O Balonmán invade a Costa de norte a sur

Segue o balonmán da zona demostrando ser toda unha referencia. O Balonmán Camariñas e o Calvo Xiria seguen a levar o nome da Costa por todo o país. E se ben os carballeses non puideron celebrar un histórico ascenso á División de Honra Prata, os camariñáns soñan coa 1ª Autonómica.
Fin de semana histórica en Camariñas

I é que tras quedar campión da 1ª Autonómica, O Balonmán Camariñas Conservas Boya será o anfitrión da Fase de Ascenso á 1ª División Nacional de Balonmán. Así estes 6, 7 e 8 de maio de /articulo/outros-deportes/o-balonman-camarinas-celebra-o-seu-pase-a-seguinte-fase-cunha-visita-a-cerdeimar-e-unha-boa-verbena/20101224063905066708.html, o Pavillón do Areal de Camariñas acollerá a Fase completa.
O venres ás 16:00h terá lugar a presentación dos equipos na Casa de Pedra, e o primeiro encontro será ás 18:30h, entre Salamanca, o equio máis en forma, e o Plasencia. O Conservas Boya saltará á pista do Areal ás 20:30h representando a toda Galicia, para enfrontarse ao Balonmán Plasencia.
Ademais, o sábado pola mañá a familia do balonmán fará unha excursión ata o Faro Vilán e as praias de Reira, para que os xogadores de todos os equipos disfruten dos nosos tesouros naturais.
Calendario da Fase de Ascenso á 1ª División Nacional
Venres 6 de maio
- 18:30.- CIUDAD DE SALAMANCA PANELAIS - BALONMANO PLASENCIA.
- 20:30.- C.B. CAMARIÑAS C. BOYA - UNIVERSIDAD DE LA LAGUNA (TENERIFE)
Sábado 7 de maio
- 17:00.- CIUDAD DE SALAMANCA PANELAIS - UNIVERSIDAD DE LA LAGUNA (TENERIFE).
- 19:00.- C.Bm. CAMARIÑAS C. BOYA - BALONMANO PLASENCIA.
Domingo 8 de maio
- 09:30.- BALONMANO PLASENCIA - UNIVERSIDAD DE LA LAGUNA (TENERIFE).
- 12:30.- C.Bm. CAMARIÑAS C. BOYA - CIUDAD DE SALAMANCA.
- 14:00.- ACTO DE CLAUSURA no Pavillón municipal “O Areal” Camariñas.
O Calvo Xiria non puido

Non puido ser. O Calvo Xiria quedou ás portas do ascenso á División de Honra Prata do Balonmán estatal. Os de Marcos Rodríguez perderon os 3 partidos no seu Grupo II con sede en Segovia da fase, contra o Ángel Giménez Puente Genil (28-25), o Caja Segovia (34-31) e o Institut Balmes Sarriá (36-32).
Así e todo, gran papel nesta fase do Calvo Xiria que, a pesar de non obter ningún punto, sempre estivo metido ata o final nos partidos, dando guerra e amosando a súa calidade, sendo o único equipo que lle meteu o medo no corpo ao todopoderoso Puente Genil.
Dende Carballo agradece o apoio dos Xiriareiros carballeses, i é que se desprazaron ata Segovia máis dun centenar de veciños tamén chegados de outros puntos da xeografía española.
Os cadetes ao Campionato Galego

Pola súa banda, equipo de Balonmán Xiria cadete xoga esta fin de semana (6,7 e 8 de maio) o primeiro sector do Campionato de España Cadete. Para pasar ao sector final, debe quedar primeiro.
Máis información
Novas relacionadas
Crónicas do título do Conservas
- A un paso do título e da Fase de Ascenso.
- 2 finais para completar o soño do Balonmán Camariñas.
- O Balonmán Camariñas cumple e mantén o liderato.
- O Balonmán Camariñas retoma a loita polo ascenso.
- O soño do Balonmán Camariñas segue en pé.
- Un empate con sabor a vitoria mantén ao Conservas coas aspiracións de ascenso intactas.
- A bestia negra frea ao Conservas Boya.
- O Conservas Boya afianza o liderato e segue soñando.
- A afección do Conservas Boya fai seguir soñando ao equipo camariñán.
- O Balonmán Camariñas consegue a sorpresa da xornada e non renuncia a nada.
- Empate amargo do Balomán Camariñas no seu debut na Liga polo título.
- Bruno López deixa o banco do Balonmán Encaixe.
- O Balonmán Camariñas celebra o seu pase á seguinte fase cunha visita a Cerdeimar e unha boa verbena.
- O Balonmán Camariñas loitará polo título e o celebra cunha festa de Nadal.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.