Comeza a campaña de taekwondo para ducias ducias de rapaces da bisbarra
09:15 19/10/11
Este próximo sábado 22 de outubro, o Club Taekwondo Arte e Movemento acodirá con 21 deportistas a Ribeira para disputar a Copa Deputación 2011. Esta competición é a fase provincial que clasifica para a Copa Xunta de Galicia que se celebrará o próximo mes de novembro. Trátase dunha competición de Técnica onde os nenos compiten por idades e graos.
Chegan a competición ben preparados segun o seu entrenador Juan Carlos Díaz, despois de entrenar duro. A parte das suas clases tiveron un entrenamento específico para esta competicion o pasado domingo. Pero todo o esforzo fai falta, xa que nestas competicións de técnica cada día hai máis nivel.
Os participantes son de Cee, Muxía, Carnota e Vimianzo:
- Carmen Romero (8 anos) Cee.
- Zaira Domínguez (7 anos) Cee.
- Yanire Afonso (9 anos) Cee.
- Adriana Toba (9 anos) Muxía.
- Andrea Pazos (11 anos) Vimianzo.
- Ylenia Martínez (11 anos ) Vimianzo.
- Uxia González (15 anos ) Vimiazo.
- Lucas Toba (8 anos) Muxía.
- Brais Castro (10 anos) Vimianzo.
- Brais Fernández (10 anos) Carnota.
- Ismael Senande (10 anos) Carnota.
- Alex López (9 anos) Cee.
- Adrián Vázquez (11 anos) Carnota.
- Anxo Fernández (13 anos) Carnota.
- Adrián Saborido (13 anos) Carnota.
- José Ramón Haz (13 anos ) Muxía.
- Marcos Rodríguez (14 anos) Carnota.
- Cristian López (15 anos) Cee.
- Cristian Domínguez (15 anos) Cee.
- Juan Alvarellos (15 anos) Cee.
- Juan Luis Lista (16 anos) Muxía.
Novas relacionadas
- 880 veciños participan nas actividades deportivas de Cee.
- Exhibición 2011: 2.000 persoas vibraron en Cee cunha tarde preciosa de baile e taekwondo.
- Exibición 2010: Máis de 1.500 persoas disfrutaron da beleza das artes marciais en Cee.
- Os taekwondistas costeiros acadaron o 2º posto nos Provinciais e preparan a exhibición anual.
- 3 pequenos taekwondistas da Costa clasifícanse para o Campionato Galego.
- Camariñas puxo o quimono.
- Doble éxito do taekwondo e do baile da Costa da Morte.
- A escola Arte e Movemento baila e pelexa.
Fonte
- Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.