Días de bici e cabalos en Mazaricos

06:37 02/09/16


Dúas novas probas afrontan os veciños de Mazaricos, nas que a bicicleta e os cabalos son protagonistas.
A primeira será o 17 de setembro. O Recinto Feiral da Picota acolle a Feira Cabalar de Mazaricos, cun programa máis que completo organizado polos Cabaleiros da Fervenza. Arrincará ás 10:00h e haberá concurso morfolóxico e probas de andadura libre, antes do xantar. Pola tarde, como postre, carreira de burros e trotóns.
Xa para o 2 de outubro, cambiarán cabalos por bicicletas. Están invitados todas as idades a compartir o Día da Bicicleta, sempre con casco. A saída será da Picota ás 10:00h e fará a ruta circular ata a Pontenova, onde haberá un avituallamento.
Fonte
- Concello de Mazaricos.