Do Xiria á selección española de promesas

09:30 19/07/11
David García Pichel, xogador xuvenil das Escolas de Balonmán Xiria, atópase dende onte e ata o día 30 concentrado coa selección española de promesas. García Pichel é un dos tres galegos convocados.
Dende o día 18 ao 23, os 15 xogadores seleccionados realizarán sesións de adestramento nas terras de Guadalaxara. Será o día 23 cando o combinado nacional viaxe a Turquía. Alí participarán no Festival Olímpico da Xuventude Europea.
Na primeira fase do torneo, o equipo dirixido por Juan Antonio García Herrero deberá enfrontarse ás seleccións de Serbia, Turquía e Dinamarca. Serán os días 25, 26 e 27, respectivamente. O día 28 xogaranse os cruces e o 29 as finais.

Novas relacionadas
- O Balonmán Camariñas refórzase con vellos coñecidos.
- O Balonmán Camariñas xa ten adestrador para a 1ª Nacional.
- O Balonmán invade a Costa de norte a sur.
- Carballo vive unha febre verde chamada Xiria.
Fonte
- Nota de prensa das Escolas de Balonmán Xiria.