Mércores. 19.02.2020
El tiempo

Coñecendo a vida baixo as augas de Fisterra

Coñecendo a vida baixo as augas de Fisterra

Se ben non podemos coñecer os gañadores do XXIV Campionato Galego Foto-Sub Cabo Fisterra ata dentro de dúas semanas, si que podemos saber como se desenvolveu a xornada deportiva. Unha xornada que colle o relevo do Campionato de Lira que vén de gañar o carnotán Xoán López Cambeiro, e que precede ás vindeiras exploracións arqueolóxicas que se desenvolverán na ría corcubionesa no mes de xullo.
Foron uns 28 mergulladores e 14 parellas de fotografos e cofotografos, entre os que estaban os mellores fotógrafos submariños da nosa comunidade, os que partiron do porto de Fisterra poñendo proa ás Illas Lobeiras. Ese foi o lugar onde escollido pola organización, da man de Buceo Finisterre, para realizar as inmersións.

Os fotógrafos armáronse con eses tremendos camarones, que desta volta non eran dos de comer, e botáronse ao auga. O tempo moito non axudaba xa que había vento de soroeste. Pero a competición percorreu con normalidade. Tan só houbo un problema cunha embarcación de pesca local, xa que unha vez marcado o campo do campionato, o barco lanzou varios trasmallos na zona poñendo en perigo a vida dos participantes.

Afortunadamente non pasou nada e os participantes puideron sacar máis fotos mesmos das que se imaxinaban nas case que 4 horas que estiveron baixo auga, cun intermedio para comer un bocadillo e cambiar os obxectivos,
Os participantes quedaron abraiados coa abundancia de peixes coa que se atoparon, xa que nos outros sitios, esto non era doado. A organización decidíu que cada participante entregara seis fotos, unha das cales tiña que ser forzosamente unha anémona.

Sobre as tres e cuarto da tarde remataba o concurso. Todos os participantes, unha vez no porto, pasaron as tarxetas das cámaras e aproveitaron para que a Concellería de Cultura lles entregase un recordo da vila da fin do mundo. Sesión de pinchos a base de longueirón da ría, porque o conto era disfrutar do mar de Fisterra en todas as súas especialidades.

Compre sinalar que ademais da boa organización por parte da empresa local Buceo Finisterre, da man de Fernando e Alicia, contaron co apoio fr varias embarcacións particulares, a embarcacion da FEGAS, PROTECCION CIVIL de Cee e Fisterra.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios