Cee, Outes, Lira, Buño, Ponteceso, Verdillo e Zas acollen novos torneos estivais
07:48 10/08/17
Novos torneos chegan á volta da esquina no fútbol costeiro.
Trofeo Concello de Outes
Este sábado 12 de agosto comeza no Conchido o Trofeo Concello de Outes. Un torneo que durará 3 días. O sábado disputarase a partir das 18:45h a final de categoría xuvenil entre o propio Outes e o Boiro. Ás 20:30h, primeira semifinal do trofeo senior, cun nivel espectacular enfrontando a Noia e Xallas. A segunda semifinal disputarase o domingo 13 as 20:30h, sendo a presentación do Outes ante o Cruído. Para a final haberá que esperar ata o martes 15, festivo, ás 20:00.Trofeo da Olería
Este sábado 12 de agosto, en plena Mostra de Olería de Buño, despútase o trofeo oleiro con 4 partidos de unha parte entre os 4 equipos do Concello: Cerqueda-Malpica e Buño-Seaia serán as semis a partir das 17:00h, e de seguido, 3º e 4º posto e a final ás 20:00h
Memorial en Lira
Este vindeiro domingo día 13 de agosto as 19:00 horas no campo municipal de Lombáns terá lugar un partido amistoso entre o C.F. Lira e a S.D. Fisterra, bonito encontro entre dúas históricas entidades costeiras que gardan dende sempre moitos vínculos deportivos e que leva longo tempo sen celebrarse. A cita servirá para honrar a memoria do recentemente finado "Xaquín da Portujesa", quen foi presidente do clube liracho, persoa cunha vida de traballo e adicación ó equipo.Memorial Verdillo
Memorial en Verdillo
Cabana Coristanco e San Lorenzo enfróntanse nun triangular este sábado ás 19:00h no campo das Pedreiras no IV Memorial Marcia García López.
Torneo da Xunqueira
Confirmaba a nova diectiva do Unión Club Cee a Pato como novo adestrador, ademais de contar con Óscar Riolo no staff técnico, e as fichaxes de xogadores como Andrés Ness, Jorge Parroto, Adrián Castro ou Guardiola.
E a presentación oficial será no máis mítico trofeo de verán da Costa: o Trofeo da Xunqueira, que cumple nada menos que 57 anos.
Este ano será o Laracha C.F., equipo da 3ª División que estrea convenio co R.C. Deportivo, o que visite o campo de San Paio de Refoxos o vindeiro domingo 13 de agosto, no que será o acto de presentación do equipo na casa.
Bubble Fútbol en Zas
O I Campionato de Bubble Fútbol da Costa celébrase o vindeiro sábado 2 de setembro en Zas, organizado polo Sporting Zas e Bubble Fútbol Costa da Morte. Son equipos de 3 a 5 persoas, e a inscrición custa 30€, puidendo gañar 170 puntos (sempre que se cheguen a 20 equipos.Torneo en Ponteceso
Corme e Ponteceso de todas as categorías protagonizan o Trofeo Concello de Ponteceso.
Novas relacionadas
- As Ligas de 2ª e 3ª Galega empezarán o 17 de setembro.
- Convocados os cursos de Monitor e UEFA B (nivel 1) na Costa.
- As Miúd@s competirán na 2ª División Autonómica de F11.
- O celeste volve ao Fútbol da Costa coa creación do CD Muros.
- A Preferente Norte xa ten o calendario en www.futboldacosta.com:
Máis información
Máis movementos de verán
- Felipe e Corredoira toman o mando dos barcos de Fisterra e Zas.
- Unha nova directiva salva o Unión Club Cee.
- A actual directiva salva ao Zas renovando un ano máis.
- Manolín volve aos banquiños.
- Adrián Lema guiará o barco do Muxía.
- Diego Lobelos, Óscar Leis, Paco, Dani Calvete, Toni e outros movementos no Fútbol da Costa.
- Roberto Amoedo, a proposta da nova directiva do Mazaricos CF:
- Baile de movementos nas directivas e nos banquiños da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).