf Camp, o campamento está dirixido a todos aqueles que queiran mellorar o seu nivel de xogo, está aberto a calquera xogador que queira algo máis que un típico campus de baloncesto. Celebrarase do 9 ao 12 de Abril de 2016. E está dirixido a mozos e mozas desde os 10 anos en diante. Xa podes descargar o tríptico para inscribirte , que deberás entregar a algún dos nosos adestradores, ou enviar escaneado a club@carballobasket.é ou vía whatsapp ao 607847925.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios