Martes. 09.08.2022
El tiempo

Conservas e Calvo caen fóra da casa

Conservas e Calvo caen fóra da casa

Mala semana para o balonmán da bisbarra. Por unha banda o Balonmán Camariñas caía en Zamora tras acusar a longa viaxe á que aínda non estan acostumados os conserveiros. Ademais o Calvo Xiria afrontaba o seu segundo partido como visitante e colleitaba a súa segunda derrota, deixando a primeira derrota na casa do conxunto vigués de Lavadores.

O Calvo mantense na 6ª praza, mentres que o BM Camariñas métese entre os 2 postos de descenso, pero aínda empatado con 6 equipos.

Unha de seleccións

Pero antes de ir coas crónicas dos encontros apuntamos un par de detalles internacionais. I é que o xogador carballés David García Pichel vestá estes días en Dinamarca disputando coa selección española xuvenil o Torneo Scandibérico xunto coas seleccións de Portugal, Brasil, Suecia, Dinamarca e Noruega.
Ademais os infantís Iván Calvo Santos, Juan Carlos Rodríguez Ortiz, Carlos Vilanova García e José Pereira Rodríguez foron convocados para adestramento o domingo no pavillón munivipal de Chapela coa Selección Galega.

Bm. Inzamac Zamora - Balonmán Camariñas (31-24)

  • Balonmán Camariñas: Cristian (p), Víctor (p), Fari (1), Fabián (5), Felipe, Pombo (1), Quin (2), Borja (8), Moncho, Salva (1), Catalán (2), Xabi (1), Perón (3).
  • Lesión: o extremo camariñán Quin que tivo que ser atendido no Hospital Virgen de la Concha de Zamora.

Moi bo partido o xogado polo Camariñas en Zamora, ao que lle sobraron os 10 minutos finais, onde quizais acusou o cansazo da viaxe e o Inzamac aproveitou a circunstancia para irse no marcador.

Os primeiros compases transcorreron con alternancias contínuas no marcador por parte dos dous equipos, cun Camariñas que en todo momento tuteou aos "guerreiros de Viriato", xa que cunha defensa 6-0 ben organizada, non permitiu marcharse ao equipo zamorano, que baseaba todo o seu xogo nunha primeira liña moi realizadora.

Somente nos 10 minutos finais, logo das lesións de Quin e Moncho, cando xa se acusaba o cansazo acumulado desde as 7 da mañá, fóronse no marcador os castelán leoneses, e xa nos 5 últimos minutos entregouse o partido.

Las Cinco Jotas Lavadores - Calvo Xiria (30-28)

  • Calvo Xiria 28 (14+14): Kike [p], Dubra, Jesús (5), Manu (7), Ángel (1), Cuco (2), Pablo (4, 1 de 7 metros) -equipo inicial- Iago [p], Ramón, Miguel (1), Álex García , Álex Zas (4), Sergio (4), Brais.
  • Marcador: 3-2, 5-6, 7-7, 9-9, 11-12, 13-14 (descanso); 17-15, 20-17, 21-19, 23-21, 27-25, 30-28 (final).

Repetiuse o mesmo guión que hai dúas semanas en Zamora, un Calvo Xiria con pouco acerto defensivo. Nos segundos trinta minutos o feito de non ser capaz de atallar os ataques locais cando tiña un xogador menos o Lavadores (neses trinta minutos tres exclusións carballesas por seis dos vigueses), sentenciaron o encontro a favor do conxunto olívico que soubo manexar a renda de cinco goles que chegou a acadar no minuto 42 de xogo, non permitindo que en ningún momento o equipo carballés puidese levar a iniciativa no electrónico.

As dúas caras tan diferentes que está a presentar o Calvo Xiria no inicio da liga está a ser un lastre enorme para acadar máis puntos para achegarse de inicio á parte alta da táboa: por unha parte está o conxunto que basea o seu xogo na faceta defensiva e no xogo colectivo ofensivo como amosou nos partidos nos que exerceu de local, ante OAR e Seis do Nadal, e por outra banda o conxunto ao que lle falta intensidade na defensa e dinamismo no ataque cando xoga lonxe da Zona Escolar.

Vindeira cita

  • Balonmán Camariñas- O Porriño: sábado 22 de outubro ás 18:30h no Areal.
  • Clavo Xiria - Cisne Bm.: sábado 22 de outubroás 18:30h no Pavillón Carballés Vila de Noia.

Máis información

Crónicas 2011/2012

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria. Colabora Dani Nelo.

comentarios