Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Deporte e Saúde con DáFIT: Paciencia para recuperarse do Nadal

Deporte e Saúde con DáFIT: Paciencia para recuperarse do Nadal

Nesta época do ano, de propósitos, dietas e arrepentimentos, queremos darvos un pequeniño consello: paciencia. Sobre todo, tede coidado coas dietas milagre (dietas de desintoxicación, depurativas: a da piña, a da alcachofa, a detox, a etc.) e cos riscos que estas conlevan. Agora co Nadal ás costas, tentade retomar os hábitos alimenticios, simplemente cunha alimentación equilibrada iredes polo bo camiño, nada de toleadas, no fondo todas e todos sabemos o que hai que facer e o que non. Os resultados tardan en aparecer, a motivación é o que nunca se debe perder, e todo leva implícito un esforzo. Buscade sentirvos ben con vos mesmos e mellorar a vosa calidade de vida e saúde, non busquedes só obxectivos físicos e estéticos, senón as consecuencias a longo prazo poden ser, quizais, moito máis negativas. Marcádevos un obxectivo realista, e ó principio pouco a pouco, non teñades presa, o corpo precisa adaptarse, así que, calma e alegría.

Hoxe queremos darvos unha moi boa noticia, proximamente, contaremos con novas clases dirixidas nas instalacións deportivas do “Conco” (Dumbría).

Adiantámosvos unha delas: CicloIndoor ou Spinning.

Bicicleta estatica-Cicloindoor

Unha clase na que te virás moi arriba!

 

En que consiste esta actividade?

Concretamente, as sesión de CicloIndoor ou Spinning son: clases en grupo, de exercicio aeróbico con un monitor/a, nunha bicicleta estática deseñada especificamente para este fin; máis deportiva e máis aerodinámica que unha bicicleta estática convencional. Cunha duración de 45-50 minutos onde a música é a principal protagonista. O/a monitor/a, é quen guía e controla os movementos, motivando co fin de manter sempre o mesmo nivel. A bicicleta está provista dunha roda de inercia controlada por un mando para regular a resistencia (marchas), un sillín e manillar regulable. A través das resistencias cada alumno/a pode axustarse ás súas necesidades e ó nivel de adestramento.

Trátase dunha actividade moi divertida e orixinal onde se pedalea ó ritmo da música, polo que non é en absoluto monótona e permite que o poidan practicar persoas de calquera condición física. Só se precisa saber pedalear, non é necesario ser ciclista nin unha complexa coordinación ou equilibrio.

Trabállase a intervalos, a través de cambios de intensidade e velocidade do pedaleo. O obxectivo do CicloIndoor ou Spinning é traballar a forza e a resistencia corporal. Para elo, combina o exercicio aeróbico con períodos máis curtos de maior intensidade que traballan a nivel muscular.

Exercítanse sobre todo os músculos das pernas (cuadríceps, xemelgos e isquiotibiais) e os glúteos, pero tamén traballamos os músculos das extremidades superiores, como os ombreiros, os bíceps ou os tríceps. En menor medida, os músculos na rexión das costas e do abdome utilízanse para a estabilización mentres estamos sobre a bici.

 

Un pouco de Historia

O programa spininning foi desenvolto a finais dos anos oitenta, polo ciclista norteamericano Johny Goldberg (Johny “G”) gañador da “Race Across América” en 1989 (un ultra maratón de ciclismo, que se percorre dende a costa oeste á costa este dos Estados Unidos, son aproximadamente 4800 km, nunha semana, nada menos) polo que non estamos a falar dun principiante. Buscaba centrar a atención dos seus adestramentos, tanto no plano físico como mental, que lle axudase a liberar estres.

 

Beneficios

Os/as participantes dunha sesión de CicloIndoor poden chegar a queimar un promedio de 600 calorías en 50 minutos, en función da intensidade coa que se execute o exercicio, podendo chegar a máis. Polo que, é un exercicio de baixo impacto altamente efectivo. Reduce o risco de lesión e minimiza o estres das articulacións.

  • Mellora da saúde cardiovascular e respiratoria.
  • Aumenta a capacidade respiratoria.
  • Aumenta a resistencia física, cardiovascular e muscular.
  • Tonifica: bíceps, tríceps, e abdominais.
  • Fortalece: pernas, glúteos e cuadríceps.
  • Diminúe os niveis de ansiedade e estres.
  • Seguridade na práctica deportiva en bicicleta.
  • Axuda a reducir o peso corporal, queimando calorías.
 

Recomendacións e Normas

  • Técnica correcta, boa postura e boa posición na bicicleta. Co fin de evitar molestias ou lesións e sacarlle o máximo rendemento ó exercicio.
  • Axustar a bicicleta, para evitar balanceos da cadeira ou lesións. (Altura do sillín, altura do manillar e a distancia entre o sillín e o manillar).
  • Indumentaria axeitada, roupa cómoda e que permita liberdade de movementos.
  • Si se trata da túa primeira clase, tómao con calma e vai ó teu ritmo.
  • Precísase de combustible para rendir, polo non se debe entrar nunha clase de CicloIndoor sen inxerir alimento unha hora ou hora e media antes.
  • Importante a hidratación antes, durante e despois da sesión.

E sobre todo…

  • Divírtete pedaleando en grupo ó ritmo de música.
 

Como mellor se entende en que consiste unha clase dirixida é probando, cando inauguremos estas sesión de CicloIndoor convidámosvos a que veñades. serán sesión moi completas e lúdicas.

Anímate a dar pedaladas con nós, este ano, nas instalacións deportivas do Conco.

Bicicleta estatitca debuxo

Que teñades un feliz día!

Sesións con Dafit

Máis información

Dafit seguenos

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios