xoves. 01.05.2025
El tiempo

Carnota e Dumbría vibraron co xadrez

Carnota e Dumbría vibraron co xadrez
O corcubiones Mon Franco puxolle as cousas dificiles ao campion de Espana o esteiran David Larino O corcubionés Mon Franco (á dereita) púxolle as cousas diíiciles ao campión de España, o esteirán David Lariño

Completa fin de semana de xadrez a viviva esta fin de semana na comarca. Estes pasados días 2 e 3 de setembro disputáronse os torneos de Carnota e Dumbría, VII e VIII proba do II Circuíto Intercomarcal de xadrez rápido Deputación da Coruña. Dúas citas que recibiron a medio centenar de xogadores cada unha, demostrando a potencia que ten este deporte.

No meramente deportivo, as dúas probas foron aproveitadas polo o GM esteirán David Lariño para recurtar postos ante o líder do circuito, o GM Strikovic, que se atopaba xogando a liga Serbia. Lariño vencía en Carnota e acadaba a segunda posición, por detrás do MI padronés Diego Espiñeira.

Gurutz Larranaga contra David Larino Os costeiros Gurutz Larrañaga contra David Lariño

II Torneo Concello de Carnota

O muxian Dario Lema doble campion sub-8 do circuito de Xadrez O muxián Darío Lema doble campion sub-8 do circuito de Xadrez

48 xogadores (menos asistencia da habitual, pero cun gran nivel comandado por un GM, 3A MI e 3 MF) competiron en Carnota durante o sábado no pavillón carnotán. Houbo xente de Madrid, Ponferrada, Verín, Orense, Vigo, Sanxenxo, Vilagarcía, Rianxo, Ribeira, Noia, Padrón, Santiago, Lugo, Ferrol, Viveiro, A Coruña, Cambre, Cerceda, Arteixo, Carballo, Malpica, Mazaricos, Muxía, Corcubión e Muros. Repartíronse 1.000€ en premios máis trofeos.

No plano deportivo houbo moitas sorpresas e os xogadores titulados non tiveron bo torneo en xeral, salvo a vitoria do favorito GM David Lariño (Xaquedrum) que foi clara con 6,5 puntos, tras vencer ao seu rival directo Fernando Sánchez na rolda 6, unhas táboas ante Walter na 7ª aseguráronlle o triunfo. Lariño aproveitou a ausencia do líder do circuíto o GM Strikovic (xogando a liga Serbia) para recortar distancias na xeral. 2º foi o MF Fernando Sánchez do Rianxo con 6 puntos, 3º o mozo Alfonso López do Padrón con 5,5 puntos. O pequeno muxián Dario Lema foi campión no sub-8 , e o vencedor do cheque-agasallo por valor de 20? e cortesía de Supermercados Gadis foi para Javier M. Fariña de Malpica.

II Torneo Concello de Dumbría

O edificio Bitácora a pé de praia recibiu a 53 xogadores (na súa maioría os mesmos do sábado aínda que con algunhas caras novas). Desta volta a vitoria foi para o O MI Diego Espiñeira de Padrón, que gañou o duelo directo ante o GM David Lariño (Xaquedrum) que foi 2º ambos con 6 puntos, 3º foi MF Antonio Pazos do Ferrolano con 5,5 puntos, 4º Manuel Cabanas de Getafe. O primeiro costeiro foi o dumbriés Gurutz Larrañaga do Xiria Carballo, que quedou en 9ª posición. Mon Franco, de Corcubión, quedou 1º na categoría sub-1600 Ramón A. Franco e Darñio Lema repetiu en sub-8. O vencedor do cheque-agasallo de 20? cortesía de supermercados Gadis foi Manuel Rodríguez de Santiago.

Novas do Circuito

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios