Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Boa semana para o balonmán costeiro

Boa semana para o balonmán costeiro

Moi boa a a fin de semana para os conxuntos da zona nas categorás de balonmán. O Conservas Boya pasoulle por riba ao Atlético Guardés, e se sitúa de colíder no Grupo B da 1ª Autonómica con 3 vitorias en 4 partidos, empatado con Rasoeiro e At. Novás. Foi a primeira vitoria fóra da tempada.

Pola súa banda, o Calvo Xiria superaba ao Bueu Atl. nun ateigado Pavillón Municipal Vila de Noia con máis de 350 persoas. Os carballeses sitúante 4º con 2 vitorias e unha derrota.

As que seguen sen coñecer a vitoria son as do C.M. Camariñas Encaixe, que sufriron as numerosas baixas e un día horrible e caeron con rotundidade en Vigo.

1ª Autonómica, xornada 3

  • Resultado: At. Guardés - Balonmán Camariñas (21-37)
  • BM. CAMARIÑAS: Alex (p), Víctor (p), Fari (2), Pan (1), Quin (7), Damián (2), Borja (9), Moncho (4), José Ramón (2), Xabi (1), Perón (6), Antelo (2).

Gran vitoria do Conservas Boys gañándolle a domicilio ao Guardés con 15 goles arriba, nun partido sen apenas historia, xa que o equipo camariñán distanciouse no marcador desde o inicio do encontro. A base dunha sólida defensa, que cada vez parece máis afirmada, os conserveiros fixeron unha primeira metade moi seria, na que todo lle saú á perfección, o que fixo que rompese o partido xa desde o minuto 10, para conseguir no descanso un determinante 10-20.

O segundo tempo transcorreu máis tranquilo, Fran Puga deulle minutos a todo o banco para un resultado final de 22-37, resultado que deixa ao Camariñas de colider no alto da táboa. Destacar o bo facer de todo o equipo, portería, defensa, recuperación de balóns, ataque e contraataque.

1ª Autonómica Feminina, xornada 4

  • Resultado: Seis do Nadal - C.B. Camariñas Encaixe (40-12).
  • CAMARIÑAS ENCAIXE: Sandra, María (1), Aída (1), Silvia, Nerea (1), Vero (1), Cris Sande, Laura (6), Alicia (1), Cris Blanco (1).

Presentabanse as camariñanas en Vigo con baixas e con xogadoras arrastrando problemas físicos, pero tamén ca ilusión e a moral alta despois de puntuar na xornada anterior.
O partido comezou igualado, transmitindo boas sensacións, ata que varias perdas de balón en ataque propiciaron as contras do Sedona que conseguiu irse no marcador a 5 goles. A partir deste instante (min.12), o C.B.Camariñas desapareceu do partido. Sucedéronse as continuas perdas con erros de pase impropios do equipo, ataques individualizados e desgana defensiva. As viguesas só tiveron que manter a disciplina defensiva e contraatacar ata acadar o abultado resultado final.

A todo este despropósito deportivo uníronse as lesións de Aída (xa arrastraba problemas físicos) e a imposibilidade de Cristina Blanco de continuar no partido despois de quedar conmocionada tras unha caída, ambas no tramo final da 1ª metade.

O adestrador Moncho amósase “contrariado polos erros infantís que se cometeron, dado que non pasa ó longo da semana nos adestramentos”. Tamén pide que “o equipo debe cambiar de mentalidade nos partidos como visitante, xa que está a ofrecer dúas imaxes totalmente distintas, de local e cando viaxa. Non podemos renunciar a sacar puntos nos desplamentos, e moito menos a non dar unha boa imaxe”.

1ª Estatal, xornada 3

  • Resultado: Calvo Xiria - Bueu At. (37-22)
  • Calvo Xiria 37 (15+22): Kike [p], Alex (2), Jesús (3), Brais (3), Chimpo (3), Manuel (6), Ramón (2) -equipo inicial- Iago [p], Gonzalo, Jorge (1), Ángel (5), Dubra (6, 2 de 7 metros), Martín (3), Sergio (3).

Moitas novidades no Vila de Noia este sábado. Entre elas que no cadro local debutaba Jorge, xogador en idade xuvenil, e a ausencia de Pablo por mor dunha lesión sufrida na pasada xornada e que o terá apartado das canchas durante unhas semanas.

Xa no encontro viuse un partido que durou o que o Calvo Xiria tardou en poñerse serio na cancha. Aos vinte minutos o electrónico sinalaba un empate a 8, para desesperación do equipo e dos seus seareiros que non recoñecían ao equipo vestido de verde. Erros en ataque, fallos de lanzamento, pouca intensidade defensiva... Seguiron outros 10 minutos sen pena nin gloria por parte carballesa pero nos que acadou tres goles de diferenza para irse ao vestiario.

Cando o equipo saíu da caseta foi cunha dinámica distinta, amosando unha versión moi mellorada. O resultado non se fixo agardar, e un parcial en 30 minutos de 22-10 deixaba os dous puntos en Carballo, froito do traballo colectivo e da aportación de todos os xogadores que foron da partida no día de hoxe.

Vindeira cita

  • 1ª Autonómica Masculina: Este venres 12 de outubro, festivo, ás 17:30h tarde no Pavillón Municipal, contra o Hierros Miguel Seis do Nada".
  • 1ª Autonómica Feminina: a vindeira fin de semana o C.B.Camariñas recibe ó Bm. Narón coa premisa de acadar a 1ª vitoria.
  • 1ª Estatal: o conxunto carballés desprazarase a Vigo no que disputará un difícil encontro ante o Seis do Nadal.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

Comentarios