Deporte e Saúde con DáFIT: Paciencia para recuperarse do Nadal
Nesta época do ano, de propósitos, dietas e arrepentimentos, queremos darvos un pequeniño consello: paciencia. Sobre todo, tede coidado coas dietas milagre (dietas de desintoxicación, depurativas: a da piña, a da alcachofa, a detox, a etc.) e cos riscos que estas conlevan. Agora co Nadal ás costas, tentade retomar os hábitos alimenticios, simplemente cunha alimentación equilibrada iredes polo bo camiño, nada de toleadas, no fondo todas e todos sabemos o que hai que facer e o que non. Os resultados tardan en aparecer, a motivación é o que nunca se debe perder, e todo leva implícito un esforzo. Buscade sentirvos ben con vos mesmos e mellorar a vosa calidade de vida e saúde, non busquedes só obxectivos físicos e estéticos, senón as consecuencias a longo prazo poden ser, quizais, moito máis negativas. Marcádevos un obxectivo realista, e ó principio pouco a pouco, non teñades presa, o corpo precisa adaptarse, así que, calma e alegría.
Hoxe queremos darvos unha moi boa noticia, proximamente, contaremos con novas clases dirixidas nas instalacións deportivas do “Conco” (Dumbría).
Adiantámosvos unha delas: CicloIndoor ou Spinning.
Unha clase na que te virás moi arriba!
En que consiste esta actividade?
Concretamente, as sesión de CicloIndoor ou Spinning son: clases en grupo, de exercicio aeróbico con un monitor/a, nunha bicicleta estática deseñada especificamente para este fin; máis deportiva e máis aerodinámica que unha bicicleta estática convencional. Cunha duración de 45-50 minutos onde a música é a principal protagonista. O/a monitor/a, é quen guía e controla os movementos, motivando co fin de manter sempre o mesmo nivel. A bicicleta está provista dunha roda de inercia controlada por un mando para regular a resistencia (marchas), un sillín e manillar regulable. A través das resistencias cada alumno/a pode axustarse ás súas necesidades e ó nivel de adestramento.
Trátase dunha actividade moi divertida e orixinal onde se pedalea ó ritmo da música, polo que non é en absoluto monótona e permite que o poidan practicar persoas de calquera condición física. Só se precisa saber pedalear, non é necesario ser ciclista nin unha complexa coordinación ou equilibrio.
Trabállase a intervalos, a través de cambios de intensidade e velocidade do pedaleo. O obxectivo do CicloIndoor ou Spinning é traballar a forza e a resistencia corporal. Para elo, combina o exercicio aeróbico con períodos máis curtos de maior intensidade que traballan a nivel muscular.
Exercítanse sobre todo os músculos das pernas (cuadríceps, xemelgos e isquiotibiais) e os glúteos, pero tamén traballamos os músculos das extremidades superiores, como os ombreiros, os bíceps ou os tríceps. En menor medida, os músculos na rexión das costas e do abdome utilízanse para a estabilización mentres estamos sobre a bici.
Un pouco de Historia
O programa spininning foi desenvolto a finais dos anos oitenta, polo ciclista norteamericano Johny Goldberg (Johny “G”) gañador da “Race Across América” en 1989 (un ultra maratón de ciclismo, que se percorre dende a costa oeste á costa este dos Estados Unidos, son aproximadamente 4800 km, nunha semana, nada menos) polo que non estamos a falar dun principiante. Buscaba centrar a atención dos seus adestramentos, tanto no plano físico como mental, que lle axudase a liberar estres.
Beneficios
Os/as participantes dunha sesión de CicloIndoor poden chegar a queimar un promedio de 600 calorías en 50 minutos, en función da intensidade coa que se execute o exercicio, podendo chegar a máis. Polo que, é un exercicio de baixo impacto altamente efectivo. Reduce o risco de lesión e minimiza o estres das articulacións.
- Mellora da saúde cardiovascular e respiratoria.
- Aumenta a capacidade respiratoria.
- Aumenta a resistencia física, cardiovascular e muscular.
- Tonifica: bíceps, tríceps, e abdominais.
- Fortalece: pernas, glúteos e cuadríceps.
- Diminúe os niveis de ansiedade e estres.
- Seguridade na práctica deportiva en bicicleta.
- Axuda a reducir o peso corporal, queimando calorías.
Recomendacións e Normas
- Técnica correcta, boa postura e boa posición na bicicleta. Co fin de evitar molestias ou lesións e sacarlle o máximo rendemento ó exercicio.
- Axustar a bicicleta, para evitar balanceos da cadeira ou lesións. (Altura do sillín, altura do manillar e a distancia entre o sillín e o manillar).
- Indumentaria axeitada, roupa cómoda e que permita liberdade de movementos.
- Si se trata da túa primeira clase, tómao con calma e vai ó teu ritmo.
- Precísase de combustible para rendir, polo non se debe entrar nunha clase de CicloIndoor sen inxerir alimento unha hora ou hora e media antes.
- Importante a hidratación antes, durante e despois da sesión.
E sobre todo…
- Divírtete pedaleando en grupo ó ritmo de música.
Como mellor se entende en que consiste unha clase dirixida é probando, cando inauguremos estas sesión de CicloIndoor convidámosvos a que veñades. serán sesión moi completas e lúdicas.
Anímate a dar pedaladas con nós, este ano, nas instalacións deportivas do Conco.
Que teñades un feliz día!
Sesións con Dafit
- Deporte e Saúde con DaFIT: Pautas para enganar ao Nadal.
- Os mitos da Alimentación.
- Para Maiores!.
- Hipopresivos & Isométricos.
- Bewater, my friend!.
- Maniotas, quen non as padeceu algunha vez?.
- Previndo a dor das costas.
- Apostamos polo Crossfit.
- Unha de surf.
- Comer, todo é bo, na medida xusta!.
- Outono de sendeirismo.
- Invadindo o Conco.
- #CorreconDafit.
- “A xente vén buscando estética e sae con saúde”.
- O Deporte e o Adestramento persoal como identidade dende a Costa da Morte.
Máis información
Fonte
- Enlace patrocinado.