Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Cervecería Ágora e Os Aldeáns, campións de inverno da Liga de FS de Corme-Ponteceso

Cervecería Ágora e Os Aldeáns, campións de inverno da Liga de FS de Corme-Ponteceso

Chegamos ao final da primeira fase das Ligas de FS de Ponteceso-Corme. Remataron o Grupo A e o Grupo B, e xa temos os primeiros campións do curso, e tamén temos os grupos da 2ª Fase. Temos así xa os 9 equipos que formarán a 1ª División, os 4 primeiros de cada grupo e o mellor 5º.

Así xa podedes ver en www.futboldacosta.com os calendarios completos de 1ª División e 2ª División.

Campións de inverno

Os Aldeans Campions de Inverno da Liga de FS de Corme-Ponteceso Os Aldeáns Campións de Inverno da Liga de FS de Corme-Ponteceso

Os Aldeáns non fallaron na última xornada e non se deixaron sorprender polo Cruceiro, asegurando o poio. Por detrás, Bar Faro Roncudo, TPL Elmi, Happy Day e Faldra Folk como mellor 5º, métense na 1ª División.

No Grupo B o campión foi o Ágora, que non desaproveitou a xornada de descanso do Sisganor para alzarse co título de inverno.
Con estes dous métense na 1ª División o Talleres Cotelo e o Pizzería Reggio.

Cerveceria Agora-Campions de Inverno da Liga de FS de Corme-Ponteceso-Foto-FSCarballo Cervecería Ágora-Capelán, Campión de Inverno da Liga de FS de Corme-Ponteceso-Foto-FSCarballo

Novas relacionadas

As táboas en www.futboldacosta.com

 

Fonte

Comentarios