domingo. 01.12.2024
El tiempo

Deporte e Saúde con Dáfit: Apostamos polo Crossfit

Deporte e Saúde con Dáfit: Apostamos polo Crossfit
Material sinxelo, prescindindo de clásicas máquinas de ximnasio e moita enerxía. De que estamos a falar? Exacto! Crossfit! Unha modalidade de adestramento que nos apaixona ós DaFiteros. Dafit aposta polo Crossfit Gregg Glassman, foi o que en 1995, crea o primeiro centro ou box en Santa Cruz (California) dándolle nome e entidade propia a esta modalidade deportiva do fitness. Foi anos máis tarde, cando coñecidas marcas deportivas, como patrocinadores oficiais, axudaron na expansión do mesmo. Segundo Glassman, “El CrossFit es un programa de fuerza central y de acondicionamiento. El programa está diseñado para brindar una respuesta de adaptación tan amplia como sea posible (...) comprende: resistencia cardiovascular y respiratoria, resistencia (estámina), fuerza, flexibilidad, potencia, velocidad, coordinación, agilidad, equilibrio y precisión”. En relación a isto, considéranse piares fundamentais do Crossfit: a Funcionalidade, a Variedade e a Intensidade. Podemos dicir que a idea principal deste método de adestramento é potenciar as capacidades físicas básicas, arriba mencionadas. A través, de exercicios funcionais (movementos e exercicios similares ós que realizamos na nosa vida cotiá) constantemente variados e realizados a unha alta intensidade nun tempo curto establecido. Trabállanse movementos e cadeas musculares no lugar de músculos illados ou a hipertrofia dun só grupo muscular, de forma simultánea trabállase a resistencia, a potencia, a forza ou o equilibrio, facéndoo un adestramento máis completo. Válese dunha gran cantidade de exercicios e disciplinas deportivas. Combina actividades físicas como o trote con intervalos de velocidade, exercicios con aros e barras, carreira con ou sen lastres, pliométricos con salto, exercicios de forza con uso de pesas rusas, barras, etcétera. Como sería unha rutina? Cada clase inclúe unha combinación de exercicios organizados en forma de circuítos e reguladas por intervalos de traballo, con descanso e volta á calma. Isto é o Workout of the Day (WOD) sinónimo de adestramento prescrito para o día. As dúas formas de traballo do WOD máis coñecidas son: • AMRAP- “As Many Rounds as Possible” – Tantas rondas como sexa posible no tempo estipulado (10 minutos, 20 minutos, etc.) • RFT- “Rounds for Time” – Rondas por tempo. Este tipo de WOD faise ó ritmo de cada persona. Unha vez completado o número de rondas designadas para o WOD xa estaría. O WOD cambia cada día,non se segue unha lóxica concreta, existindo centos de combinacións posibles, polo é difícil aburrirse. Promovendo a motivación cada día, con novos e atractivos desafíos. Xeralmente, colócase nunha pizarra o/os WOD´s a realizar e as marcas acadadas polas e polos crossfitters. A quen vai dirixido? Pois a todos os sectores da poboación independientemente da idade, sexo, capacidades ou experencia previa. A clave está en traballar en diferentes niveis de intensidade relativa a cada persoa, podendo adaptar cargas, tempos, distancias, etcétera. A base física é algo que se mellora co tempo, só precisamos traballo e paciencia para comezar e para manterse. Pero antes de iniciarse cos WOD´s é preciso aprender certas técnicas e movementos básicos, sobre todo, no caso de nunca practicar algún deporte ou de levar tempo sen facelo. Nas clases poden existir distintos niveis, partindo sempre dunhas clases de adaptación, para aprender a facer os exercicios. Utilízanse progresións, é dicir, simplifícanse os movementos en varios pasos sinxelos ate facer ben o movemento orixinal. A técnica e a seguridade deben ser fundamentais para evitar, sobre todo, posibles lesións. Queremos recordar que non existen exercicios perigosos, senón mal executados. Beneficios? • Acondicionamento de todo o corpo • Posibilidade de adaptación dos exercicios • Perfecto como adestramento complementario ou para conseguir un estilo de vida máis saudable. • Variedade e diversión: a palabra rutina desaparece dos adestramentos • Compoñente social: realízase sempre en grupo. Sentimento de comunidade. • Compoñente mental: motivación e competición contra un mesmo. En moito sitios podemos ler ou escoitar que isto non é mais que unha moda con principio e fin, sen dúbidas, o que ben é certo é que está a ser unha revolución en España, tendo ate un campionato propio a nivel mundial. Está claro que todo depende coa óptica con que se mire. Podemos velo como un cambio de paradigma ou un cambio estrutural nos sistemas de adestramento, xa que o Crossfit é un ciclo que inclúe: Adestramento, Nutrición e Factores Sociais. Se queres iniciarte é moi importante desenvolver primeiro a mobilidade articular (xeonllos, nocellos, cadeira), así como a estabilidade das articulacións. Como os exercicios son realizados con intensidade e rapidez é moi importante aprender antes a técnica e quecer, para evitar lesións. Estade atentos!! Achéganse novas sorpresasss de meeeedoo!! e non estamos a facerlle un giño ó samaín ou o halloween, vos estade atentos!! Ate a próxima semana.

Sesións con Dafit

Máis información

Dafit seguenos

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios