Deporte e Saúde con Dáfit: Unha de surf
Hoxe vamos a falar de surf, apetécenos! Pero non entraremos nos diferentes tipos de modalidades, tipos de táboas ou na equipación precisa. O surf é un deporte moi completo e enriquecedor que permite estar en contacto directo coa natureza e co mar, e a nosa Costa ofrece grandes oportunidades para surfear dende Malpica ate Fisterra, temos praias con condicións perfectas que se prestan para esta modalidade deportiva.
Un bo día o polifacético, Ruben Prieto director da Escola de Surf SurfCostadaMorte, solicita os servizos de DaFit, é dicir, un adestramento persoal adaptado ás súas necesidades como practicante de surf, co obxectivo de mellorar a súa condición física para sacar o máximo rendemento no seu día a día.
Elaboramos para el diferentes adestramentos funcionais, cuxo obxectivo principal era equilibrar todos os sistemas e recursos que posuímos, tales como: a forza, o equilibrio, a potencia, a velocidade, a coordinación ou a flexibilade, para que o seu corpo puidera optimizalos. (Este tipo de adrestamento favorece o traballo das cadeas musculares non só músculos illados como é habitual nas máquinas de fitness). Tendo como resultado específico surfear máis tempo mantendo a intensidade necesaria e sen perder calidade na súa execución.
Tivemos como referencia qué movementos realiza o corpo na práctica do surf e buscamos aqueles exercicios que teñan unha transcendencia directa para poder así mellorar.
Os exercicios de cada adestramento son moi variados, dende sentadillas para potenciar a forza nas pernas ate circuítos de axilidade e coordinación. O material é múltiple, apoiándonos tamén no uso de plataformas desestabilizadores ou superficies inestables , (tratando de facelo ó mais parecido ó medio no que se desenvolve), de suspensión, pesas rusas (kettlebells), bandas elásticas, TRX, balón mediñal, etcétera. Evitando en todo momento a sobrecarga das articulacións.
Rubén Prieto poñénndose a ton en DafitTanto nos falou desta disciplina e nos animou a que probásemos a práctica do surf, que para coñecelo máis a fondo e experimentar en primeira persoa as sensacións do mesmo, así como, para poder realizar adestramentos con máis éxito, decidimos lanzarnos e realizar con el un curso de iniciación, e descubrimos que engancha, sendo agora un dos nosos hobbys compartidos. É un deporte ideal para o verán pero que co equipo axeitado pódese practicar en calquer época do ano. Descubrimos que é super divertido e o contacto co mar axúdanos a desconectar cargándonos de enerxía positiva.
Damián e Dani, de Dafit, con Rubén facendo surfComo diciamos Rubén Prieto é o que está á fronte da escola de surf #SurfCostadaMorte ubicada na praia de Nemiña (Muxía), un espazo espectacular para a práctica deste deporte. A súa escola ofrece bautismos de surf, clases soltas e cursos de iniciación, perfeccionamento e avanzados, é dicir, adaptándose os diferentes niveis de cada alumno/a. A súa filosofía de traballo podémola resumir en Diversión e Aprendizaxe, dando prioridade ó bo humor e o divertimento fronte á destreza.
O surf é un deporte aeróbico, pois incrementa a capacidade pulmonar e a resistencia e conta con beneficios anaeróbicos, xa que require forza e traballo de grandes grupos musculares como son os brazos, peito, lombo, lumbares e glúteos, traballando tamén os abdominais.
Entre os múltiples beneficios, queremos destacar os seguintes:
- Equilibrio e coordinación.
- Orientación espacial. Os cambios de dirección e as condicións ambientais do mar obrigan a potenciar a orientación e a concentración.
- Comunicación e contacto ca natureza. Este feito fai que a través da práctica aliviar o estrés e desconectar.
- Posta á proba continua. Cada ola é un novo reto.
A metodoloxía de traballo nesta escola de surf, como é lóxico, empézanse as clases cunha primeira fase teórica con conceptos clave en relación á formación das olas, a dirección das mesmas e do vento, as mareas, as correntes, así como unha normas de seguridade na auga e o respecto polos demais surfistas e polo entorno. Unha vez completada esta fase e escollida a zona da praia máis segura para a práctica, realízanse unha serie de actividades e técnicas específicas na area, partindo cun quecemento e co traballo específico do take off ou posta en pé, a importancia da remada ou descansar e cómo saír da ola, etcétera. A continuación, realizaríase o primeiro contacto coa auga e a posta en práctica dos exercicios realizados na area rematando cuns estiramentos finais e cun especial intercambio de experiencias e sentimentos que se viviron na xornada surfeira.
Dende Dafit, agora esperamos que teñades moitas ganas de surfear e animámosvos a dar o paso, si vos apetece e decidides facelo nesta escola estarán encantados de ensinarte , a que disfrutes e a transmitirche o amor por este deporte.
Durante este ano realizamos varias colaboracións DaFit e SurfCostadaMorte, mesturando sendeirismo e rutas en kayak diúrnas e nocturnas, ¡si, si!, nocturnas tedes que probar é unha experiencia única, ¡¡unha pasada!! Aquí tedes unha mostriña. Ruta nocturna en kaiak organizada entre Dafit e SurfCostadaMorteSesións con Dafit
- Deporte e saúde con DaFit: Comer, todo é bo, na medida xusta!.
- Deporte e saúde con Dafit: Outono de sendeirismo.
- Deporte e saúde con Dafit: Invadindo o Conco.
- Deporte e Saúde con DaFit: #CorreconDafit.
- Deporte e Saúde con DaFit: “A xente vén buscando estética e sae con saúde”.
- DaFit: O Deporte e o Adestramento persoal como identidade dende a Costa da Morte.
Máis información
Fonte
- Enlace patrocinado.