Difícil semana para o baloncesto costeiro
Difícil fin de semana para os equipos do ACB Costa da Morte, consternados pola perda dunha persoa moi cercana o club, Brais Trillo, fillo de José Ramón Trillo, un dos técnicos do club ceense, e pola que se gardou un minuto de silencio en varios partidos.
Familia ACB
Copa Primavera Junior Masculina
- Resultado: CE CUME CEE – ESCOLA BASKET XIRIA (25-48)
A estrea de Manu e Lucas como adestradores do equipo Júnior, motivada pola viaxe do adestrador principal non saíu todo o ben que se esperaba. Mal arranque dos júnior que se viron intimidados polo físico superior do equipo carballés que, o mando do seu base imprimiu un ritmo altísimo o xogo, con transicións moi rápidas que lle custaba axustar o equipo ceense.
Así, pese o dominio claro do equipo visitante, a renda o descanso aínda non era moi desfavorable e o partido seguía vivo cunha diferenza de so dez puntos. Tras a reanudación, unha pequena melloría na defensa dou a impresión de que o partido podería estar mais disputado, pero so foi unha ilusión, a quinta falta de Nando deixou o equipo case sen cambios e o esforzo dos primeiros minutos pasou factura o final, con moitisimas dificultades para anotar, con Adrián con continuos tiróns no xemelgo e claros problemas físicos a eliminatoria esta case sentenciada a falta do partido de volta no pavillón de Carballo.
Copa Primavera Infantil Masculina
- Resultado: CB ARTEIXO – FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (46-37)
Bo partido dos pequenos do ACB na mañaá do domingo no Pazo dos deportes de Arteixo. Tras unha primeira parte igualada onde se chegaba o descanso 23-22 os ceenses conseguían darlle a volta o marcador e poñerse tres arriba no terceiro cuarto. Pero a partir de aí os problemas no rebote defensivo, moitas perdas de balón e despistes defensivos decantaron o partido a favor dos coruñeses, que se levaron a vitoria con todo merecemento.
Fase de Ascenso Júnior Feminina
- Resultado: UNIVERSITARIO DE FERROL – ES BAZARRA (59-7)
Desastre, horrible partido do equipo júnior que se despide case matematicamente do ascenso. Mal partido ante un rival que foi moi superior en todas as facetas do xogo e aproveitando as múltiples baixas das ceenses que so puideron contar con cinco xogadoras, dúas do equipo júnior e completando con tres xogadoras do equipo cadete.
Familia Artai
Liga Galega Infantil, xornada 21
- Resultado: C.B. ARTAI - PBB (60-72)
- PARCIAIS: 17-23 22-9 8-21 13-19.
- C.B. ARTAI: Carlos (4), Edu (6), Manu (26), Pérez (6), Pablo, Mario (7), Nión (5), Caamaño (4) e Marco (2).
Empezaba o partido para os do cole, a defensa artaica funcionaba e daba as primeiras vantaxes aos locais. Tras un tempo morto PBB atopou o ritmo que tan bos resultados deulle esta tempada e consegue levarse o cuarto 17-23. Os seguintes dez minutos foron azuis. Baseándose na súa superioridade física e buscando as mellores opcións en ataque os do cole leváronse o cuarto 22-9.
Non lles sentou ben o paso por vestuarios aos do cole. Na segunda parte o criterio desapareceu. Os do cole abusaban do bote e penetraban contra toda a defensa rival, o que non só facía que non metesen canastra, si non que aínda por encima deixaba correr aos de Porriño, sendo os dous últimos cuartos para eles.
Copa Primavera Cadete Feminina, xornada 3
- Resultado: EB XIRIA LARACHA - C.B. ARTAI (39-38).
- Parciais: 7-6 14-14 8-6 10-12.
- EB XIRIA LARACHA: Castro (4), Grille (7), Mendez (4), Sanchez (14), Perez, Varela (2), Verdes, Veo (5) e Viaño (3).
- CB ARTAI: Nuri (20), Emma (5), Sabe (2), Sara (7), Maria, Celi (2), Caye e Sarita (2).
Partido correspondente á cuarta xornada da fase de grupos cadete feminina. Os dous equipos carballeses enfrontábase unha vez máis esta tempada por un posto na fase final da competición. A igualdade e as alternancias no luminoso marcaron todo o partido. Un partido lento, no que as defensas impoñíanse aos ataques e os equipos non estiveron acertados no tiro exterior. As de Xiria aproveitábanse da súa superioridade física, tanto en defensa como en ataque; mentres que as do cole vivían do seu mellor defensa do 1x1 e do movemento de balón, que unha acertada Nuria aproveitaba para ir ao aro e anotar unha e outra vez. A falta de 15 segundos, coas do cole 1 arriba, un tiro precipitado daba a bóla ás de Xiria. Custoulle sangue suor e bágoas á base verde subir o balón e finalizar, ben defendida por Celia, fallando a bandexa. Pero as do cole non pecharon o rebote, que caeu en mans de Grille, anotando esta baixo aro milésimas antes de que soase a bocina sen que as do cole puidesen facer nada.
Crónicas da temporada
- Basket: Afrontando a recta final.
- Basket: O Carballo a un paso celebra un meritorio subcampionato galego nunca completa fin de semana.
- Basket: Boa saúde para os equipos do ACB e emotiva homenaxe para rapaces do Artai.
- O ACB fai un fortín do pavillón ceense.
- Máis gasolina para a familia do ACB.
- Basket: O Xiria acada o ascenso a 1ª.
- Basket: O Basket Xiria, a un paso do ascenso.
- Basket: O ACB sabe gañar tamén fóra da casa e o Carballo, a un paso do ascenso.
- Basket: Fin de semana con historia no baloncesto carballés.
- Basket: Pensando na cea dos 30anosbasketxiria.
- Basket: Unha vitoria enorme do ACB e unha xornada regular na familia Artai.
- Carballo suma, Cee non tanto.
- As Junior do ACB colócanse líderes.
- Básket: Gripazo para os Séniors do ACB pero boa saúde para as Júnior.
- Basket: Doble derbi con sabor bergantiñán.
- O ACB pecha o ano con vitoria.
- O ACB xa voa.
- Unha xornada baloncestísica marcada polos despachos.
- Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB.
- Reparto de vitorias nos derbis costeiros do basket feminino.
- As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).