Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Deporte e Saúde con DaFIT: O bo, o malo e o feo? NON (Falamos do colesterol)

Deporte e Saúde con DaFIT: O bo, o malo e o feo? NON (Falamos do colesterol)

Está demostrado que a actividade física é un seguro para ter unha saúde de ferro. Mostra de elo son os efectos beneficiosos na prevención de enfermidades ligadas ó risco cardiovascular, como a obesidade,a hipercolesterolemia ou a diabete.

En este caso falaremos dos beneficios que ten o exercicio físico reducindo os niveis de colesterol LDL, coñecido popularmente co nome de “colesterol malo”, e axudando a elevar as cifras do colesterol HDL, así como, na prevención de enfermidades cardiovasculares. Segundo o estudo realizado na Universidade de Duke (Reino Unido), e publicado no New England Journal of Medicine.

O colesterol como tema de debate, nunca deixa de estar de actualidade e sempre que se fala de el, o normal é que se lle atribúan connotacións negativas, polo que é un tema bastante controvertido. Recentemente adquiriu matices máis polémicos, si cabe, froito dunha investigación realizada por catro científicos xaponeses (Towards a Paradigm Shift in Cholesterol Treatment) que, de xeito resumido, fai referencia a que isto (os niveis do colesterol) non é máis que un tinglao montado por farmacéuticas e baixo interese económicos. Unha investigación centrada en revisar a evidencia científica existente na actualidade sobre a relación entre a saúde e o colesterol.  

Colesterol debuxo

Polo tanto, o que pretendemos transmitirvos con este artigo é que: é interesante o control dos niveis de colesterol, pero as preocupacións deberían xiran máis entorno á realización de actividade física, a unha alimentación axeitada, a deixar o tabaco ou, por exemplo, a controlar a inxesta de azucre.

Para entender un pouco como actúa o colesterol no corpo, é necesario coñecelo, realizaremos unha descrición de que é e como funciona, moi simplificada. A Fundación Española do Corazón (FEC) define o colesterol como: aquela sustancia graxa natural que está presente en tódalas células do corpo humano e resulta "imprescindible" para o normal funcionamento do organismo.

Aínda que non existen “colesteroles” diferentes, segundo o tipo de lipoproteínas –partículas esféricas formadas por proteínas e lípidos- en que este é transportado no organismo, podemos distinguir entre colesterol “bo” e colesterol “malo”. Colesterol “bo” sería o que vai unido a lipoproteína HDL- de alta intensidade- (High Density Lipoproteins), mestres que o malo sería o que vai unido á LDL- de baixa intensidade- (Low Density Lipoproteins).

  • HDL: Transporta colesterol dende os tecidos ó fígado. Esta  lipoproteína  circula pola sangre varrendo o exceso de colesterol no mesmo.
  • LDL: Transporta colesterol dende o fígado ós distintos órganos do corpo, polo que si se atopa en exceso, existe risco  de producírense depósitos de colesterol nalgún órgano, por exemplo no sistema cardiovascular  (arterias, veas, etc.) elevando as posibilidades de  ateroesclerose e o risco de infarto de miocardio. Debido a que as súas partículas quedan adheríndose ás paredes arteriais.

Ademais, existen lipoproteínas de moi baixa densidade, VLDL (Very Low Density Lipoprotein) que transportan os niveis de LDL, facéndoo máis denso e pequeno, cunha maior facilidade para depositarse nas arterias.

 

Cómo actúa?

  • A súa presenza favorece a formación de ácidos biliares, necesarios para a dixestión das graxas.
  • Constitúe a membrana celular, de maneira que sen el non habería estruturas celulares.
  • Na pel, e ó contacto cos raios solares, consegue transformarse en vitamina D.
  • Protexe a pel de moitos axentes químicos e evita a deshidratación por vaporización.
  • Axuda na formación de certas hormonas, como as sexuais e as tiroideas.
  • Participa na condución interna das sinais nerviosas e nas interconexións neuronais.

A elevación da cantidade de colesterol no sange, ate uns valores por encima do que se considera normal, é coñecido como hipercolesterolemia. Cada día obtemos importantes cantidades de colesterol que proceden de dúas vías: o fígado- que fabrica cerca de 1000 mililitro- e de alimentos. Por iso ,é importante controlar os niveis de colesterol  no sange, a través dun simple análise, na cal o/a médico/a avalíe os valores dos distintos tipos de colesterol e a relación entre eles. No caso de que nos digan que debemos reducir os niveis de colesterol, unha estratexia para que o risco cardiovascular descenda sen tratamento, debe comezar por: aprender que alimentos son os que máis conveñen e que tipo de exercicios contribuirán de forma determinante.

 

O exercicio físico

O exercicio físico, e en especial, a actividade aeróbica ademais de ter beneficios para a saúde cardiovascular, sabemos que é pracenteira e ofrece sensación de benestar, xa que controla a ansiedade e rebaixa os niveis estres, na maioría dos casos. Concretamente, o exercicio aeróbico permite que o músculo cardiaco use con máis eficiencia o osíxeno. A práctica de exercicio de forma regular protexe o sistema circulatorio, regulando a tensión arterial, e aumentando o volume e o fluxo sanguíneo.

Ademais, favorecerá a presenza do denominado colesterol bo, HDL, encargado de limpar os vasos sanguíneos e destruír o colesterol “malo”, LDL. Realizando exercicio de forma regular o HDL axuda a transportar o colesterol que excede do organismo ate o fígado onde é eliminado finalmente. Canto máis actividade física, mellores serán niveis de colesterol, e reduciranse as células graxas asociadas ó LDL.

Corazon correndo debuxo

A Asociación Americana do Corazón (American Heart Association) recomenda facer, polo menos, 30 minutos de actividade aeróbica de intensidade moderada cada día ou 25 minutos de actividade de moderada a intensa tres veces por semana (camiñar, andar en bicicleta ou correr, por exemplo). Ademais, dunha actividade para fortalecer a musculatura dúas veces á semana.

É importante incidir en que, si se empeza a facer algunha actividade física por recomendación médica, débese comezar de forma progresiva e moi lenta. Xa que o corpo non estará preparado para unha actividade física repentina. Sobre todo, aquelas persoas que nunca realizaron ningún tipo de exercicio, un clásico do exercicio aeróbico é camiñar a paso rápido. Si se é constante e se realiza a un bo ritmo, dando pasos longos e movendo os brazos de xeito acompasado. Si resulta demasiado monótono e aburrido, pódese pasar ó running comezando a un ritmo no que vos sintades cómodos xa que é unha actividade máis intensa, que requirirá máis esforzo. Outro exemplo de actividade aeróbica é montar en bicicleta onde se exerce, quizais, menos presión nas articulacións que ó correr, en función do nivel de intensidade co que se practique.

En relación coa publicación no New England Journal of Medicine sobre actividade física e deporte, que faciamos referencia ó principio, este estudo explica que o colesterol que se “move” no sangue a través de partículas máis pequenas e densas causa máis enfermidades cardiovasculares que o colesterol desprazado en grandes partículas. As conclusións do mesmos céntranse en que o exercicio aumenta o número e tamaño das partículas que transportan o colesterol a través do fluído sanguíneo; de xeito que, engaden: “calquera exercicio é mellor que nada”.

Corazon facendo pesas debuxo

Dende DaFit insistimos en que, unha vez que deades o paso ou si xa o tedes máis que dado, debedes incluír algunha rutina de forza e non só cardio ós vosos adestramentos. Pero, ademais, non esquezades que as rutinas deben ser personalizadas, igual que as planificacións dos adestramentos, se queredes que sexan eficientes e eficaces. Así que mellor, poñédevos en mans expertas, e esa será unha boas inversión a longo prazo.

 

Sesións con Dafit

Máis información

Dafit seguenos

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios